Imaxe de cabeceira

O xoves día 20 de Xaneiro produciuse unha saída a Santiago para asistir a un concerto e unha exposición de fotografía chamada “Korda. Coñecido, descoñecido”.
A audición comezou ás 11:00 onde se interpretaron temas compostos por Johann Sebastián Bach durante varios anos da súa vida. O director do concerto comezaba cada obra explicando o que se ía a tocar e as características da peza, o que se demostraba logo cando os músicos comezaban a tocar.
O concerto durou aproximadamente unha hora na que se tocaron varias pezas con distintos instrumentos.
A exposición de fotografía recollía unha pequena parte de toda a recompilación de fotografías da vida de Korda, que é coñecido pola famosa foto do Che Guevara. Había fotografías, tanto da etapa na que fotografaba no seu estudio nun piso de Cuba, como daquela na que se introduciu nas expedicións de Fidel Castro fotografando a pobreza do pobo e o poder do xefe Fidel.

Ola Clara

Eu son Óscar e teño 12 anos , son do colexio IES Félix Muriel.

Teño un can, dous gatos e algún que outro paxaro .

Vou a música e toco a trompeta .

A ti gústache a música?

Ola! ,son Martin Rodríguez, teño dezaseis anos e estudo 3ª da ESO.

Encántame andar no ordenador e tamén facer deportes, o meu preferido é o piragüismo que o practico casi toda a semana.

Son algo alto e non me considero moi gordo. Non bebo, non fumo, aínda que antes o facía; deixeino hai un ano e estou moi orgulloso de ter deixado iso.Aínda que me ofrezan, dubido moito que volva porque llo prometera a unha gran amiga e nunca volverei.

Ola chámome Alex e son un rapaz de 12 anos e en outubro cumpro 13.

Son algo baixo, pelo negro, e ollos marróns.

Gústame xogar ao fútbol, ao tenis, pero o que máis me gusta e o deporte que máis fago é o piragüismo.

Eu quero coñerte.¿Ti a min?

      Hai cousa dun mes os alumnos de 4º da E.S.O. e os alumnos de 1º e 2º de Bacharelato, fomos de excursión de inglés ao Teatro Principal de Santiago de Compostela.
     A obra que fomos ver era “Os tres ratos cegos” de Agatha Christie. Tratábase dun fragmentiño titulado “Tempo pra matar”.

     A actividade iniciouse como calquera outra no noso I.E.S.: ás nove e vinte collemos o autobús. Durante o traxecto pasámolo moi ben, e en cuestión de vinte minutos aproximadamente chegamos a Santiago de Compostela. Os profes deixáronnos cousa de trinta e cinco minutos sós ás voltas por Santiago.
      Ás once e media iniciouse o espectáculo; a obra entendíase ben (case á perfección), pois os actores tiñan un inglés moi fácil de comprender.

      A acción desenvólvese nun hotel. Este abre as súas portas ese mesmo día; pero mentres non chegan os hóspedes, a dona prende a radio na que se comeza a emitir “unha obra para radio”que conta o asasinato dunha muller en Londres, e di como vai vestido o asasino. Cando comezan a chegar os hóspedes, a dona fíxase en que todos eles traen as mesmas vestimentas (as vestimentas que anteriormente se dixo na radio que levaba o asasino). No desenvolvemento da obra, chega ao hotel un home que di ser policía de Londres, que lle di á dona que o asasino da muller (da que se falara na radio) estaba escondido entre os hóspedes do hotel.
     O policía vai interrogando aos hóspedes un a un; pero nun momento dado prodúcese un asasinato: unha muller que noutros tempos fora xuíza aparece morta. Despois dun momento de tensión, o policía intenta matar á dona do hotel; pero unha das hóspedes evita que iso aconteza. A explicación, que se coñece ó final, é a seguinte: esta muller era irmá do policía, quen non era quen dicía ser, senón que era un dos rapaces que a xuíza que mataron lle otorgou á muller que fora asasinada en Londres. A dona do hotel fora a profesora dos rapaces, e o rapaz (xa adulto), quixo asasinala por non facer nada en contra dos malos tratos que sufrían .

