Imaxe de cabeceira

No Ies Félix Muriel quixemos celebrar o Día Europeo das Autoras e Autores homenaxeando o escritor rianxeiro que lle dá nome ao noso centro, Rafael Dieste. Para iso, este pasado luns, xuntáronse 83 alumnas e alumnos para ler en conexión retransmitida en directo o seu libro de contos ‘Dos arquivos do trasno’. Deixámosvos aquí o primeiro dos dous vídeos onde podes ver e escoitar a lectura completa da obra. Felices lecturas! #ReadWithEurope

 

anagrama RadioRianxoPlantilla publicaciones erasmus

O luns 13 de marzo o alumnado de portugués de 1º de bacharelato (Helena Figueira, Clara Novo, Bernardo Gontán, Rodrigo Marques e Paula Magán) tivo a oportunidade de entrevistar a Guilherme, Lucas e João, alumnos de Erasmus + de Agrupamento Sá de Miranda, de Braga, que estaban realizando as prácticas do seu Ciclo en  Vilagarcía.

 

 

1678887059245

Convidámosvos a escoitar a súa entrevista:

 

 

anagrama RadioRianxo

20230317_102806Neste mes gravamos o noso terceiro programa de recitado de poemas. Contamos nesta ocasión con  Lucas Fungueiriño, Carla Vicente e Ainara Pérez   de 3º de ESO  que recitaron:

 

  • “Contra o amor”,  de Lucas Fungueiriño
  • “O lume vital” de Claudio Rodríguez
  • ”Ábrelle a porta ao día” do gran poeta Darío Xohán Cabana

Durante a gravación  contamos coa inestimable colaboración de Alejandro Ordóñez de 1º ESO, como locutor,  e de Ricardo Vidal  de 1º ESO, como técnico de son.

Animámosvos a escoitar o audio:

anagrama RadioRianxoWhatsApp Image 2023-03-20 at 10.20.28No mes de marzo gravamos o noso segundo programa de recitado de poemas. Contamos nesta ocasión con  Sara Rial  e Ainoa Reboiras   de 3º de ESO  que recitaron:

  • “Cando te vexo”,  de Sara Rial
  • “A árbore da vida” de Ainoa Reboiras

Durante a gravación  contamos coa inestimable colaboración de Alejandro Ordóñez de 1º ESO, como locutor.

Animámosvos a escoitar o audio:

anagrama RadioRianxorecitado programa2

No mes de febreiro iniciamos unha nova andaina coa gravación de recitados de poemas. No noso primeiro programa tivemos a sorte de contar con Tahira Varela, Cristian Galbán  e Rodrigo Iglesias  de 3º ESO  que recitaron os seguintes poemas:

  • “Como esquecerte”,  de Tahira Varela
  • “Branca coma a auga” de Claudio Rodríguez
  • ” Meniña, rapaza nova” do gran poeta Eduardo Pondal.

Durante a gravación  contamos coa inestimable colaboración de Alejandro Ordóñez de 1º ESO, como locutor,  e de Daniela Rodríguez de 1º ESO, como técnica de son.

Animámosvos a escoitar o audio:

IMG-20230224-WA0004

O  25 de xaneiro o alumnado de 1º , 3º ESO, 1º e 2ºBAC. tivo a oportunidade de asistir á  representación da obra Ahora “mismitos“.   Nela interpretáronse diferentes historias ou lendas da mitoloxía greco-latina, presentes e frecuentes na literatura e as artes plásticas.

anagrama RadioRianxo

Con posterioridade Celia Arcos e Mauro Riveiro, colaboradores de Radio Rianxofala, tiveron a sorte de poder entrevistar ao actor Antonio Blanco, quen falou sobre o seu proxecto.

Deixámosvos o audio para que podades desfrutar del:

Traémosvos por fin unha débeda dun ano. A entrevista das Xornalistas do Muriel a Xosé Santos, o antigo director do Teatro Airiños de Asados, quen tan amablemente nos atendeu na súa casa e ao que pedimos desculpas por non tela publicado con anterioridade.
Nesta entrevista, que foi a primeira que realizou o grupo As Xornalistas do Muriel, participaron Claudia Gómez Regenjo, Sonia Muñiz Iglesias, Sara Tubío Lojo e Zaire Vázquez Ordóñez.

Por Xiana (4º ESO D) Martes 20-9-2022 Realizamos a moi esperada excursión a Londres. A viaxe comezou ás dúas da tarde, xa que a esa hora partimos en bus rumbo a Santiago. Unha vez chegamos ao aeroporto fixemos unha longa cola para coller os billetes e facturar a maleta. Cando iamos acabando pasabamos a comparar […]

2289 Artigos |   | 1  | 2  | 3  | 4  | 5  | 6  | 7  | 8  | 9  |   | 287  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.