Ola!
Chámome Adrián Gómez Roo. Teño 14 anos e estou en 2ºESO B. Son membro do ENDL desde o ano pasado. As miñas afeccións son o fútbol sala, piragüismo e xogar nun equipo de fútbol. Non me gusta que se apague a luz cando xogo ó ordenador ou a outra cousa, e tamén odio facer os deberes.
Hoxe en día unha das maiores causas de empobrecemento dos países do Sur é o comercio, un mercado tradicional que se estende polo mundo e que causa desigualdades entre países e persoas. De feito, a maior parte dos produtos que empregamos na vida cotiá proveñen de dito mercado, dominado polas grandes e poderosas empresas multinacionais, pertencentes ao Norte e coñecidas por todos (Nike, McDonals, Benetton, Coca Cola, Samsung, Nestlé, Chiquita, Benz, Elf…). Coa súa cobiza, egoísmo e falta de escrúpulos acrecentan a pobreza, a explotación infantil, a discriminación cara á muller, a violación de dereitos humanos, pésimas condicións laborais, esgotamento dos recursos naturais…
Resolver esta situación forma parte dos principios básicos do Comercio Xusto, idea que xurdiu en Holanda hai uns trinta anos por parte dalgúns organismos presentes no Sur, con proxectos de desenvolvemento naqueles países máis pobres. Pretendía distribuír produtos comprados directamente a campesiños e artesáns para que se beneficiasen de todo o prezo pagado por eles nos países do Norte. Para iso seguíronse tres pasos: organizouse aos produtores en cooperativas capaces de recoller os seus produtos e exportalos directamente; logo, fundouse en Holanda unha cooperativa de importación que facía chegar os produtos; e por último abríronse puntos de venda propios chamados “Tendas do Terceiro Mundo” ou “Tendas da solidariedade”, precursoras doutras organizacións solidarias que xurdiron despois.
Trátase dun comercio alternativo ao tradicional, e que está ao servizo das persoas, tendo en conta valores éticos, sociais e ecolóxicos. Este tipo de comercio enténdese como un servizo recíproco, no cal, tanto os produtores como os consumidores quedan satisfeitos. Neste mercado as grandes multinacionais quedan fóra, mentres que os produtores en vías de empobrecemento, os consumidores solidarios e responsables e os intermediarios sen ánimo de lucro, pois elimínanse aqueles especuladores cuxo obxectivo sexa o enriquecemento ou lucro, gozan dunha nova relación, libre directa e honesta.
O IES “Félix Muriel” quixo participar nesta nobre causa e dala a coñecer. Para iso aproveitouse a época de compras impulsivas do Nadal. Fixéronse paneis explicativos. Tivemos o pracer de contar con dous monitores da ONG Panxea (www.panxea.org) que impartiron uns talleres sobre o Comercio Xusto en 2º de ESO. A maioría dos alumnos de 1º BAC-C fixémonos cargo da venta de produtos de calidade que se obtiveron nunhas condicións xustas de produción entre o Sur e o Norte: “quitapenas” de Guatemala, axendas solidarias, postais, bixutería, accesorios para o pelo, incenso (da India, de Tailandia…), velas, estoxos, moedeiros, xabóns, cremas, fulares, camisetas con divertidos e solidarios slogans e alimentos, como chocolatinas, pastillas de chocolate (con cereais ou abelás, de quinoa, negro, con leite, sen azucre, do Ecuador…), cafés (moídos, en grans, de Cuba, de México, de Colombia…), tés (verde, vermello…), caramelos, bebidas…
Cadaquén ten que ser responsable, se eliximos estes produtos estaremos promovendo un tipo de comercio que nos beneficiará a todos e podemos lograr que as cousas cambien.
Vou en 3º da ESO (a ver se acabo dunha vez jejeje)
As cousas que máis me gustan son: a música, o meu grupo favorito é Nightwish.
Tamén me gusta ler, nestes momentos estou acabando o 3º libro da saga Crepúsculo. Son un gran fan do manga, tanto lelo como debuxalo, aínda que isto último se me dá de pena.
Ala pois xa está.
O 27 de outubro de 2006 a Unión Astronómica Internacional (UAI) anunciou a declaración, por parte da UNESCO (Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura), de 2009 como Ano Internacional da Astronomía (AIA-IYA2009).
Ola!
Chámome Lucía e teño 16 anos. Vou en primeiro de bacharelato por letras puras.
Encántame todo o relacionado co mundo da música e do cine.
Entre as miñas paixóns destacan escribir e cantar.
Considérome unha rapaza alegre, moi tímida, con bastante mal humor e moi infantil por veces.Á parte, odio a falsidade e a intolerancia.
Pois nada máis, espero coñecervos moi pronto!
Ola!
O meu nome é Lorena, teño casi 17 anos e curso primeiro de bacharelato polo itinerario de ciencias puras.
As miñas grandes paixóns son o baile e o debuxo. Gústame estar coas miñas amigas, a fotografía e a festa!
Non soporto a falsidade. Considérome unha rapaza extrovertida, bastante simpática e moi perfeccionista.
Iso é todo. Espero coñecervos a todos moi pronto!
A Misión Biolóxica de Galiza do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) ven de realizar un estudo no que conclúe que “as nabizas e os grelos son alimentos funcionais”. Un alimento considérase funcional cando, ademais de destacar polas súas propiedades nutritivas, contén certos elementos, cuxo consumo diario dentro dunha dieta equilibrada contribúe a manter ou mellorar o noso estado de saúde e benestar. No citado estudo demostrouse que o grelo e a nabiza teñen propiedades anticanceríxenas e antioxidantes. A clave está na presenza dunhas sustancias denominadas glucosinolatos, que ademais de proporcionar o sabor amargo característico destas plantas son tamén as que gardan as súas propiedades saudables. O traballo analiza as variables que afectan ás propiedades agronómicas e as características organolépticas, a súa textura e o seu sabor e como lle afectan as características climatolóxicas e como as diferentes técnicas de cociñado afectan ás propiedades nutritivas destas verduras.