Imaxe de cabeceira


O pasado día 30 de xaneiro, o alumnado de portugués do noso instituto fomos de excursión a Santiago para asistir a unha clase en portugués na Facultade de Filoloxía.

Esta saída xurdiu porque algúns dos profesores de portugués da facultade, que o ano pasado viñeran a darnos unha charla ao noso centro, nos convidaran a visitalos cando quixeramos.

Saímos do instituto as 9.20h a pesar do mal tempo que facía pero as ganas podían con todo xa que tiñamos moito interese en saber como sería esa clase de portugués, se entenderíamos algo, como sería a universidade…

Para aproveitar a mañá, xa que a clase na facultade non comezaba ata as 12, fomos ó Museo do Pobo Galego, alí vimos donde estaban soterrados Rosalía e Castelao.Logo como aínda nos sobraba tempo antes de ir a Facultade o autobús deixounos no auditorio e alí tomamos e comemos algo para facer tempo.
Cando xa quedaba pouco fomos a pé ata a facultade. Recibíronnos no hall, onde nos distribuímos en grupos de dez máis ou menos e -xunto cos profesores de portugués- fixemos unha pequena visita. Fomos ó salón de actos, onde unha das profesoras nos comentou todas as distintas licenciaturas que se podían facer nesa facultade (portugués, galego, alemán, francés, inglés … ). Explicounos tamén de todas as partes das que contaba o edificio, dende a biblioteca, pansado pola cafetería , a  aula de informática ,etc.

Ó sair do salón de actos fomos á biblioteca donde nos separaron en grupos de 12 por mor de non molestar ós alumnos que se dispoñían a estudar. Nada mais entrar puidemos ver estantes cheos de libros e a alumnos ou ben estudando ou ben cada un no seu ordenador. A profesora explicounos que esa biblioteca estaba conectada coa biblioteca do campus de Lugo e que se se che facía falta un libro e estaba en Lugo recibíalo ó día seguinte.

Nada máis saír da biblioteca xa fomos directamente para a clase pasando antes pola aula de informática, a cal vimos dende a porta xa que non nos deixaron entrar .

Ó chegar á clase a profesora que nos acompañou durante todo a visita  presentounos ós distintos profesores que impartían portugués na facultade , e ó rematar coa explicación ,  o profesor Ulises comezou coa clase. El comezou falandonos un pouco del, díxonos que nacera en Brasil, peo era de pais brasileiros e italianos; o que amosa que a cultura brasileira é moi heteroxénea.

 O profesor tratounos como alumnos de todo o ano e deunos unha ficha coa que estaban traballando os matriculados. Lemos un artigo dun xornal brasileiro e a clase desenvolveuse ó redor deste artigo. O profesor pretendía que o comentaramos entre todos. El explicou as palabras que quizais non se entendían e logo fixo preguntas para os alumnos. Todos podiamos participar pero como é lóxico só responderon os alumnos habituais posto que a nós dábanos vergoña.
Ás 13.00 tivemos que marchar. Só saímos nós da aula posto que os alunos da facultade aínda tiñan outra hora máis de clase. Collemos o autobús e voltamos para o instituto.

Ola!!!

Son María Losada Miguéis. Teño doce anos e curso primeiro da E.S.O. no I.E.S. Felix Muriel.
Son membro do ENDL desde este ano e apunteime porque me parecía interesante.
Gústame tocar o piano e practicar deportes en xeral. Non me gusta a violencia nin o maltrato ós animais.

¡Ola!:
Chámome Julia, vou en 3º da ESO.
O que máis me gusta facer no meu tempo libre é escoltar música (os meus grupos favoritos son Nightwish de Finlandia, e Mägo de Oz, que creo que é bastante coñecido, aínda que me gusta moito a música celta, como por exemplo Luar na Lubre, Enya e Milladoiro) e debuxar (encántame debuxar manga).
Tamén me gusta xogar aos videoxogos (os que máis me gustan son os Zelda, Super Mario e Kingdom Hearts)
Os libros que máis me gustan son os da saga Crepúsculo e os de Molly Moon.
ADEUS
PD: ODIO O REGGETON!!!

Ola!!!!

Eu chámome Kevin González Fernández, teño 14 anos, e estudo 3º da E.S.O.
No ENDL, apunteime o ano pasado, porque me falaron ben del, e pareceume interesante.
O que máis me gusta no mundo é o fútbol, porque xogo nun equipo, e gústame moito. A música tamén me gusta, e se é pop ou e Simple Plan, mellor que mellor. Tamén practico o tenis, e por último gústame o billar. Ah!! E son do F. C. Barcelona.
Non me gusta ir ó instituto, pero veño, porque na casa abúrrome, e tampouco non me gusta lesionarme.
Tampouco non me gusta cando o Madrid gaña e o Barça perde.
Ben un saúdo dende Rianxo.

Ola! Bos días.
Chámome Inés Vázquez Masconi. Teño 12 anos e curso 1º ESO. Son membro do ENDL desde este ano.
Gústame xogar á Wii, estar co meu ordenador, cos meus amigos…
Odio a xente parva, os chulos…
Adeus e un bico.

Ola!
Eu chámome Diego Bravo González e teño 12 anos. Estudo 1º curso da ESO, e son membro do ENDL desde principio de curso. As miñas afeccións son o piragüismo e o fútbol. Gústame o deporte; non me gusta estudar. Son canoeiro destro no club de Catoira As Torres Romaría Vikinga.

Ola a todos!!!!

Chámome Clara e teño 15 anos e estou cursando 4ºde ESO. A miña cor favorita é a rosa, pero iso non ten nada que ver coa miña personalidade nin co meu carácter. Eu son unha persoa moi aberta, creo que simpática, divertida e son das que lle colle cariño á xente con moita facilidade.
De físico son bastante normaliña: alta, delgada, pelo moreno e rizado e ollos marróns. As miñas afeccións son o baile, a música e o ordenador, sobre todo o MSN.
Tamén me gusta moito ir de festa coas miñas amigas e ver a tele, as miñas series favoritas son: Los Hombres de Paco, El Internado, FoQ e Sin Tetas No HayParaiso.
Á parte eu toco a gaita e a pandeireta nunha banda de aquí.
Ben, pois isto è todo o que vos podo dicir de min.

Un bico aos que leades isto!!!!

Boas!

Eu son Alejandra e estou en 1ºESO. Teño 12 anos. Son membro do ENDL desde este ano. Apunteime porque me falaron do equipo e interesoume bastante. As miñas afeccións son variadas: gústame xogar ao fútbol, ler, escribir, debuxar, coleccionar selos, cunchas e minerais. Tamén me gusta o atletismo.

Non me gusta estar demasiado tempo de vacacións: resulta abafante.

2281 Artigos |   | 1  |   | 271  | 272  | 273  | 274  | 275  | 276  | 277  | 278  | 279  | 280  | 281  |   | 286  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.