Imaxe de cabeceira

National Geographic alerta sobre o colapso dos fondos das Illas Cíes

Aínda que chega un pouco tarde esta noticia, sempre está ben recordar os éxitos da nosa banda. Parabens!

Intercambio co IES “Santiago Basanta” de Vilalba

Intercambio co IES Santiago Basanta.

Ola!!! Bos días

Chámome Inés Vázquez Mosconi. Teño 12 anos e vou en 1º de ESO E.

Son membro do ENDL desde principios de curso.

Gústame: xogar á wii, estar no meu ordenador e estar cos meus amigos,…

Odio: a xente parva, aos chulos,…

Adeus

“Intercambio co IES “Santiago Basanta” de Vilalba

 Chámome Cristian Abuín Seco.

Teño 14 anos e estou en 2ºESO.

Son membro do ENDL desde hai dous anos.

As miñas afeccións son a bicicleta e o skate. Gústanme o heavy metal e as motos.

Non me gusta o instituto nin ter que estudar demasiado.

 

Ola!
Chámome Ana e teño 14 anos. Son unha persoa con moitas afeccións; gústame moito a música. Paso moito tempo escoitando CDs dos meus grupos favoritos: Jonas Brothers, Miley Cyrus, Rihouma, LODVG, Demi Lobato, El canto del loco… e moitos máis!!
Tamén me gusta tocar a guitarra e o piano, aínda que estou aprendendo.
Os meus programas favoritos son Fama, El internado …
Son amiga de Nerea, Sara, Adrián, Vivi, María, Alex, Nacho, Sandra e Paula, aínda que non todos van ó intercambio.
Chao!

A República de Cabo Verde sitúase no Océano Atlántico, no extremo occidental de África. É un arquipélago de orixe volcánica, fronte ás costas de Senegal. As 10 illas e 5 illotes estaban deshabitadas ata que foron descubertas no século XV polos portugueses. A maior parte dos actuais habitantes de Cabo Verde descenden de dous grupos: colonizadores e escravos.

 
A súa capital é Cidade de Praia, situada na illa de Santiago. Cobre unha extensión de 4033 quilómetros cadrados e ten unha poboación de 499796 habitantes, e unha densidade de poboación de 118 habitantes por  quilómetro cadrado. A nacionalidade dos seus habitantes é a de caboverdiano.

 

O seu presidente actual é Pedro Pires.

Lograron a independencia de Portugal na década de 1970.

2281 Artigos |   | 1  |   | 269  | 270  | 271  | 272  | 273  | 274  | 275  | 276  | 277  | 278  | 279  |   | 286  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.