Imaxe de cabeceira


Hoxe, xoves 30 de abril, tivemos a honra de contar con Yolanda Castaño no noso IES para falarnos da poesía galega actual.

Cunha presentación sinxela, definindo que non todos os escritores teñen barba e son vellos, comeza a súa charla, falando dos seus primeiros escritos, feitos sendo aínda unha nena pequena.

 As rosas son como un regalo, xa que é moi común que se regalen rosas. Estas foron feitas para o día da nai.

 

 

 

 

 

 

 

 

O outro día fomos visitar a biblioteca Ánxel Casal, e antes de presentarvos o que foi a nosa visita pensamos que sería de interese contarvos quen foi o persoeiro que lle dá nome á biblioteca.

De entre todos os libros que nos mandaron ler os profes de galego un dos que máis nos chamou a atención foi “Resistencia” de Rosa Aneiros. Está ambientado na ditadura de Salazar en Portugal, nárrase a historia de amor entre dúas persoas que loitan contra a ditadura. Despois de ler este libro no que aparecían diversos lugares do noso país veciño, Portugal quedounos a curiosidade de saber algo máis sobre eles. A continuación amosarémosvos información dalgúns sitios mencionados no libro que nos chamaron á atención.

 

     A Constitución Española establece o castelán como lingua oficial de todo o Estado. Tamén decreta que as outras linguas españolas (galego, catalán, éuscaro, aragonés, aranés e astur-leonés) son oficiais nas respectivas Comunidades Autónomas de acordo cos seus Estatutos. Segundo isto, todas as comunidades que recoñecen a cooficialidade das súas linguas aproban respectivas leis de normalización lingüística, co fin de promover e regular o seu coñecemento e o seu uso, compensando a situación de inferioridade en que se atopan con respecto ao castelán.
      O catalán, con máis de sete millóns de falantes en catro estados europeos, é a lingua oficial en Andorra e é cooficial co español en Cataluña, Illas Baleares e Valencia, e co italiano e co sardo en Alguer. Tamén se fala no leste de Aragón, en Murcia e no Rosellón francés. O catalán posúe unha rica tradición literaria dende a Idade Media. Ademais, o seu goberno realizou unha activa política lingüística mediante tres leis de normalización da lingua: a de Cataluña (abril de 1983, pero substituída pola Lei de política lingüística en xaneiro de 1998), a das Illas Baleares (xuño de 1986), e unha Lei sobre o uso e ensino do valenciano (novembro de 1983). Debido aos dous factores anteriormente citados, o catalán participa en todos as funcións da vida social. Tamén se leva a cabo un programa educativo de inmersión lingüística no cal se dan todas as materias en catalán agás lingua e literatura castelá.
     Hai seiscentas mil persoas que falan éuscaro. Dita lingua é cooficial co español no País Vasco e no norte de Navarra. Tamén se fala no País Vasco francés (Irrapalde). Aprobouse a lei de normalización da lingua de Euskadi en novembro de 1982 e a Lei Foral do vascuense de Navarra en decembro de 1986. Grazas a isto, a política lingüística do goberno vasco conseguiu incrementar o número de falantes e aumentar a producción literaria, así como tamén o emprego do éuscaro en todos os ámbitos, usos e funcións. Porén, a singularidade desta lingua e a súa distancia lingüística co resto das linguas da Península provoca problemas de adquisición da competencia tanto activa como pasiva. Como consecuencia, lévase a cabo un proceso de euscaldunización de toda a poboación, é dicir, que todos os habitantes do territorio vasco sexan capaces de entender e falar a lingua propia. Conforme a isto, o sistema escolar permite escoller entre tres posibles modelos: o primeiro comprende un 80% de materias en castelán e un 20% en éuscaro, no segundo o éuscaro emprégase na metade das materias e o terceiro modelo dispón todas as materias en éuscaro agás lingua e literatura castelá. A preferencia cada vez maior polo modelo tres constata a progresiva recuperación do éuscaro en Euskadi, sobre todo entre a xente nova, grazas á súa política lingüística.
     O aragonés conta cuns quince mil falantes nos Pireneos. Fálase no norte da provincia de Huesca e en Aragón. Non é cooficial en ningún destes territorios, máis ben fálase de “protección” das “linguas e modalidades lingüísticas propias”. Aínda que o proceso de castelanización está moi acentuado, na década de 1970 comezaron a xurdir movementos en defensa do aragonés, en torno ao Consello d’a Fabla Aragonesa. Hoxe existe unha gramática e varios dicionarios bilingües. De feito, en 1987 aprobáronse as Normas gráficas de l’aragonés. Dende 1997 impártense clases desta lingua no ensino oficial en Jaca, Biescas, Ainsa e Benasque.
En canto á variante do gascón, o aranés, é falado por sete mil persoas no Valle d’Arán, onde é cooficial xunto co español e o catalán. Esta lingua está integrada no sistema educativo e goza de moita vitalidade.
     Por último, calcúlase que en Asturias falan de cen a catrocentas cincuenta mil persoas o astur-leonés. Tamén empregan dita lingua no norte e noroeste de León, así como na Seabra zamorana. Non é cooficial co español en ningún destes lugares, perdendo progresivamente falantes e reducíndose os seus ámbitos de uso. Ademais, no ensino só existe a posibilidade de estudar o ástur-leonés como materia optativa a partir de terceiro de primaria e nos medios de comunicación apenas ten presenza. Non obstante en 1980 creouse a Academia de la Llingua Asturiana, que elaborou unha normativa ortográfica.
     Todos estes casos mostran o afán e os esforzos dos habitantes e dos gobernos de cada comunidade de España por preservar e aumentar o uso e o entendemento das súas linguas. No noso caso tamén é necesario que todos contribuamos en Galicia por normalizar a nosa lingua e deter o proceso de desgaleguización.

