Imaxe de cabeceira
Seccións
<>
setembro'10
<>
lumaxovesado
303112345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930123
Non hai convocatorias nos próximos días
Comentarios
Marzo do 2009 – > > Carta de presentación
Marzo do 2009 – > > Carta de presentación
Marzo do 2009 – > > Carta de presentación
Marzo do 2009 – > > Carta de presentación
Marzo do 2009 – > > Carta de presentación
 Más > 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 |... 
Sitios web
+ artigos de...
Estás aquí: Portada > O IES rebule > Europeos de visita en Rianxo
Europeos de visita en Rianxo
martes 20 de outubro do 2009, por Redacción
Ver como foro Versión para imprimir deste artigo Versión para imprimir Crear un PDF Gardar como PDF  Enviar por email

 

O luns 19 de outubro de 2009 chegou a visita a Rianxo dos membros internacionais da asociación escolar comenius. En total chegan 16 persoas procedentes de moi distintos países: Grecia, Alemaña e Polonia. Seis profesores/as e dez alumnos/as, os cales serán recollidos por parte das familias anfitrioas, e pola noite terá lugar a xuntanza do profesorado dos distintos países nunha cea informal de presentación.
Mañá, a primeira hora celebrarase un acto de benvida no I.E.S., e tamén unha visita ao centro, para participar en distintas actividades. A media mañá, irán visitar o porto de Rianxo, e despois do xantar farán unha saída en autobús, visitando o Parque Natural de Corrubedo, o Mirador da Curota, o Dolmen de Axeitos e o Castro de Baroña ou Neixón. A redor das sete e media da tarde regresarán a Rianxo, e cada alumno/a irá coas súas respectivas familias.
O mércores visitarán Santiago de Compostela.
O xoves, achegaranse a Portugal, en concreto Viana do Castelo e Valença do Miño, e tamén farán unha parada en Tui.
O venres pola mañá levarase a cabo unha reunión de traballo do profesorado coordinador para tratar diversos aspectos do proxecto (temporalización, planificación de informes e curtametraxes, avaliación da visita,ect.). Mentres tanto o alumnado visitante participará nas actividades académicas do centro. Ás sete terá lugar un serán ao que está convidado o alumnado, o profesorado visitante e as familias.
Por último, o sábado será o día de regreso dos nosos visitantes aos seus os respectivos países de orixe.
1 Mensaxe
  • > PARABÉNS / 22 de outubro do 2009 12:20 / por Mari Carmen

    Parabéns e felicitacións para a dirección do instituto e especialmente ás persoas que organizaron o proxecto Coemnius: Rosa, a miña mais sinceira noraboa e grazas! É toda unha experiencia, tanto para os rapaces coma para nos, as familias de acollida. Unha experiancia moi positiva, claro! Os rapaces teñen a oportunidade de por en práctica un idioma que levan anos estudiando e danse conta que se poden comunicar cos extranxeiros sin ningún problema. A min xa me custa un pouco mais de traballo, pero de todas maneiras faime lembrar e mal que ben, voume defendendo. Os rapaces extranxeiros, moi ben. Creo que en xeral moi ben, por o que teño comentado coas outras familias de acollida. Moitas grazas a todos.

    Mari Carmen

    Responder a esta mensaxe

| Con   FIREFOX  verémonos mellor | Reverso&GatosRoxos | CopyLeft |
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa.
Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.