Imaxe de cabeceira

      Contan que certo día andaba un veciño arando coas vacas no lugar das das Traves cando observou que  un dos animais se afundía e que mesmo o tragaba o terra. E que ao cabo,  houbo que sacar a vaca daquel buraco. E din que a curiosidade picou aos chairegos de Vilalonga e que andaron un cacho polo furado que descubriu a vaca, mais que pillaron medo e que fuxiron.

           

     De feito, aquel buraco daba a unha canle pola que aseguran que baixaban os mouros e os fenicios buscar auga. E sábese que desde a Fonte de  Arriba de Viladonga parte unha calzada moi ben empedrada, e que  a fonte mesma se remonta a tan remota época.

           

      O caso foi que a furada acabou tapándose, mais aínda se nota, e que é coma o túnel do tren. E saben os labregos de por alí, que cando as agras estaban a centeo había  tiras nas que non medraba o froito debido aos pasadizos que percorrían o chan.

 

        Nas Trabes, máis concretamente na leira de Ramón de Palmeiro, todo o mundo sabe que existe unha boca pola que os mouros levaban beber aos cabalos.

       

       E que entrando na Eira Grande do castro, á man dereita había un pozo con catorce pasos moi ben feitos, coma os dunha casa, e por eles botaban os nenos pedras a rolar, e seica se escoitaban retumbar dentro do burato. E aos rapaces dáballes medo pasar por alén da luz que entraba na oquedade. E nesa mesma Eira do castro os campesiños máis vellos teñen visto unha vila  coas paredes moi ben feitas de lousas asentadas… e cando esta terra estaba a cultivo tamén atoparon tellas, laxes e rodas de muíño… e contan que esa vila antiga foi Viladonga.

    

    E ao pasaren os pastores coas ovellas, víanse as chozas dos mouros, redondas e cadradas, e delas sacáronse as laxes para facer as casas e valados do Couto de Viladonga e Ansemar.

 

      Tamén contan que o Outeiro do Castro de Viladonga está oco por dentro e que na súa cavidade vive unha  galiña cos seus pitos de ouro, e que ás veces se escoita cacarexar a galiña e piar os pitos. E afirman que debaixo do Castro hai unha mina de ouro e que se entra a ela polo burato do camiño que leva á Eira Grande do Castro, e que  nunha ocasión Pepe de Palmeiro estaba arando na terra e viu que quedaba enganchada na súa grade un semicírculo de ouro como unha coroa, e que outro día unha vaca de Viladonga meteu os cornos por un furado dun valado e sacou con eles unha argola de ouro coma un colar, e que a vaca botou a correr… e que finalmente a colleron e fixéronse coa argola, e que foi unha gran ben para a casa.

 

       Un veciño de Couto de A relata que atopou entre as laxes dun valado un tubo de ouro que vendeu a un anticuario, e que no lugar das Trabes se atopou como un embozo dunha vaca cunha especie de rede, e din que  tamén era de ouro, e que na leira de Ramón de Palmeiro hai xa moitos anos que apareceran cachos de ouro, e que un veciño da casa de Rodao atopara unha grade de outro hai moito tempo e que coa súa venda lle veu de repente unha grande riqueza.

 

       En fin, aseguran os máis vellos que algúns paisanos do Castro de Viladonda  se fixeron ricos por conta do castro e do outro que alí deixaran os mouros, os seus lexítimos moradores.

Vicente Feijoo, visitou o noso IES para falarnos dos seus traballos sobre a toponimia de Galicia e a litonimia.

O noso profesor, X.M. Lobato, profe de matemáticas, e compañeiro colaborador do ENDL escribiu -como xa sabedes- Retorno a natura, cuxas ilustracións foron realizadas polo tamén colaborador do ENDL e profe de plástica: Alfonso Martínez.

Preséntase hoxe en Rianxo.

O presidente da confederación de ANPAs de centros de ensino privado e concertado fixo unhas declaracións onde saíron a relucir moitos dos seus prexuízos cara á lingua. Contestáronlle varios científicos galegos. Miguel Anxo Fernán Vello publicou un interesantísimo artigo de opinión ó respecto que consideramos que todos e todas debedes ler, por iso o reproducimos aquí.

Uma introdução à Filosofia da Saudade do Ramón Piñeiro

Cada ano utilízanse 22 millóns de toneladas de aluminio, das que se recuperan e reciclan algo menos do 20%. O principal uso que se fai hoxe en día deste metal é nos botes de bebidas. Trátase dos envases con maior porcentaxe de reciclado de todo o mundo desenvolvido: cumpren todos os requisitos de reciclabilidade, xa que o proceso se pode repetir indefinidamente e fabricar novos botes enteiramente de material reciclado.

Acábase de publicar O ciclo do ano, un de cuxos coautores é Xosé Francisco Noia Souto, un antigo compañeiro do noso centro.

 

A asociación A Regionalista acolle un colectivo de persoas que desde o ano 1992 se vén preocupando polo carácter e a idiosincrasia do noso pobo. Dende hai máis de 15 anos percorre o territorio do país indo máis aló do que son as fronteiras administrativas galegas, pois entende que a cultura non sabe de lindes senón de persoas.

O traballo recollido nas súas páxinas pretende ser un pequeno tributo a toda a xente anóma que fai posible – a través do recordo – a identificación de Galiza coma pobo, é dicir, cunha cultura ancestral propia.

Esta achega amosa o devir dos anos dedicados a recoller todo tipo de manifestacións culturais de raíz galega coma bailes, música, traxes, instrumentos, cantigas… xunto a isto pretende dar a coñecer costumes propios do noso pobo – ás veces do máis curioso como o tocar dos trebóns en Vilariños de Conso para avisar da chegada do recadados de impostos – , curiosidades que moitos  descoñecen e que non é desexable que esmorezan no maxín duns poucos ou no caixón dalgún escritorio.

Inténtase que o lector participe – a través das súas páxinas – da experiencia vivida no seu día e se decate da riqueza do patrimonio inmaterial da nosa terra que está a desaparecer. En sete episodios percórrense as catro provincias galegas destacando en cada unha delas vivencias de carácter etnográfico que xiran en torno ao ciclo do ano.

 

 A nosa cultura está marcada por celebracións – moitas veces de orixe pagá – que marcaban o transcorrer anual en tempos pasados. No estudo escóllense – nun traballo que podería ser inabarcable de non poñer limitacións – momentos claves do ano no quefacer diario dos nosos ancestros, desde decembro coas vivencias de Nadal, pasando polo Entroido, a Semana Santa, os Maios, as Añas (ciclo de millo), a Seitura e finalmente a Tasca do liño no inverno. Unha viaxe circular que comeza e remata nos meses inverníos.

As tres persoas que realizan este proxecto desexan que os acompañemos de “recollida”, termo empregado para viaxes e traballos como os que nesta obra presentan, polos setes episodios que pretenden dar conta dunha pequena mostra do que foi a vida do noso pobo, e da que desafortunadamente cada vez hai menos rastro.

 

2283 Artigos |   | 1  |   | 256  | 257  | 258  | 259  | 260  | 261  | 262  | 263  | 264  | 265  | 266  |   | 286  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.