O día 6 de abril, dentro do Ciclo Camiñando entre mulleres 2021, tivemos o pracer de contar coa presenza de Alba Cid, gañadora do Premio Nacional de Poesía Joven Miguel Hernández por “Atlas”, quen na súa charla “Poemas para enviar unha nova cartografía” reflexionou ao redor da necesidade da poesía na actualidade
Finalizada a charla, as nosas colaboradoras de Radio Rianxofala, Noelia e Antía, entrevistárona:
As reporteiras de Radio Rianxofala Marta Figueiras e Celia Arcos, coa axuda da nosa técnica Marta Domínguez, entrevistaron a Noa Moares, quen organizou unha venda de pulseiras para recaudar fondos para ASANOG (Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia) o día 15 de febreiro, día contra o Cancro Infantil.
Noraboa a Paula Tubío polas súas Historias inéditas, que lle valeron o segundo premio en poesía!
Tarefa realizada para o Día da lingua nai.
- “Mamá… xa sei o que quero estudar… un ciclo medio”
- “Ah vale… vas estudar perruquería, non?”
Pois non… non era Perruquería; o que ela quería estudar era Soldadura, e soñaba con ir traballar a un asteleiro e facer barcos.
Hoxe coñecimos a Nerea Vázquez, “a diva do metal”, como lle din na súa terra. Unha historia moi valente de loita e superación para acadar as metas propias nun mundo tradicionalmente de homes. Estudante no CIFP Politécnico de Santiago, rematou o curso pasado o CM de Soldadura, e cursa neste o CS de Construcións Metálicas.