Imaxe de cabeceira

No blog da biblioteca do IES Nosa Señora dos ollos grandes de Lugo, colgaron esta presentación sobre o novo decreto que nos parece moi interesante. Por iso vola reproducimos aquí.

MARIA LOSADA MIGUÉNS 2ºc

O mércores 13 de xaneiro, fomos 2ºC e dúas clases máis de primeiro a ver unha obra en inglés: “Fair play”.

Saímos do I.E.S despois da segunda hora, fomos en autobús a Santiago. No traxecto pasámolo ben aínda que houbo as típicas queixas referentes ao lugar no que nos sentábamos.

Chegamos á alameda e tivemos que camiñar un pouco pola zona vella ata o Teatro Principal. Acomodáronnos en grupos de cinco nos palcos que había arredor do patio de butacas. Pero mentres que chegaban outros colexios e se colocaban no seu sitio pasou polo menos media hora e, por fin comezou o teatro:

 Trataba de un grupo de amigos ( dúas animadoras e dous xogadores de fútbol americano). As rapazas cansas de que o seu equipo non gañase ningún partido retaron aos chicos a intercambiar os papeis.Por tanto a obra contaba o que facían os rapaces para prepararse, cada un na súa nova faceta.

Cando rematou xuntámonos todos á saída e despois duns minutos fomos a coller o autobús para volver. Pero tivemos que esperar bastante para que chegara.

Houbo a quen lle gustou a representación e a quen non pero creo que a todos nos pareceu ben pasar un día distinto cos compañeiros.

Neste artigo queremos comentar en que consiste o balonman. Imos nomear as características principais deste xogo

Preséntovos aquí unha pequena historia do volveibol

Por terceiro ano consecutivo o ENDL do IES “Félix Muriel” de Rianxo consigue un recoñecemento ao seu traballo co premio de Innovación en Normalización Lingüística

 

Os sete centros galardoados deste ano foron o CEIP Aguiño, de Ribeira, por Mar de mulleres asolagadas; o CEIP A Gándara, de Carballo, co proxecto Mergullados nos mares da palabra; o CEIP A Pedra, de Bueu, polo traballo Galegos e galegas de aquí e acolá; o CEIP Bergantiños, de Carballo, que se presentaron con Casas de aquí e acolá; o CEIP Quintela, de Moaña, por En galego pola rede; o IES Menéndez Pidal, da Coruña, polo proxecto A aldea global: Galicia é máis Galicia cando é todos os mundos; e finalmente, o IES Sardiñeira, tamén da Coruña, premiado por LinguaTIC@s.

Debido á calidade e á cantidade de proxectos presentados este ano, concedéronse un total de catro accésits. Estes recoñecementos foron para o IES Félix Muriel, de Rianxo, polo traballo Abrindo portas en galego; para o IES Perdouro, de Burela, que presentou o proxecto Dinamización Lingüística de Burela; para o IES Rodeira, de Cangas, que fixo Vivir en galego. Queremos. Podemos; e mais para o IES Porto do Son, de Porto do Son, polo traballo 2010. Vinte dez.

Anxo Lorenzo, secretario xeral de Política Lingüística, e José Luis Mira, director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, destacaron tanto a calidade dos proxectos deste ano coma o número de traballos presentados, un total de 68, o que supuxo un aumento do 340% respecto da media dos anos anteriores, situada en 20 proxectos.

Lorenzo salientou "os contidos que o xurado considerou especialmente interesantes", que foron a introdución do audiovisual nas aulas, o achegamento ás novas tecnoloxías, a aproximación á lingua galega en todas as manifestacións posibles e a posta en valor do multilingüismo. Así mesmo, o responsable de Política Lingüística recordou que os proxectos para fomentar a lingua galega, que parten principalmente dos equipos de normalización e dinamización lingüística, constitúen "actividades que teñen que ver con toda a comunidade educativa".

Pola súa parte, José Luis Mira puxo en valor o traballo dos centros educativos e destacou "a necesidade de mellorar a competencia lingüística dos alumnos, que debe implicar a todo o profesorado, axente clave deste proceso e peza angular do proceso educativo".

            Ola compañeiras e compañeiros!

             http://www.redeiras.blogspot.com/

           Invítovos a participar neste proxecto entre centros que comenzamos timidamente o curso pasado dende o Endl de Aguiño e ò que este ano xa se sumaron moitos centros. é un poemario experimental onde cada centro (a nivel de titoria, a nivel de ciclo, dende o endl…) fai un poema e o colga neste blogue, ou se ten dificultades o envia o meu correo e eu llo colgo. a temática dos poemas é totalmente libre.non hai presa asi que podedes enviar cando o desexedes os poemas.

 

 

 

O 17 de novembro fomos ao teatro a Santiago de Compostela a ver unha obra de teatro en inglés titulada “Pygmalion”, que trataba sobre como unha vendedora de flores se converteu nunha estrela, grazas a unha aposta duns profesores de canto. Tanto as semanas anteriores como as semanas posteriores á representación fixemos diversas actividades sobre esta– escoitamos cancións, relacionamos adxectivos, completamos conversas, escenas e cancións, e outras moitas cousas máis—todo co fin de podermos entender mellor o texto da representación. En xeral a obra estivo ben e esperamos facer máis saídas.

          

 

        A Coordinadora de Equipos de Normalización Lingüística do Barbanza, constituída hai tres cursos e formada por representantes de centros de ensino de todo tipo, deu a coñecer onte vos nomes dás entidades que se fixeron acredoras da segunda edición dous Premios Anticiclón e Borrasca, que son, respectivamente, un estímulo e un tirón de orellas para empresas e institucións de todo tipo afincadas na comarca en función do uso que fan do galego. Nesta ocasión, centrada non eido do comercio, ou Centro Comercial Aberto O Deán fíxose co galardón ao apoio e uso normalizado do idioma autóctono, mentres que ou Borrasca foi para ou supermercado Haley.

2281 Artigos |   | 1  |   | 249  | 250  | 251  | 252  | 253  | 254  | 255  | 256  | 257  | 258  | 259  |   | 286  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.