Imaxe de cabeceira

5e0a3184d2ddaDende hai décadas, especialmente a partir do ano 2010, obsérvase na lingua galega unha notable diminución de falantes e, polo tanto, ámbitos de uso, situacións que se retroalimentan e resultan nas cifras máis preocupantes ata agora rexistradas. Unha Lei de Normalización Lingüística ineficiente nos seus postulados, a perda de medios de comunicación en galego ou o progresivo deterioro da conciencia dos falantes son algúns dos motivos destes resultados.

Polo tanto, que se debe facer para frear o decaemento do idioma? Eis a cuestión de non tan difícil resposta: intervención institucional. É precisa a posta en marcha de plans que amparen o dereito a uso do galego e promovan a súa transmisión xeracional. Debe impulsarse dende a política un proxecto de normalización que deteña o proceso de substitución lingüística, acelerado en particular nas últimas décadas.

Zaire Vidal e Sonia Muñiz co doutor Martín Vidal.

Zaire Vidal e Sonia Muñiz co doutor Martín Vidal.

O persoal de sanidade é unha parte fundamental da sociedade, como quedou demostrado nesta pandemia. Hoxe imos coñecer a Martín Vidal, un médico pobrense, que destacou nos seus estudos e actualmente traballa como internista nun centro hospitalario da Coruña.

IMG-20220511-WA0037O porco de pé é unha obra literaria de Vicente Risco que, despois de case un século, acaba de ser adaptada ao teatro por Pepe Sendón e posta en escena por Producións Excéntricas baixo a dirección de Quico Cadaval, como se puido ver no auditorio de Rianxo o pasado sábado 30 de abril.

 Cun culto e fino sentido do humor esta obra cóntanos a historia de don Celidonio, un porco que ao ser vestido como un home rico comezou a andar e a portarse como tal, alcanzando a súa posición social por casar cunha muller adiñeirada. Aparecen outros personaxes como o xastre, que é o verdadeiro mago responsable da transformación de porco a home; a filla de Don Celidonio, que abandonará o intelectual Doutor Alveiros deixándose engaiolar polo vampiro-conde; a súa muller, que é quen realmente dirixe a vida de todos… E algúns outros secundarios que teñen a súa propia caracterización e protagonismo, sendo interpretados todos eles por só tres actores sobre o escenario.

 En realidade a obra é unha sátira social que denuncia IMG-20220511-WA0035que calquera con ansia de poder e sen máis intelixencia que a dun porco pode chegar a alcalde. É dicir, critícase por riba de todo o triunfo dos cartos fronte á intelixencia. As comparacións, as metáforas, a ironía son incriblemente enxeñosas. A obra fai rir e reflexionar, mesmo a quen non coñece a novela de Risco.

Ábrese a cortina e aparece Quico Cadaval. Só que non hai cortina e estamos no salón de actos do IES Félix Muriel, a 19 de abril de 2022. O obxectivo: unha masterclass sobre o teatro actual. O resultado: O mesmo, pero en verso libre. O alumnado non tarda en recoñecer ó interventor como visitante do mundo das artes varias, sexa polo seu parecer compatible coa docencia de Educación Plástica e Audiovisual, ou a forma de atar o pelo para que “non escapen as ideas”.

O ver e o ser visto. O terror e o humor. Resulta que na vida coma no teatro, fan falta dúas caras para facer a moeda. En efecto, non existe a risa de nada. Por iso, quen máis desfruta é quen logra “verse a si mesmo na careta deforme do teatro”. O escenario é un espello delator onde debemos recoñecernos, o cal foi difícil para o público galego cada vez que os textos entraron polo sueste. 

Descubrir quen se agocha detrás dunha canle de Youtube non é nada sinxelo, por iso quixemos ter a oportunidade de coñecer máis de cerca a unha moza que ademais de ser rianxeira está inmersa na creación de contido na súa canle, Galiza en pé.

Captura de Pantalla 2022-04-30 a las 12.56.37

Vídeos na canle Galiza en pé.

Hoxe nas Xornalistas do Muriel, Claudia Gómez e Sara Tubío entrevistamos a Adriana Romero.

photo_2022-04-25 08.30.38

Foto: Noelia Fernández (no centro) coas entrevistadoras, Claudia Gómez (esquerda) e Sara Tubío (dereita).

A xuventude rianxeira ven pisando forte, unha mostra disto son os galardóns que recentemente gañou unha alumna do Félix Muriel. Por unha banda poñendo voz a Rosalía e por outra cun dos seus relatos curtos. Para os que aínda non a coñecedes, hoxe entevistamos a Noelia Fernández.

Noelia na recepción de premios

Noelia Fernández (terceira pola dereita) xusto ao resto de alumnado galardoado no IES Eusebio da Garda da Coruña.

 

“Este centro é o que é hoxe polo equipo de normalización”. Sofía Rama.

 

2272 Artigos |   | 1  | 2  | 3  | 4  | 5  | 6  | 7  | 8  | 9  | 10  | 11  |   | 284  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.