Imaxe de cabeceira

O pasado luns día 19 realizamos un intercambio co IES de Rodeira en Cangas.

En Cangas fixemos varias actividades todas elas divertidas. Primeiro uns xogos na praia que hai detrás do seu instituto cos cales comezamos a coñecer a os rapaces/as e facer grupos para visitar Cangas. Logo de visitar esa vila tan bonita collemos un autobús para visitar en primeiro lugar o cruceiro de Hio e logo fomos ata Cabo Home no que había unhas grandes vistas das illas Cíes e por último despois de unha camiñata e da comida pasamos unha gran tarde na praia de Melide. Foi unha experiencia moi divertida. Un día especial!

Unha noite de encontro e festa arredor da nosa música e baile tradicional no que non faltarán alimentos para repoñer as forzas dos bailadores e bailadoras. Senón hai novidade poderase celebrar ao aire libre, no Campo, a rentes do Concello. Sen embargo está reservada a lonxa (grazas Confraría de Pescadores) por se chove.

Entre outros grupos de gaitas e pandeireteiras asistirán:

· A requinta da Laxeira

· Gaiteiros de Liñares

· Os campantes da Baña

· Novas amistades de Nespereira

· As Anduriñas de Pazos de Borbén

· O Lecer de Pazos de Borbén

· Pandeireteiras de Santa Bárbara de Toutón

· Pandeireteiras de A Ermida

· Pandeireteiras de San Vicente de Oitavén

· As Dignas do Querer de Laxoso (Pontecaldelas)

· Pandeireteiras de Regodobargo.

Entre outros.

A charla dada o día nove deste mes con motivo da semana cultural tratou sobre o dereito, explicóusenos diversas cousas sobre as normas ao meu parecer moi interesantes porque é algo que usamos a cotío e nos axuda. A forma de expoñer non estivo nada mal, desta o que máis me gustou foi a presenza de diapositivas, as cales contiñan numerosas fotografías, tamén estivo ben o vocabulario usado, acorde co dos alumnos de 3º de ESO, o cal é un punto ao seu favor porque permite unha maior comprensión e fai que sexa máis levadeira, outro factor importante foi o ton do narrador, sempre constante e moderado coas pausas pertinentes.

Como estaba programado polo proxecto Comenius os nosos compañeiros e alumnos de 3º de ESO: Adriana, Amaro e Adrián acompañados dos profesores: Rosa e Xavier marcharon para Polonia o día 12 e permaneceran alí ate o 18, na cidade de Korzcyna.

Enviáronos unhas fotos dende alí que colgaremos debaixo do artigo. Non temos moitas noticias deles pero o que sabemos seguro é que están disfrutando moitísimo, coñecendo as costumes dos Polacos e praticando inglés. Ademais levaban previsto visitar as cidades polacas de Krosno e Cracovia e mais Bardejov en Eslovaquia. Cando volvan e nos conten as súas experiencias aquí escribiremos algunhas delas.

O venres, 9 de abril de 2010, ás 12,30h. comezou a charla de Socorro Castro, profesora de Química Inorgánica da Universidade da Coruña que falou de motores de hidróxeno. Explicou como se discurriron os primeiros motores e como foi durante os últimos anos o seu uso experimental. Tamén nos trouxo un coche de xoguete para que vísemos como funcionaba un coche cun motor de hidróxeno.

O día martes 13 as 12:30 acudimos a unha charla que trataba das linguas globais e déunola José Manuel Vez, que é catedrático de Universidade en Lingüística Aplicada e Didáctica das Linguas Estranxeiras.

Comezounos falando de que morren moitas linguas, e estas non se perden porque non se saiba senón porque non se usan, linguas como o galego que conviven con dúas linguas – elefantes como o inglés e o español.
“Cantas máis  linguas falamos, máis humanos nos sentimos.”

En Europa falanse entre 60 e 70 linguas, con tan só 23 oficiais máis as rexionais e as minoritarias, entre elas o galego.

Este martes 13 de abril fomos a unha charla na que había tres representantes da empresa Caramuxo para falarnos da súa iniciativa empresarial.

2277 Artigos |   | 1  |   | 242  | 243  | 244  | 245  | 246  | 247  | 248  | 249  | 250  | 251  | 252  |   | 285  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.