Imaxe de cabeceira
Seccións
<>
setembro'10
<>
lumaxovesado
303112345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930123
Non hai convocatorias nos próximos días
Comentarios
8 de marzo – > > Lestes Penélope?
11 de febreiro – > o galego
Outubro do 2009 – > PARABÉNS
Xuño do 2009 – > Ola
 Más > 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 |... 
Sitios web
+ artigos de...
Estás aquí: Portada > O curruncho de artistas > Creación literaria > Salvaremos o futuro dos nosos fillos…
ALFONSO (3º ESO)
Salvaremos o futuro dos nosos fillos…
sábado 22 de novembro do 2008, por Redacción
Ver como foro Versión para imprimir deste artigo Versión para imprimir Crear un PDF Gardar como PDF  Enviar por email

 

Ola! Son Antón, e xunto a Marta e David intentamos salvar o presente e o futuro dos nosos fillos.

Estarédesvos preguntando de quen queremos salvalo e por que. Pois queremos salvar o futuro de Xose, un home que neste presente é millonario que se quere apoderar de todo.

Cando coñecemos a David, este contounos como sería o futuro dos nosos fillos se non volviamos atrás no tempo para cambiar un suceso que ocorreu no ano 2005 e que alterou totalmente o noso presente.

Pregunteille a David onde tiña que ir e el díxome que ao parque eólico do ano 2005 e unha vez alí quitarlle un calendario do ano no que estamos, 2008. Parece ser que o calendario estaba alí porque os nosos pais tiñan un coche que viaxa no tempo e antes de nacer eu, nunha viaxe das que fixeran, quedoulle alí, dentro da caseta do garda de seguridade. Estivo alí durante moito tempo, sen que ninguén lle prestase atención, mais cando o garda de seguridade se xubilou, no ano 2005, comezou a traballar un novo, Xosé, que por unha casualidade encontrou o calendario deportivo. Nun primeiro momento non se decatou do que tiña entre mans, mais logo, deuse conta. Un día escoitando os resultados dos partidos pola radio, descubriu que coincidían cos resultados que viñan no calendario. Nese momento ocorréuselle facer apostas deportivas, cada vez máis importantes, as cales sempre lle reportaron tremendos beneficios que o convertiron de seguida en millonario. Xa rico, decidiu destruír o parque eólico e apoderarse da cidade enteira. Pero nós viaxamos atrás no tempo e agora todo é como debía ser.

| Con   FIREFOX  verémonos mellor | Reverso&GatosRoxos | CopyLeft |
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa.
Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.