Imaxe de cabeceira
Seccións
<>
setembro'10
<>
lumaxovesado
303112345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930123
Non hai convocatorias nos próximos días
Comentarios
Novembro do 2008 – > > Que listo o comerciante!
 Más > ... | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 
Sitios web
+ artigos de...
Valentina Formoso. Equipo de Normalización Lingüística do IES Félix Muriel de Rianxo.
Estás aquí: Portada > O curruncho de artistas > Os nosos autores > Quen foi Ramón Piñeiro?
ALBA FIGUEIRA E RAQUEL FIGUEIRA (1º BACH. A)
Quen foi Ramón Piñeiro?
venres 15 de maio do 2009, por REDACCIÓN
Luís Aldegunde naceu en Golás, cousa que non todo o mundo pode dicir, unha aldea de 20 habitantes no concello do Corgo, a 10 km. -8 polos atallos- de onde o fixo Ramón Piñeiro. Despois estudou a educación primaria no colexio que agora leva o nome do escritor lancarao e aquí rematan os parecidos entre os dous. Agora dá clase no CPI dos Dices, en Rois, e este ano editou un par de vídeos sobre Piñeiro.
Ver como foro Versión para imprimir deste artigo Versión para imprimir Crear un PDF Gardar como PDF  Enviar por email

 

Luis Adegunde que vivía a 10 km de Ramón Piñeiro fainos unha charla sobre el. Piñeiro naceu na casa de Baixo onde tamén naceu seu pai. En 1921,con 6 anos, comeza na escola na casa do Muiñeiro, na parroquia veciña de San Pedro. Seus pais aprendéronlle a ler e a escribir. Aos sete anos descobre o tren, que fora o seu primeiro problema intelectual, e tamén a luz eléctrica, que viu en Sarria por primeira vez. Entre 1924 e 1928 marcha para Lugo onde estuda o bacharelato elemental, é durante ese tempo cando le a Rosalía. Logo volveu para Armea (Láncara) e adícase ós traballos do campo. O seu primeiro traballo foi no comercio dun amigo do pai (1931). Alí subscríbese ó xornal El Pueblo Gallego (o seu primeiro contacto co galeguismo). En xuño de 1931 ve na estación do tren de Sarria a Castelao e a Otero.

En 1932 volve a Lugo para cursar o bacharelato superior. Alí asiste a un mitin de Suárez Picallo e Castelao que o impresionaron moito. Con outros compañeiros funda as Mocidades Galeguistas de Lugo. As Mocidades invitan a Otero Pedrayo a dar unha coferencia o instituto. Piñeiro foino buscar á estación e acompañouno ao hotel Méndez Núñez. Fíxolle moitas preguntas e logo Otero falou moi ben del. Máis tarde coñeceu a Ánxel fole. Pasado un tempo publica os primeiros artigos de contido político. En 1933 foi a Santiago e coñece persoalmente a Castelao. Logo visita a editorial Nós e preséntanlle a Ánxel Casal, Camilo Díaz Baliño e Luis Seoane. O 25 de xullo de 1935 participa no mitin das Arengas en Santiago.

 

En 1936 participou na campaña de plebiscito do Estatuto de autonomía. Representa ó Partido Galeguista na comisión de defensa da república. Alguén o denuncia e ten que se agochar, primeiro en Lugo e despois na Armea. Debido á situación que vivía foi á guerra no bando franquista e colleu unha crise depresiva. Aquí xurdiu o interese pola filosofía para axudarlle a comprender por que os homes se comportan como feras. Rematada a guerra contacta cos compañeiros do Partido Galeguista.

En 1942 vai a Madrid a estudar filosofía e continúa as actividades políticas na clandestinidade. En 1946 cruza a fronteira a pé, e vai a París para entrevistarse co presidente da república no exilio e lograr que Castelao formara parte do goberno. Logo á volta de París collérono nun café e prendérono. Aínda que non foi maltratado, condenárono a seis anos de cárcere pero cumpriu tres. Saíu cunha enfermidade na vista. Logo vive en Santiago coa súa muller Isabel, na rúa Xelmírez. O seu símbolo é unha "mesa camilla", que foi unha auténtica luz para o galeguismo en tempos escuros

.En 1952 publica A Saudade en Rosalía no volume colectivo sete ensaios sobre Rosalía. En 1953 aparece "Para unha filosofía da saudade" no libro colectivo La Saudade. No ano 1956 ve a luz a versión galega do ensaio de Heidegger Da esencia da verdade, que traduciu con Celestino Fernández de la Vega. O 25 de novembro de 1967 ingresa na Real Academia Galega. Deu lugar a unha corrente política, o Piñeirismo (insertar o galeguismo en todos os partidos).

 

 

1 Mensaxe
  • > > > Quen foi Ramón Piñeiro? / 20 de maio do 2009 15:51 / por Alumna
    A verdade e que resultou ser interesante esta charla sobre Ramón Piñeiro,ademais sempre está ben saber cousas sobre o autor ó que se lle adican as letras galegas.

    Responder a esta mensaxe

| Con   FIREFOX  verémonos mellor | Reverso&GatosRoxos | CopyLeft |
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa.
Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.