Este xoves pasado, 27 de novembro, aproveitamos a presenza da Xurxo Souto no IES para presentar o noso CD “Os quinse máis votados”.
A idea de realizar este traballo xurdiu no ENDL do IES Félix Muriel de Rianxo o curso 2007-2008 para dar a coñecer distintos estilos musicais, diferentes grupos e cancións que se poden facer no noso idioma.
Como primeiro paso elaboramos unha lista de 100 grupos e intérpretes que cantaban en galego e pasamos a facer unha votación popular para seleccionar aqueles preferidos entre o noso alumnado, de aí xurdiu esta recompilación, escollendo os 15 grupos máis votados, xa que a partir dese número as puntuacións de cada candidato eran pouco representativas. De feito, mesmo houbo unha diferenza de votos considerable entre os tres primeiros e os restantes, polo que decidimos seleccionar varias cancións deses grupos primeiros e só unha dos demais.
Como complemento ás audicións quixemos completar ese traballo salientando algúns datos de interese de tódolos grupos, e máis xuntar as letras das cancións gravadas.
O galego empregado non é o normativo pero consideramos que iso non é o máis importante, senón comprobar que a nosa lingua segue viva e está presente nos distintos estilos musicais, non só no folk co que máis se adoita relacionar, senón tamén no rock, no reggae, no rap…
Á hora de ordenar as pezas presentáronsenos varias posibilidades:
Na selección das pezas fixemos outra consulta popular das cancións preferidas entre o alumnado, consultamos aos grupos e tamén nos pareceu interesante incluír algunha peza do último traballo publicado de cada grupo, aínda que non fosen as pezas máis coñecidas e populares e, finalmente, este foi o resultado que esperamos sexa do agrado de todos e todas.
O pasado dÃa 8 de novembro de 2008 Isaac DÃaz Pardo foi nomeado Fillo Adoptivo de Rianxo.
A viaxe cultural a París, organizada polo Departamento de Francés, conecta directamente coa programación da materia de Historia Contemporánea de 1º Bacharelato. Concretamente coa unidade didáctica nº 2: “As transformacións políticas: a fin do Antigo Réxime e a Ilustración. As revolucións liberais. Os nacionalismos”. Os contidos conceptuais deste tema son: O Antigo Réxime. A Revolución Francesa e a Europa napoleónica. A Europa da Restauración. As revolucións de 1820, 1830 e 1848.
A República Federativa do Brasil é o maior e máis poboado país de América do Sur. Linda principalmente con Venezuela ao Norte, ó Sur fai fronteira con Arxentina e Paraguai, ao oeste con Bolivia e Perú, e ao noroeste con Colombia.
O pasado martes día 11 de novembro o alumnado de 4º da ESO 2º de bacharelato do I.E.S. Félix Muriel viaxou a Santiago de Compostela ao colexio privado La Salle para ver unha representación teatral sobre a xeración do 27. Había alumnos doutros centros, eramos sobre uns seiscentos rapaces na sala.
A historia deste castelo reflexa moi ben todos os acontecementos que sucederon en Galicia dende o século XIII ata os nosos días.
Ola! Son Antón, e xunto a Marta e David intentamos salvar o presente e o futuro dos nosos fillos.
Estarédesvos preguntando de quen queremos salvalo e por que. Pois queremos salvar o futuro de Xose, un home que neste presente é millonario que se quere apoderar de todo.
Marina comparte con todos nós as súas lembranzas como estudante no IES Felix Muriel.