Imaxe de cabeceira
Seccións
<>
setembro'10
<>
lumaxovesado
303112345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930123
Non hai convocatorias nos próximos días
Comentarios
8 de marzo – > > Lestes Penélope?
11 de febrero – > o galego
Octubre de 2009 – > PARABÉNS
Junio de 2009 – > Ola
 Más > 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 |... 
Enlaces
+ artigos de...
Estás aquí: Portada > Rianxiño viaxa > Viaxe cultural a París 2009
LARA E CRISTINA (4º A)
Viaxe cultural a París 2009
Sábado 13 de diciembre de 2008, por Redacción
Ver como foro Versión para imprimir de este documento Versión imprimir Crear un PDF Gardar como PDF  Enviar por email

Este ano, o alumnado de Francés de 4º de ESO e aquel de 1º de bacharelato que así o decidira imos ir dar unha volta pola cidade da luz. Estamos todos e todas moi emocionados coa idea de coñecer París, sobre todo tendo en conta que somos un “reducido” grupo de 47 –profesores aparte–. Quen nos verá practicar o noso francés polos Champs Élysées adiante!

 

 

De momento, andamos recadando fondos para sufragar a nosa estadía. Por unha banda, saturando o mercado de Rianxo mediante a venda de produtos de Martínez  e Casal Coton (e toleando a María coas contas). E por outra, vendendo rifas para o sorteo dunha “super cesta de Nadal” –que en realidade son un baúl e unha cesta, porque entre o que mercamos e o que andamos a pedir polas tendas non nos cabía todo nunha cesta de Nadal convencional–.

 

Por certo, o número agraciado no sorteo da(s) cesta(s) que tivo lugar o venres 12 de decembro, ás 12:15h, no salón de actos do Instituto foi o 9193 que foi vendido por Román Castaño Frieiro de 1º de Bacharelato.

 

O caso é que a maioría de nós estamos traballando a reo para conseguir o noso obxectivo sen que a economía doméstica das nosas casas se resinta demasiado. Tamén lle estamos botando unha man a María coa coordinación e organización –sempre que temos un oco, claro!–.

 

Xa temos claro que a viaxe vai ser do 17 ao 24 de abril e que imos ir en autocar porque así o decidimos por maioría. Tamén sabemos que visitaremos Versalles e o museo do Louvre, que subiremos ao terceiro andar da torre Eiffel, que daremos unha volta en bateau-mouche ao atardecer, que iremos curiosear polo marché aux puces de Saint-Ouen –o meirande do mundo– e que pasaremos un día en Disneylandia e outro en Futuroscope.

 

Pois nada máis. De momento isto é todo, pero moi pronto volveremos con máis novas sobre esta viaxe –ou actividade cultural como prefiren chamarlle os que mandan-.

 

Que nervios! Xa nos está tardando marchar!!!

2 mensajes
  • > > > Viaxe cultural a París 2009 / 15 de diciembre de 2008 00:02 / por Patricia Neira Tages
    Agardo de todo corazón que o pasedes en París ó menos a metade de ben do que o pasamos os da xeración do 88, que saibades aproveitar ó máximo todo o que Olga e a outra profe que vos acompañe vos vai ensinar e que o pasedes ben porque todo de París (excepto os prezos) é xenial!

    Responder este mensaje

| Con   FIREFOX  verémonos mellor | Reverso&GatosRoxos | CopyLeft |
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa.
Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.