Imaxe de cabeceira

 

Eu são a Sara, uma aluna de língua Portuguesa. Esta é uma biografia sobre o jogador do Real Madrid Cristiano Ronaldo, melhor jogador do mundo, que como é portugués, fago ja nesta lingua. 

Nasceu na freguesia de Santo António Funchal, Ilha da Madeira. É o filho mais novo de Maria Dolores dos Santos Aveiro e José Dinis Aveiro, tem um irmão mais velho: Hugo, e duas irmãs mais velhas: Elma e Cátia Liliana.

O bretón

 

Na actualidade fálase na Bretaña francesa baixo a forma de varios dialectos; case todos os  seus falantes son ademais francófonos. Apareceu entre os séculos IV e VI cando os galeses e os córnicos emigraron a outras terras para escapar das invasións doutros pobos. Distínguese do galés e do córnico ou lingua de Cornualles  polas súas  nasalizacións e os seus préstamos que proveñen do francés. O período de maior esplendor corresponde á metade do século XVII cando se escribiron varias gramáticas e xurdiu un gran conxunto de obras narrativas, teatro, lendas e baladas. Durante a década de 1950 estudouse moito. Hai dez anos estimábase cerca dun millón o número de falantes desta lingua, aínda que agora se cre que só existen a metade deles.

San Cibrao, no concello de Cervo ten un Museo especial. É único, cunha exposición ampla e de gran diversidade, tamén organiza unha densa programación de actividades, para dar a coñecer fundamentalmente a vinculación histórica do pobo galego e o mar.
No entanto, o que fai diferente a este Museo, é que nace dunha fermosa historia.
Don Francisco Rivera Casas, mestre de San Cibrao, comezou hai corenta anos, coa colaboración dos seus alumnos a recoller todo aquilo que o mar lle entregaba e consideraba relevante.
No pasado mes de outubro, o legado deste mestre celebra aniversario, catro décadas nas que a súa obra foi recoñecida e visitada por numerosas persoas.

John Joseph Vesely formou Secondhand Serenade na súa vila natal Menlo Park en California, EUA, no 2004. É un guitarrista solista que fai rock acústico.

Vesely comezou a escribir cancións cando coñeceu a súa actual muller Candince Vesely. Ela quería que el lle tocase, e colleu a guitarra acústica, aí foi cando atopou o seu destino.

O nome de Secondhand Serenade é unha referencia á maneira en que as súas cancións son serenatas á súa muller, coa que ten dous fillos pequenos.

Lanzou 2 álbums, o 1º Awake no 2005 e A Twist in my Story no 2008. No 2º disco utilizou unha banda completa para facer un son máis traballado. O lanzamento do seu segundo álbum foi o 5 de febreiro do 2008, e contiña cancións do seu antigo álbum awake, pero producidas con banda sonora en vivo. O seu primeiro single foi “Fall for You” que fai referencia ao divorcio da súa muller Candice no 2008

John Vesely está traballando no seu novo álbum, que se lanzará entre xaneiro e febreiro.

Podedes probar a escoitar… http://www.youtube.com/watch?v=gvyqVxCTp7o

Espero que vos gustase a presentación. Probade a escoitalo!!

Os argumentos dos que queren que o galego siga minorizado e desapareza apóianse en mentiras coma a da imposición.

Comezamos un repaso polas ordes realmente impositivas que sufrimos e a partir da información, valorade vós mesmos

O noso compañeiro, X.M. Lobato, profe de matemáticas, escribiu un artigo para o diario Galicia Hoxe, publicado na sección Lucerna da Portela, baixo o título Senlleiro ollo de vidro .

Fala da manifestación do domingo pasado, de cómo el a esculcou co seu ollo, que non é de vidro. Fala do noso Castelao e fainos reflexionar.

Pedímoslle permiso para colgalo na nosa revista e que así o poidades ler máis facilmente.

2281 Artigos |   | 1  |   | 252  | 253  | 254  | 255  | 256  | 257  | 258  | 259  | 260  | 261  | 262  |   | 286  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.