Imaxe de cabeceira

 

O día 8 de novembro realizouse o magosto no instituto. Tivemos sorte e fixo un día moi bo. No magosto houbo xogos típicos clásicos, como son a chave, a petanca, os zancos, o tiro da corda…..

Ademais, tamén había unha “play”, cos xogos do karaoke.

Seguro que todos/as vós coñecedes a alguén que ronca, pois debedes saber que detrás dos ronquidos hai, como mínimo, unha obstrución nalgún lugar da vía aérea; podendo chegar a ser unha enfermidade como a que vos presento a continuación, que pode desencadear, se non se trata, ata un infarto ou unha embolia cerebral.

                    

Ola a todo o mundo, xa ai un mes que estreamos este curso e aínda que parece que o centro está tranquilo non vos fiedes, isto empézase a mover, estanse a preparar moitas actividades desas que nos gustan a todos/as, as saídas fóra do centro, para saír do ambiente de todos os días. Para que vaiades facendo plans mostrámosvos cales son as actividades previstas para este primeiro trimestre.

Damos comezo a un novo ano, un novo curso no IES Félix Muriel e voltamos ao traballo nas oficinas do Equipo de Normalización Lingüística, con moitas ganas de comezar a facer artigos e entrevistas do voso interese, para que vos poidades informar sobre as novas do centro e do mundo do estudante, así como outros temas da nosa cultura e da nosa lingua. Tamén levar a cabo os proxectos que levamos maquinando dende fai un tempo para a revista Bico da ría e para o blog O castelo da lúa, onde esperamos recibir as vosas propostas. Encargarémonos tamén de laborar a campaña do Día das Letras Galegas do 17 de maio de 2009, así como moitos outros traballos co fin de atraer a máis compañeiros (tanto alumnos/as como profesores/as) ao noso Equipo e sobretodo, co mesmo propósito de sempre: normalizar a nosa lingua.

Quero rematar cun parágrafo extraído da revista Retranca:


A disipación dionisíaca do verán deixa paso ao recollemento, á meditación, á nostalxia. Tempo de lembrar aos mortos e de facer o viño para os vivos. Tempo de botar contas, de recuperar a rutina do traballo dignificante e de varrer as follas vellas. Tempo de espiritualidade, tempo de cultura. Pasou o verán e a cultura vén de camiño (Retranca, outubro 2008).

 

Un comerciante inventa unha estratexia durante as rebaixas coa finalidade de non perder nin un céntimo dos seus beneficios e ao mesmo tempo atraer aos compradores:

 

  • Primeiro sobe todos os prezos dos seus productos un 30% sen que ninguén o saiba.

  • Despois ofrece unha rebaixa do 30% a todos os seus clientes.

 

A chegada de alumnado novo ó centro e mais o despiste de moitos dos que xa estaban o ano pasado motivou que fixésemos en tres quendas diferentes unha presentación das nosas actividades, centrándonos sobre todo na revista dixital e no blog.

Miriam Lorenzo Resúa, alumna de ESO 1º C , foi a encargada de pasar este cuestionario ó seu irmán Francisco José Lorenzo Resúa.

O sábado 13 de setembro de 2008 estreouse, no Teatro Colón Caixa Galicia da Coruña e coa produción da Asociación de Amigos da Ópera desta cidade, a ópera {O arame}, con música do vigués Juan Durán e libreto do lucense Manuel Lourenzo.

A obra é unha ópera de cámara, nun só acto, cunha duración aproximada de hora e cuarto e coa presenza de poucos personaxes. Concretamente participan un barítono, unha soprano, dous bailaríns e unha orquestra de cámara con 16 músicos (corda, vento, piano e percusión).

O libreto narra a historia de Gloria e Labarta, dous titiriteiros que, ao final da súa vida, chegan á beira do mar onde reflexionan sobre os seus soños, recordos e penas. O personaxe masculino, Labarta, representa un artista que aínda mantén a ilusión e cre que pode volver aos éxitos do pasado, mentres o feminino, Gloria, representa o lado contrario, o dunha muller rendida, sen ilusión nin esperanza, que non quere continuar. Ese ton nostálxico e poético da historia, fai que a música non sexa épica, senón contida, lírica, sensible, con tons apagados, aínda que ao final se perciba unha certa esperanza.

O canto segue as características dun recitativo “cantábile”, sen grandes arias ao estilo italiano, senón cunha especie de continuidade, de diálogo e acción sen interrupcións ata o final. A música empregada é moi descritiva e con motivos que acompañan aos distintos personaxes e accións coma o mar, o camiñar do equilibrista polo arame…

Na estrea do 13 de setembro actuaron o barítono Javier Franco (coruñés, residente en Italia), a soprano Carmen Durán (viguesa, residente en Alemaña), os bailaríns Catarina Varela e Alexis Fernández (pertencentes ao Centro Coreográfico Galego) e o {Grupo Instrumental Siglo XX} baixo a dirección do compostelán Maximino Zumalave. A escenografía correu a cargo de Rodrigo Roel e a actuación apareceu reforzada cunha videoproxección.

Cómpre salientar as palabras do compositor ao comentar a obra e dicir que “a música está supeditada ao texto porque non hai que esquecer que a ópera é fundamentalmente teatro. Hai que deixar que a escena e o argumento sexan moi comprensibles e tamén se debe apoiar o lucimento dos cantantes, porque ao fin e ao cabo son os que transmiten a mensaxe.”

2277 Artigos |   | 1  |   | 279  | 280  | 281  | 282  | 283  | 284  | 285  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.