Imaxe de cabeceira

PREMIO ALTOFALANTE Á CGENDL

O noso IES forma parte desde a súa fundación en 2009 da Coordinadora Galega de ENDL, entidade que agrupa a Equipos de Normalización Lingüística e a profesorado  dos centros de ensino de toda Galicia, coa finalidade de realizar actividades conxuntas que teñan como obxectivo buscar a normalización e revitalización da lingua galega..






Un impacto na superficie luar provocado por un cohete da NASA en outubro do ano pasado, revelou que, baixo a superficie do Cráter Cabelus, hai un 5,6% de auga xeada e tamén outras substancias como: hidróxeno, monóxido de carbono, amoníaco, mercurio, magnesio,sodio e ata preciado ouro e prata!

Este ano  o gañador do Premio Fonseca é: Sir David Attenborough.

O británico Sir David Attenborough (Reino Unido, 1926), é posiblemente o naturalista e divulgador máis coñecido do mundo, cunha carreira que abrangue case 5 décadas, tralas cales se pode afirmar que é a cara e a voz máis respectada dos programas sobre natureza e historia natural (unha proba disto é que, por exemplo, hai 4 especies de animais e plantas que incorporan o seu nome: o dinosauro Attenborosaurus conybeari, o peixe fósil Materpiscis attenboroughi, o equidna Zaglossus attenboroughi e a planta filipina Nepenthes attenboroughii).

O Premio Nobel de Química 2010 foi designado aos científicos Richard F. Heck (EE.UU.), Ei-ichi Negishi (Xapón), e Akira Suzuki (Xapón), polodesenvolvemento da catálisis por medio do paladio de unións cruzadas nas síntesis orgánicas, unha importante ferramenta para a química orgánica actual. As aplicacións desta ferramenta alcada numerosos campos de acción para a química, como a medicina, a electrónica, e a tecnoloxía. Aumenta a posibilidade dos científicos para crear sofisticados produtos químicos como, por exemplo, a elaboración de moléculas baseadas en carbono tan complexas como as mesmas que se encontran na natureza. A química orgánica aplicada estuda a forma de crear compostos baseados en carbono, como os plásticos e os medicamentos. Para logralo, os químicos teñen que ser capaces de unir os átomos de carbono para formar moléculas funcionais. Sen embargo, o carbono é un elemento estable, que non reacciona facilmente con outros. Por isto, os primeiros métodos para forzar ao carbono a unirse estaban baseados en facelo máis reactivo a través de substancias. Ese tipo de solucións funcionaban cando se trataba de crear moléculas simples, pero ao sintetizar outras máis complexas o método fallaba. A unión cruzada catalizada a través do paladio resolve ese problema e deulles aos químicos unha nova ferramenta para traballar, máis eficiente. Nas reaccións producidas por Heck, Negishi, e Suzuki, os átomos de carbono se encontran con átomos do paladio (rico en electróns e, polo tanto, un “imán” para o carbono) provocando unha rápida reacción química (é dicir, unha catálisis). Actualmente, a catálisis por medio do paladio de unións cruzadas de sínteses orgánicas é utilizada nas investigacións de todo o mundo, na elaboración de importantes medicamentos para combater o cancro os poderosos virus, ou tamén na produción comercial de, por exemplo, produtos farmacéuticos e moléculas utilizadas na industria electrónica. Ningún dos tres científicos traballou conxuntamente, pero os seus traballos experimentais por separado lograron o desenvolvemento desta importante ferramenta química e a posibilidade de utilizala na actualidade. Heck, nacido en 1931 en Springfield (EEUU), doctorouse en 1954 pola Universidade dos Anxeles, California, e é profesor emérito da Universidade de Delaware, en Nova York. O Xaponés Negishi naceu en 1935 en Changchun (actualmente, China) e se doctorou en 1963 na Universidade de Pensilvania para exercer posteriormente na Purdue University (West Lafayette, EEUU). Suzuki, nacido en Xapón en 1930, doctorouse en 1959 pola Universidade de Hokkaido da que é actualmente profesor. Os tres compartirán o Premio Nobel 2010 outorgado pola A Real Academia de Ciencias Sueca, un premio de cerca de 1 millón de euros que se lles outorgará nunha pomposa cerimonia dirixida polo Rei de Suecia o 10 de decembro, día no que se recorda a morte de Alfred Nobel.

 A adorable táboa periódica dos elementos ensánchase e ocupa máis volume tras a publicación do traballo de Yuri Oganessian do Joint Institute for Nuclear Research (JINR) en Dubna, Rusia, no que o investigador e o seu equipo en colaboración co Oak Ridge National Laboratory de Estados Unidos descubriron o elemento 117 da táboa periódica. Os físicos fixeron chocar o isótopo calcio 48, isótopo con 20 protones e 28 neutróns, co  berkelio 249, isótopo con 97 protóns e 152 neutróns. A colisión deu lugar á fisión de tres ou catro neutróns que crearon dous isótopos diferentes dun elemento con 117 protóns. Sen nome oficial aínda, coñécese  como o elemento 117, e é noticia.Oganessian e o seu equipo lograron apreciar breves aparicións do elemento 117 en dúas roldas de colisión que duraron 70 días cada unha. Na investigación, que se publica en Physical Review Letters, os científicos dan conta da observación do 117 con vida de duración media duns 78 milisegundos. Este elemento entra na categoría de elementos superpesados, e cabe dentro dos elementos 116 e 118, que xa foron descubertos. Estes elementos non ocorren naturalmente e tenden a aparecer moi fugazmente só en laboratorio, ao ser extremadamente radioactivos e desaparecer case ao instante.

Hoxe 4 de novembro as galegas e os galegos  temos unha cita coa Ciencia en galego,  este día permitirá unha achega, educativa e social a aquelas persoas que dedicaron a súa vida ao desenvolvemento e avance da sociedade desde a súa entrega e achegas á evolución do coñecemento científico.
Esta iniciativa  guiaranos polo perfil do astrónomo e matemático galego Ramón María Aller Ulloa (1878-1966), do físico escocés James Clerk Maxwell (1831-1879) e máis de Afonso X O Sabio (1221-1284), un dos maiores poetas galegos de todos os tempos e un dos científicos universais pola súa contribución ao progreso da ciencia europea.

SE A XENTE TE CRITICA

If People Disapprove Of You.

2281 Artigos |   | 1  |   | 235  | 236  | 237  | 238  | 239  | 240  | 241  | 242  | 243  | 244  | 245  |   | 286  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.