Imaxe de cabeceira
Seccións
<>
setembro'10
<>
lumaxovesado
303112345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930123
Non hai convocatorias nos próximos días
Comentarios
Novembro do 2008 – > > Que listo o comerciante!
 Más > ... | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 
Sitios web
+ artigos de...
Valentina Formoso. Equipo de Normalización Lingüística do IES Félix Muriel de Rianxo.
Estás aquí: Portada > Nós, normalizando > Cal vai ser a nova política lingüística?
DANIEL DÍAZ (2º BACH. C)
Cal vai ser a nova política lingüística?
luns 11 de maio do 2009, por REDACCIÓN
O novo goberno anunciou que vai dar vía libre para que os estudantes escollan a lingua que queren empregar nas clases. Isto sen deixar claro se antes mudará ou non o Decreto 124/2007 que regula o uso do galego no ensino.
Ver como foro Versión para imprimir deste artigo Versión para imprimir Crear un PDF Gardar como PDF  Enviar por email

Parece ser que un dos obxetivos do novo goberno é que os estudantes poidan escoller indistintamente entre o castelán e o galego para dirixirse ós profesores e facer exames, coas excepcións de Lingua castelá e Lingua Galega.

Como cabía de esperar esta decisión non pasou inadvertida, xa que non respeta o Plan Xeral de Normalización Lingüística aprobado por unanimidade no Parlamento no ano 2004 como sinalou a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística, que pretendía que o alumnado reciba, polo menos o 50% das clases en lingua galega para contribuír á normalización da mesma.

Esta decisión de permitir a eleción do idioma nas clases xerou desconcerto entre profesores, directores de centros e pais de alumnos , que critican que se queira "eliminar dun plumazo" o decreto da ensinanza sen consultar antes coa comunidade educativa.

Nos medios de comunicación aparecen opinións dos representantes das ANPAS, dos sindicatos de profesorado, dos ENDL e todos coinciden en que os alumnos e alumnas deben terminar a educación obrigatoria dominando os dous idiomas oficiais polo que non se pode deixar que os estudantes elixan a lingua que queren usar. Para moitos esta decisión do goberno colocaría a lingua galega nunha situación desfavorecedora, mesmo sería unha sentencia de morte para o noso idioma.
Aínda que pareza mentira non todos están en contra desta decisión xa que por exemplo as ANPAs dos colexios católicos concertados aplaudiron esta iniciativa porque para eles "permite acabar co modelo totalitario e de imposición " que existía ata o de agora que o consideran de pouco democrático, e para o grupo Galicia Bilingüe isto só é un primeiro paso para o libre uso do idioma nas aulas.

Polo ben do galego esperemos que esta proposta do novo goberno non triunfe xa que non me gustaría ver como o castelán vai matando pouco a pouco ó noso idioma.

1 Mensaxe
  • > Ola / 9 de xuño do 2009 23:04 / por Javi
    Son un rapaz de Lugo e estou intentando recadar información na web sobre a nova política lingüística. A verdade e que comungo bastante coas ideas recollidas no texto. No noso instituto (IES Nosa Señora) estamos intentando levar adiante unha reunión na que informemos a todo/as o/as alumno/as sobre a nova proposta de ensinanza do Goberno de Galicia. Porén, precisamos desta información para facelo. Coido que poderiamos falar do asunto se quixeras, e se cadra sumándonos uns/unhas ao/ás outro/as, chegariamos a unha idea para poder impoñernos a esta lei, que sen dúbida algunha é o veleno que conseguirá que a nosa lingua entre como xa ocorreu na etapa máis “escura” do noso idioma, nun proceso de marxinación e paulatina desaparición. Polo trascendente do asunto, prégoche que te poñas en contacto comigo o máis axiña posible. Moitas grazas!

    Responder a esta mensaxe

| Con   FIREFOX  verémonos mellor | Reverso&GatosRoxos | CopyLeft |
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa.
Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.