O noso profesor, X.M. Lobato, profe de matemáticas, e compañeiro colaborador do ENDL escribiu -como xa sabedes- Retorno a natura, cuxas ilustracións foron realizadas polo tamén colaborador do ENDL e profe de plástica: Alfonso Martínez.
Preséntase hoxe en Rianxo.
O presidente da confederación de ANPAs de centros de ensino privado e concertado fixo unhas declaracións onde saíron a relucir moitos dos seus prexuízos cara á lingua. Contestáronlle varios científicos galegos. Miguel Anxo Fernán Vello publicou un interesantísimo artigo de opinión ó respecto que consideramos que todos e todas debedes ler, por iso o reproducimos aquí.
Uma introdução à Filosofia da Saudade do Ramón Piñeiro
Cada ano utilÃzanse 22 millóns de toneladas de aluminio, das que se recuperan e reciclan algo menos do 20%. O principal uso que se fai hoxe en dÃa deste metal é nos botes de bebidas. Trátase dos envases con maior porcentaxe de reciclado de todo o mundo desenvolvido: cumpren todos os requisitos de reciclabilidade, xa que o proceso se pode repetir indefinidamente e fabricar novos botes enteiramente de material reciclado.
Acábase de publicar O ciclo do ano, un de cuxos coautores é Xosé Francisco Noia Souto, un antigo compañeiro do noso centro.
A asociación A Regionalista acolle un colectivo de persoas que desde o ano 1992 se vén preocupando polo carácter e a idiosincrasia do noso pobo. Dende hai máis de 15 anos percorre o territorio do país indo máis aló do que son as fronteiras administrativas galegas, pois entende que a cultura non sabe de lindes senón de persoas.
O traballo recollido nas súas páxinas pretende ser un pequeno tributo a toda a xente anóma que fai posible – a través do recordo – a identificación de Galiza coma pobo, é dicir, cunha cultura ancestral propia.
Esta achega amosa o devir dos anos dedicados a recoller todo tipo de manifestacións culturais de raíz galega coma bailes, música, traxes, instrumentos, cantigas… xunto a isto pretende dar a coñecer costumes propios do noso pobo – ás veces do máis curioso como o tocar dos trebóns en Vilariños de Conso para avisar da chegada do recadados de impostos – , curiosidades que moitos descoñecen e que non é desexable que esmorezan no maxín duns poucos ou no caixón dalgún escritorio.
Inténtase que o lector participe – a través das súas páxinas – da experiencia vivida no seu día e se decate da riqueza do patrimonio inmaterial da nosa terra que está a desaparecer. En sete episodios percórrense as catro provincias galegas destacando en cada unha delas vivencias de carácter etnográfico que xiran en torno ao ciclo do ano.
A nosa cultura está marcada por celebracións – moitas veces de orixe pagá – que marcaban o transcorrer anual en tempos pasados. No estudo escóllense – nun traballo que podería ser inabarcable de non poñer limitacións – momentos claves do ano no quefacer diario dos nosos ancestros, desde decembro coas vivencias de Nadal, pasando polo Entroido, a Semana Santa, os Maios, as Añas (ciclo de millo), a Seitura e finalmente a Tasca do liño no inverno. Unha viaxe circular que comeza e remata nos meses inverníos.
As tres persoas que realizan este proxecto desexan que os acompañemos de “recollida”, termo empregado para viaxes e traballos como os que nesta obra presentan, polos setes episodios que pretenden dar conta dunha pequena mostra do que foi a vida do noso pobo, e da que desafortunadamente cada vez hai menos rastro.
Mateo Romero Ordoñez de 2º de ESO grupo C e Julia Gil Ordoñez de 3º de ESO grupo B, gañadores do concurso de relato oral.
“Somentes se conserva
o que se ama;
só se ama o que se coñece;
Só se coñece co que se aprende
e só se comprende
o que nos ensinan”
Baba Dioum (Senegal)