 

A revoluçao dos cravos é o nome dado ó golpe de estado militar que derrubou, nun só día e de forma bastante pacífica, ó goberno de Marcelo Caetano, que era o substituto do ditador Salazar. Isto foi en 1974.

O pasado 3 de abril o alumnado de 4º de ESO e 2º de bacharelato visitamos o I.G.A.F.A. (Instituto Galego de Formación en Acuicultura). A saída estaba organizada polo departamento de Física e Química así que fomos acompañados por Pepa e Mónica.

Á nosa chegada á Illa de Arousa, que é onde está o IGAFA, fomos recibidos por dous profesores dos ciclos medio e superior de acuicultura que actuaron como guías. Ensinánronnos as instalacións do centro e  déronnos a información necesaria sobre os ciclos que eles imparten, incluído o ciclo medio de mergullo a media profundidade. Visitamos os tanques onde crían os peixes, moluscos e crustáceos, ademais do fitoplacton e zooplacton para alimentalos. Tamén nos ensinaron a batea e gaiolas para peixes e crustáceos que teñen no mar para que os alumnos fagan as prácticas, a cámara de presión, material de mergullo e as piscinas onde se practican as inmersións, soldadura baixo a auga … Esta visita levounos máis do previsto polo que non nos deu tempo a facer un percorrido polo contorno como tiñamos pensado, así que despois de visitar a cafetería do centro voltamos para Rianxo.

   Manolo Senra é un dos pilotos máis carismáticos de Galicia. Cos seus 5 títulos de campión galego ás súas costas, o bravo piloto de Dumbría creou un oco dentro da historia recente do automobilismo galego. Iniciouse no mundo da competición de mans da Escudería Compostela no ano 1984 cun Renault 5 GT Turbo, co que comezou a dar as primeiras pinceladas do que ía ser, a posteriori, un dos maiores ídolos de toda a afección galega.

     Natural de Olveira (Dumbría), onde rexenta un Servizo Oficial Peugeot, colleu unha grande afinidade pola marca do león, competindo nos anos posteriores cun 205 e un 309, facendo as delicias do respectable, para con posterioridade facerse cun 306 Maxi, xa coa súa propia escudería Senra Sport, vehículo que lle proporcionou ou seus maiores logros deportivos.

       Actualmente só participa en rallyes co afán de agradecer o apoio dado pola afección e mais polo pracer da condución deportiva, coa que este home é capaz de dar un dos maiores espectáculos que vin ó longo da miña vida. Dende aquí doulle un cordial saúdo e espero poder volver gozar da súa presenza  nos vindeiros rallyes.

2281 Artigos |   | 1  |   | 260  | 261  | 262  | 263  | 264  | 265  | 266  | 267  | 268  | 269  | 270  |   | 286  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.