Imaxe de cabeceira

Dentro das actividades da Semana Cultural das Letras Galegas, o día 13 de maio do 2009, veu dar unha conferencia Jorge Mira Profesor e Dde Física na Universidade de Santiago de Compostela, o suxestivo título da charla era Nos Bordes da Física.

O artigo dos investigadores portugueses utiliza os estudos do etnógrafo ourensán Xaquín Lorenzo para elaboraren as súas conclusións.

O pasado luns 18 de maio, Celso Fernández Sanmartín mantivo un encontro co alumnado de 1º e 2º de ESO. Varios relatos recollidos da tradición oral galega, provocaron gargalladas nos asistentes a esta sesión

Luís Aldegunde naceu en Golás, cousa que non todo o mundo pode dicir, unha aldea de 20 habitantes no concello do Corgo, a 10 km. -8 polos atallos- de onde o fixo Ramón Piñeiro. Despois estudou a educación primaria no colexio que agora leva o nome do escritor lancarao e aquí rematan os parecidos entre os dous. Agora dá clase no CPI dos Dices, en Rois, e este ano editou un par de vídeos sobre Piñeiro.

O pasado martes 12 de maio de 2009, na Pobra do Caramiñal, tivo lugar a 2ª edición do Correlingua. Nesta festa adicada á nosa lingua, participaron cerca de 2.700 rapaces e rapazas dos concellos de Riveira, A Pobra, Boiro e Rianxo.

 

Antes de que existiran formas tecnolóxicas de medir o tempo a xente guiábase polo sol e a lúa. Esta era unha forma de adaptar a vida ás diferentes épocas do ano (magosto, pascua…) que sempre estiveron acompañadas de melodías.

Desde o luns 11 ata o luns 18 de maio vaise desenvolver a Semana cultural das Letras Galegas que organizamos desde o ENDL.

O novo goberno anunciou que vai dar vía libre para que os estudantes escollan a lingua que queren empregar nas clases. Isto sen deixar claro se antes mudará ou non o Decreto 124/2007 que regula o uso do galego no ensino.

2289 Artigos |   | 1  |   | 259  | 260  | 261  | 262  | 263  | 264  | 265  | 266  | 267  | 268  | 269  |   | 287  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.