Os membros da CGENDL, docentes que traballamos nos colexios e institutos no día a día e que, polo tanto, coñecemos a realidade dos centros e a súa situación lingüística, vemos con moita preocupación o problema xerado nos últimos tempos arredor da presenza das linguas no ensino, que derivou nunha confrontación aberta arredor dun ben común que nos tiña que unir, a lingua galega.
Serafín Marcos fixo unha actuación que non deixou indiferente a ninguen
Fomos ao salón de actos,onde nos tocaron dúas pezas musicais, moi bonitas e harmoniosas, e nos leron un texto acerca da paisaxe e dos autores que tiñamos en común.
Contan que certo día andaba un veciño arando coas vacas no lugar das das Traves cando observou que un dos animais se afundía e que mesmo o tragaba o terra. E que ao cabo, houbo que sacar a vaca daquel buraco. E din que a curiosidade picou aos chairegos de Vilalonga e que andaron un cacho polo furado que descubriu a vaca, mais que pillaron medo e que fuxiron.
De feito, aquel buraco daba a unha canle pola que aseguran que baixaban os mouros e os fenicios buscar auga. E sábese que desde a Fonte de Arriba de Viladonga parte unha calzada moi ben empedrada, e que a fonte mesma se remonta a tan remota época.
O caso foi que a furada acabou tapándose, mais aínda se nota, e que é coma o túnel do tren. E saben os labregos de por alí, que cando as agras estaban a centeo había tiras nas que non medraba o froito debido aos pasadizos que percorrían o chan.
E que entrando na Eira Grande do castro, á man dereita había un pozo con catorce pasos moi ben feitos, coma os dunha casa, e por eles botaban os nenos pedras a rolar, e seica se escoitaban retumbar dentro do burato. E aos rapaces dáballes medo pasar por alén da luz que entraba na oquedade. E nesa mesma Eira do castro os campesiños máis vellos teñen visto unha vila coas paredes moi ben feitas de lousas asentadas… e cando esta terra estaba a cultivo tamén atoparon tellas, laxes e rodas de muíño… e contan que esa vila antiga foi Viladonga.
E ao pasaren os pastores coas ovellas, víanse as chozas dos mouros, redondas e cadradas, e delas sacáronse as laxes para facer as casas e valados do Couto de Viladonga e Ansemar.
Tamén contan que o Outeiro do Castro de Viladonga está oco por dentro e que na súa cavidade vive unha galiña cos seus pitos de ouro, e que ás veces se escoita cacarexar a galiña e piar os pitos. E afirman que debaixo do Castro hai unha mina de ouro e que se entra a ela polo burato do camiño que leva á Eira Grande do Castro, e que nunha ocasión Pepe de Palmeiro estaba arando na terra e viu que quedaba enganchada na súa grade un semicírculo de ouro como unha coroa, e que outro día unha vaca de Viladonga meteu os cornos por un furado dun valado e sacou con eles unha argola de ouro coma un colar, e que a vaca botou a correr… e que finalmente a colleron e fixéronse coa argola, e que foi unha gran ben para a casa.
Un veciño de Couto de A relata que atopou entre as laxes dun valado un tubo de ouro que vendeu a un anticuario, e que no lugar das Trabes se atopou como un embozo dunha vaca cunha especie de rede, e din que tamén era de ouro, e que na leira de Ramón de Palmeiro hai xa moitos anos que apareceran cachos de ouro, e que un veciño da casa de Rodao atopara unha grade de outro hai moito tempo e que coa súa venda lle veu de repente unha grande riqueza.
En fin, aseguran os máis vellos que algúns paisanos do Castro de Viladonda se fixeron ricos por conta do castro e do outro que alí deixaran os mouros, os seus lexítimos moradores.
Vicente Feijoo, visitou o noso IES para falarnos dos seus traballos sobre a toponimia de Galicia e a litonimia.