Imaxe de cabeceira
Seccións
<>
setembro'10
<>
lumaxovesado
303112345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930123
Non hai convocatorias nos próximos días
Comentarios
Marzo do 2009 – > > Carta de presentación
Marzo do 2009 – > > Carta de presentación
Marzo do 2009 – > > Carta de presentación
Marzo do 2009 – > > Carta de presentación
Marzo do 2009 – > > Carta de presentación
 Más > 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 |... 
Sitios web
+ artigos de...
Estás aquí: Portada > Quen somos ? > Cartas de presentación > Carta de presentación
BRAIS (3º ESO)
Carta de presentación
Intercambio co IES “Santiago Basanta” (Vilalba) - Curso 08/09
venres 13 de febreiro do 2009, por Redacción
Ver como foro Versión para imprimir deste artigo Versión para imprimir Crear un PDF Gardar como PDF  Enviar por email

Ola a todos:
Chámome Brais. Estou no último ano neste instituto, xa que marcho para Ribeira. Teño dezaseis anos e cumpro dezasete o día catorce de febreiro.
Son alto, delgado e rubio. As miñas afeccións son: pasalo ben coa peña e todo o relacionado co mundo do motor. Actualmente participo en tres equipos cun total de catro coches, facendo asistencias e mecanicamente, ademais estoume preparando para o ano que vén poder competir.
Xa nos coñeceremos, ata logo.

3 Mensaxes do foro
  • > > Carta de presentación / 26 de febreiro do 2009 21:34 / por Iris(3ºE.S.O)

    [b]Ola!

    Eu son Iris (Saishh para a xente de internet^^).Encantada de coñecerte.

    Encántame escoitar música e cantar. Toco a viola e o piano.Gústame cantar e os meus grupos favoritos son os Jonas Brothers e a Oreja de Van Gogh Tamén me encanta ler( a miña escritora favorita é Laura Gallego García),escribir,debuxar(manga,non tan ben como Julia jeje,e retratos) e facer teatro. Gústame xogar ó fútbol e bucear.

    Agardo o intercambio^^

    Iris

    P.D.O meu msn é saishh@hotmail.com e o meu fotolog http://www.fotolog.com/ssaisshh[/b]

    Responder a esta mensaxe

  • > Hola! / 19 de febreiro do 2009 10:50 / por Sara e Noel
    Hola.Nos somos Sara e Noel. Os dous estamos en 1º de B.A.C e imos na mesma clase. Temos 16 anos e gústanos a música (tocamos na banda do pobo). Gústanos saír cos amigos, gustanos os animais e somos de letras. Esperamos coñecerte pronto e pasalo ben cando veñas. Saudos.

    Responder a esta mensaxe

  • > > Carta de presentación / 17 de febreiro do 2009 18:35 / por Noelia Fernández Quintela
    Ola! Chamome Noelia e vivo nunha aldea no concello de Vilalba. Teño que recoñecer, avergoñada, que non me gusta moito este pobo pois eu son da cidade de Lugo mais certas circunstancias fixeron que cambiase de casa para este pobo que non me gusta moito. Teño 15 anos e o próximo 21 cumpro os 16. Teoricamente, tería que estar en 4º da E.S.O. pero a vagancia sempre pode conmigo e acabei outro ano en 3º. Os meus amigos din que o que pasa e que me gustou demasiado ese curso. Gustame ler libros, sobre todo romanticos, ou escribir contos. Tamén escoitar música e sair cos meus amigos. Son tímida, quizais demasiado, e, apesar de ser unha nacionalista innata, falo en castelán pero iso intentoo arranxar leendo máis en galego. Son baixiña, teño o pelo marrón e aborrezo a xente que fala mal do que é seu, quero dicir, as que critican a súa familia ou amigos así como a súa terra ou lingua. Creo que,como introducción, chega. Estou desexando coñeceros a vos e ao voso lar. BICOS E ATA PRONTO!!!!

    Responder a esta mensaxe

| Con   FIREFOX  verémonos mellor | Reverso&GatosRoxos | CopyLeft |
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa.
Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.