Imaxe de cabeceira

Actuacións dunha representación da banda de Rianxo no noso instituto, formada por Bruno Puceiro Romero, Marta Lorenzo Collazo, Antía Lamas Suárez, Zoe Collazo Custodio, Lidia Vicente Beltrán, Antía García Gómez e Paula Somoza Gómez durante o acto de homenaxe ás vítimas de violencia de xénero.

No acto de homenaxe ás vítimas de violencia de xénero, Carolina Gómez interpretou “O que é noso”, a versión galega da canción de Lucía e Natalia Gil.

O IES Félix Muriel quérese sumar aos actos contra a violencia de xénero que teñen lugar en todo o mundo.

Dende Rianxo levamos a cabo unha programación de actos que ao longo do mes conduciron a unha semana na que un grupo de alumnado de 2º de bacharelato, coordinado pola profesora Sofía Rama, desenvolveron diferentes iniciativas para concienciar da gravidade do problema: 

- charlas dirixidas a todas as clases do instituto

20211122_171506

- unha actuación sobre o espazo educativo coa distribución de perfís de mulleres mortas acompañados do texto dos seus casos

20211122_161046

- e un muro de prensa con casos de violencia de xénero (feito de xeito colaborativo entre todas as aulas do centro)

20211124_141258

No 25N organizaron un acto de homenaxe ás vítimas. Nel leuse un manifesto, lembráronse as vítimas deste ano e houbo un minuto de silencio.

photo_2021-11-26 03.33.02

Seguidamente Carolina Gómez interpretou “O que é noso”, a versión galega da canción de Lucía e Natalia Gil. Tras ela, unha representación da banda de Rianxo no noso instituto, formada por Bruno Puceiro Romero, Marta Lorenzo Collazo, Antía Lamas Suárez, Zoe Collazo Custodio, Lidia Vicente Beltrán, Antía García Gómez e Paula Somoza Gómez).

O acto rematou coa repartición de chapas e pulseiras da Biblioteca e do EDLG  que repartiu alumnado do EDLG.

20211124_145504

Este pasado venres tivo lugar en Rianxo a representación de Un home con lentes de pasta, da man da compañía Redrum Teatro. Adaptación de Un home amb ulleres de pasta de Jordi Casanovas, é dirixida por Alex Sampayo nesta versión galega que lle fai máis ca xustiza.

Un moderno e xuvenil apartamento. Catro mozos nunha cea. A anfitrioa Sheila, ferida de sentimentos, a expectante e solidaria parella de Fernando máis Laura e o seu intento de animar á primeira, e Guillerme, un refinadísimo amante da cultura. Ou así se presentan ao inicio da velada.

A obra explora as complexidades na dinámica das relacións e a moralidade humanas, empregando primeiramente a Guillerme como exemplo daquilo que non se debe facer nunha casual cea de amigos. A súa prepotente actitude desentoa tanto co resto de presentes que desvela un intelectualoide demasiado selecto para os praceres “mundanos”. Igual que se lanza na busca da admiración dos comensais recitando un ambicioso verso libre, non dubida en esnaquizar a escrita de Sheila con crueis apuntes que tensan o ambiente.

Descubrimos nesta delicada atmosfera que Fernando sucumbe aos encantos deste retorcido home con lentes de pasta, ante a promesa de liberalo da súa banal rutina. Mentres tanto, as íntimas amigas perciben dubidosas intencións, que serven de último ingrediente para un cóctel de latexante desconfianza, onde unha tras outra caen as cubertas dos personaxes. Todo isto desenvolto con efectivos golpes cómicos.

regueipremios   Este venres soubemos que “A Regueixeira”, composición presentada por 21 Garabullos (alumnado de 1º ESO-D) gañou o premio do certame Enreguéifate á mellor Regueifa falada. Esta  é unha composición cantada e signada que defende o valor da nosa música tradicional fronte a invasión do reguetón e que, á súa vez, quere amosar o seu compromiso coa inclusión e visibilidade das persoas xordas na sociedade.

      Se aínda non tivestes a oportunidade de escoitala, animádevos a  desfrutar co traballo dos 21 Garabullos

Captura de pantalla de 2021-06-19 21-39-59.png

Parabéns!!

anagrama RadioRianxoNo Día das Letras Galegas temos o pracer de presentarvos a entrevista que os nosos colaboradores de Radio Rianxofala, Marco Bravo e Mario Viñas, lle fixeron a tres alumnas do noso IES que obtieron premios no certame Minerva: Noelia Fernández (segundo premio de narrativa), Paula Tubío ( segundo premio en poesía)  e Alba Comojo (accésit en poesía)

                  Os nosos parabéns a esta nova xeración de escritoras!!IMG-20210511-WA0002

Animámosvos a escoitar a súa entrevista: https://youtu.be/I4Yddi29ESk

2277 Artigos |   | 1  |   | 3  | 4  | 5  | 6  | 7  | 8  | 9  | 10  | 11  | 12  | 13  |   | 285  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.