Contaba os minutos que alí pasaba.
Murmuraba a chamada
da marabillosa mirada.
coa proposta acordada.
Mírame! Se pensas que vivo por ti.
Busca a palabra acordada na chamada.
como a túa mirada.
Bicar como os teus
beizos me bican.
que os bicos e as miradas,
son palabras murmuradas.
No mes de setembro empezamos a ver nos nosos bosques unha especie cada vez máis numerosa: os buscadores de cogomelos. O interese polos cogomelos aumentou notablemente nos últimos anos, e cada vez son máis as persoas que saen a collelos co grande risco de que alguén apañe e coma cogomelos tóxicos, ás veces por decoñecer ou desprezar as graves consecuencias dunha intoxicación, outras pola falta de experiencia para distinguir con toda seguridade os comestibles daqueles que non o son ou por confiar en falsas probas de que son comestibles. O recoñecemento dos cogomelos é producto dun coidado e minucioso exame dos distintos exemplares, así como da experiencia acumulada despois de moitas saídas ao monte. Dado que o aspecto dun fungo pode variar por motivos moi variados como a choiva, o sol, a calor, é importante ter visto os mesmos cogomelos en distintas condicións para realizar unha precisa indentificación.
O alumnado de 1º e 2º de ESO do noso IES participa, un ano máis no CINENSINO, un programa de prevención de drogodependencias que se engloba dentro do contexto de Educación para a Saúde e pretende ser un instrumento complementario nesta área e dentro do actual sistema educativo.
ConCiencia é un programa de divulgación científica levado a cabo pola Universidade de Santiago de Compostela e co patrocinio do Consorcio de Santiago e a Fundación Caixa Galicia. Os obxectivos desta iniciativa van máis alá dun acto puntual, unha simple conferencia dun científico de sona internacional, o seu fin último é o contacto entre persoeiros de relevancia científica e o corpo de investigadores da USC, así como conseguir unha imaxe de Santiago de Compostela como foco universal do pensamento.
Os vocabularios estrutúranse tematicamente como segue:
Tamén engadimos un documento coa xustificación das nosas propostas terminolóxicas.