Imaxe de cabeceira
Seccións
<>
setembro'10
<>
lumaxovesado
303112345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930123
Non hai convocatorias nos próximos días
Comentarios
Novembro do 2008 – > > Que listo o comerciante!
 Más > ... | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 
Sitios web
+ artigos de...
Valentina Formoso. Equipo de Normalización Lingüística do IES Félix Muriel de Rianxo.
Estás aquí: Portada > O IES rebule > Saída ó teatro
Saída ó teatro
luns 18 de xaneiro do 2010, por REDACCIÓN

MARIA LOSADA MIGUÉNS 2ºc

O mércores 13 de xaneiro, fomos 2ºC e dúas clases máis de primeiro a ver unha obra en inglés: “Fair play”.

Saímos do I.E.S despois da segunda hora, fomos en autobús a Santiago. No traxecto pasámolo ben aínda que houbo as típicas queixas referentes ao lugar no que nos sentábamos.

Chegamos á alameda e tivemos que camiñar un pouco pola zona vella ata o Teatro Principal. Acomodáronnos en grupos de cinco nos palcos que había arredor do patio de butacas. Pero mentres que chegaban outros colexios e se colocaban no seu sitio pasou polo menos media hora e, por fin comezou o teatro: Trataba de un grupo de amigos ( dúas animadoras e dous xogadores de fútbol americano). As rapazas cansas de que o seu equipo non gañase ningún partido retaron aos chicos a intercambiar os papeis.Por tanto a obra contaba o que facían os rapaces para prepararse, cada un na súa nova faceta.

Cando rematou xuntámonos todos á saída e despois duns minutos fomos a coller o autobús para volver. Pero tivemos que esperar bastante para que chegara.

Houbo a quen lle gustou a representación e a quen non pero creo que a todos nos pareceu ben pasar un día distinto cos compañeiros.

Ver como foro Versión para imprimir deste artigo Versión para imprimir Crear un PDF Gardar como PDF  Enviar por email
| Con   FIREFOX  verémonos mellor | Reverso&GatosRoxos | CopyLeft |
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa.
Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.