 

CONCURSO DE CARTAS DE AMOR 2011

QUEN PODE PARTICIPAR?
- Todo o alumnado do IES Félix Muriel
- O profesorado (profes, animádevos!)
- O persoal de servizos

TEMA
Os participantes deberán escribir unha carta de amor, en prosa ou en verso.
Este amor pode ser verdadeiro ou non. Tamén pode ser amor platónico, namoramento, paixón, desamor, celos.
A carta pode estar dirixida a unha persoa do IES Félix Muriel (gústache ese rapaz tan guapo de 2º de Bacharelato, tes un amor secreto en 3ºESO, mólache o conserxe, un profe ou a secretaria?) ou a calquera outro destinatario (a Shakira, a Beyoncé, a Rafa Nadal, a Obama, a Castelao…).
O estilo e contido da carta quedan á elección do/da concursante: poden ser doces e románticas, pero tamén cómicas, irónicas ou satíricas. Tan só deberán excluírse as expresións de mal gusto e os insultos.

LINGUA E EXTENSIÓN
As cartas deberán estar escritas en galego.
A extensión da carta é libre (prégase non superen as 4000 páxinas).

PRAZO E LUGAR DE PRESENTACIÓN
Os sobres botaranse á caixa para a recollida de cartas de amor que se colocará na zona de conserxería. O prazo límite de entrega será ata o XOVES 10 DE FEBREIRO.

PRESENTACIÓN
- As cartas asinaranse cun pseudónimo (non co verdadeiro nome!).
- Entregaranse nun sobre pechado. Na parte de fóra do sobre farase constar o pseudónimo do autor (por exemplo, Amante bandido).
- Dentro do sobre grande introducirase tamén outro sobre máis pequeno (plica), no que figurará, por fóra, o pseudónimo do concursante e dentro os datos auténticos do seu autor: nome, apelidos e grupo ao que pertence.

XURADO E FALLO DO CONCURSO
O xurado estará composto por profesores e por alumnos pertencentes ao Equipo de Normalización Lingüística do IES Félix Muriel.

PREMIOS
- 1º premio: un lote romántico que determinará o xurado.
- Un pequeno agasallo para todos os participantes.

QUERES QUE O TEU ‘AMOR’ RECIBA A CARTA?
- Se queres, entregarémoslle a carta ao seu destinatario.
- Para iso, indica dun xeito claro por fóra do sobre grande:
“Carta para entregar + nome e clase do destinatario”.
- A entrega de cartas de amor realizarase o LUNS 14 DE FEBREIRO, no 1º RECREO (no local de Normalización)

FALLO DO XURADO E ENTREGA DE PREMIOS
Participaches e queres recibir o teu agasallo?
Queres coñecer cal foi a carta gañadora do concurso?
Ven á entrega de premios o VENRES 18 DE FEBREIRO no 2º RECREO no local do EDLG.

(Para dúbidas con respecto ao concurso, pasa polo local do EDNL)

Marcos Iglesias Santos de 1º ESO “C” presenta ao grupo de teatro Airiños e convida a tódolos lectores e lectoras á representación teatral de “Os vellos non deben de namorarse” de Castelao o vindeiro sábado 29 de xaneiro ás 20:00 hs no auditorio municipal de Rianxo.

 

Que é o comercio xusto?
O comercio xusto é una forma alternativa de comercio promovida por varias organizacións non gubernamentais, pola Organización das Nacións Unidas e por movementos sociais e políticos (como o pacifismo e o ecoloxismo) que promoven unha relación comercial voluntaria e xusta entre produtores e consumidores. O comercio xusto tamén se pode describir como un capitalismo compasivo. Os principios que defende o comercio xusto son:
.
  • Rexeitamento á explotación infantil.
  • Igualdade entre homes e mulleres.
  • Trabállase con dignidade respectando os dereitos humanos.
  • O prezo que se paga aos produtores permite condicións de vida dignas.
  • Coidar do medio.
  • Búscase a maneira de evitar intermediarios entre produtores e consumidores.
  • Infórmase aos consumidores acerca da orixe do produto.

Antecedentes
A filosofía do Comercio Xusto é mellor que a axuda dos países centrais aos países en vías de desenvolvemento, consiste no establecemento de relacións comerciais éticas e respectuosas, e promove o crecemento sostible das nacións e dos individuos. Máis que polas entidades oficiais ou estatais, o Comercio Xusto é impulsado e practicado por millóns de persoas solidarias en diversas partes do mundo. Aquí as chamadas “Tendas do Terceiro” cumpren un rol decisivo, a través de voluntarios que nas súas horas libres apoian a venda de produtos como Café de Colombia, Ron de Cuba, Mel de Chiapas, Quinua de Bolivia e Perú, etc.

2281 Artigos |   | 1  |   | 233  | 234  | 235  | 236  | 237  | 238  | 239  | 240  | 241  | 242  | 243  |   | 286  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.