Onte veunos visitar Juan Ramón Vidal Romaní, xeoquímico, Presidente do Instituto Xeolóxico Isidro Parga Pondal – Laxe e profesor emérito da Universidade da Coruña. Deunos unha xeocharla ben interesante titulada “A orixe das rías galegas”.
Comeza o ano lendo en galego from EDLG Félix Muriel on Vimeo.
Se queres información sobre os libros, podes atopala nesta presentación onde poderás clicar sobre a capa do libro e levarate á páxina do libro na web da editorial.
Comeza o ano lendo (presentación) de Pilar Ponte (A profa)
Actuacións dunha representación da banda de Rianxo no noso instituto, formada por Bruno Puceiro Romero, Marta Lorenzo Collazo, Antía Lamas Suárez, Zoe Collazo Custodio, Lidia Vicente Beltrán, Antía García Gómez e Paula Somoza Gómez durante o acto de homenaxe ás vítimas de violencia de xénero.
No acto de homenaxe ás vítimas de violencia de xénero, Carolina Gómez interpretou “O que é noso”, a versión galega da canción de Lucía e Natalia Gil.
O IES Félix Muriel quérese sumar aos actos contra a violencia de xénero que teñen lugar en todo o mundo.
Dende Rianxo levamos a cabo unha programación de actos que ao longo do mes conduciron a unha semana na que un grupo de alumnado de 2º de bacharelato, coordinado pola profesora Sofía Rama, desenvolveron diferentes iniciativas para concienciar da gravidade do problema:
- charlas dirixidas a todas as clases do instituto
- unha actuación sobre o espazo educativo coa distribución de perfís de mulleres mortas acompañados do texto dos seus casos
- e un muro de prensa con casos de violencia de xénero (feito de xeito colaborativo entre todas as aulas do centro)
No 25N organizaron un acto de homenaxe ás vítimas. Nel leuse un manifesto, lembráronse as vítimas deste ano e houbo un minuto de silencio.
Seguidamente Carolina Gómez interpretou “O que é noso”, a versión galega da canción de Lucía e Natalia Gil. Tras ela, unha representación da banda de Rianxo no noso instituto, formada por Bruno Puceiro Romero, Marta Lorenzo Collazo, Antía Lamas Suárez, Zoe Collazo Custodio, Lidia Vicente Beltrán, Antía García Gómez e Paula Somoza Gómez).
O acto rematou coa repartición de chapas e pulseiras da Biblioteca e do EDLG que repartiu alumnado do EDLG.
MONTE VIVO from ABA FILMS on Vimeo.
Este pasado venres tivo lugar en Rianxo a representación de Un home con lentes de pasta, da man da compañía Redrum Teatro. Adaptación de Un home amb ulleres de pasta de Jordi Casanovas, é dirixida por Alex Sampayo nesta versión galega que lle fai máis ca xustiza.
Un moderno e xuvenil apartamento. Catro mozos nunha cea. A anfitrioa Sheila, ferida de sentimentos, a expectante e solidaria parella de Fernando máis Laura e o seu intento de animar á primeira, e Guillerme, un refinadísimo amante da cultura. Ou así se presentan ao inicio da velada.
A obra explora as complexidades na dinámica das relacións e a moralidade humanas, empregando primeiramente a Guillerme como exemplo daquilo que non se debe facer nunha casual cea de amigos. A súa prepotente actitude desentoa tanto co resto de presentes que desvela un intelectualoide demasiado selecto para os praceres “mundanos”. Igual que se lanza na busca da admiración dos comensais recitando un ambicioso verso libre, non dubida en esnaquizar a escrita de Sheila con crueis apuntes que tensan o ambiente.
Descubrimos nesta delicada atmosfera que Fernando sucumbe aos encantos deste retorcido home con lentes de pasta, ante a promesa de liberalo da súa banal rutina. Mentres tanto, as íntimas amigas perciben dubidosas intencións, que serven de último ingrediente para un cóctel de latexante desconfianza, onde unha tras outra caen as cubertas dos personaxes. Todo isto desenvolto con efectivos golpes cómicos.