Imaxe de cabeceira

Segue a liga de baloncesto, por agora está moi desputada, pero en breves teredes mais información.

Estas son as vistas coas que nos deleitaron polo camiño á praia

 

Esta e a capela á que lle tiñamos que mirar a data.

Aquí vemos a caracola con vistas ao mar.

Neste pequeno palco é onde algúns dos nosos compañeiros de Cangas dan concertos co grupo de música.

Tres artistas, estudantes de 2º de bacharelato do noso centro, tamén están orgullosos de seren de Rianxo e galegofalantes.

<object width="480" height="385"><param name="movie" value="http://www.youtube.com/v/I8LUWStJ7QA&hl=es_ES&fs=1&rel=0"></param><param name="allowFullScreen" value="true"></param><param name="allowscriptaccess" value="always"></param><embed src="http://www.youtube.com/v/I8LUWStJ7QA&hl=es_ES&fs=1&rel=0" type="application/x-shockwave-flash" allowscriptaccess="always" allowfullscreen="true" width="480" height="385"></embed></object>

 

Como vimos no artigo anterior, viñeron ao noso centro falarnos da lusofonía os profesores da USC.

O MUNDO DA LUSOFONÍA

Os nosos convidados son:

XOSÉ LUÍS RODRIGUEZ. Profesor Catedrático de Filoloxías Galega e Portuguesa.  Doutorouse hai moitos anos con unha tese sobre un trobador galego-portugués (Joam Airas de Santiago) e, talvez por isto, o campo da lingua e da literatura medieval é un dos seus preferidos, con diversas publicacións sobre o asunto.  De aí,

tamén, da dimensión  histórica, outro campo a que dedicou a súa atención: a historia da lingua, nos seus diversos períodos.

 

Finalmente, outra liña de investigación preferente nos seus estudos son as relacións galego-portuguesas, especialmente no campo da lingua, así como a respecto do que se ven a chamar recentemente “lusofonía”. 

Dirixe a Cátedra Unesco de Cultura Luso-Brasileira da USC, que ten organizado ou contribuído a organizar con outras entidades congresos sobre o Brasil, Portugal, a Asociación Internacional de Lusitanistas, etc. Neste momento está a preparar un simposio dedicado aos PALOP (Países Africanos de Lingua Oficial Portuguesa), que deberá ter lugar en Outubro-Novembro do presente ano na USC

 

ULISSES INFANTE. É Profesor Lector de Lingua Portuguesa na USC.  Brasileiro, de Sao Paulo, é Doutor en Letras na área de Literatura Brasileira pela Universidade de Sao Paulo. É autor de diversas obras para o Ensino Medio (como o seu Curso de Literatura de Lingua Portuguesa, ou unha Gramática da Lingua Portuguesa, que conta con varias edicións), así como importantes traballos sobre literatura brasileira. A destacar tamén  a súa vertente para a música, para a música brasileira, en particular, da cal é un recoñecido especialista.

 

BENEVIDES  MAURÍCIO. Profesor Lector de Lingua Portuguesa na USC. Angolano.  Prepara a súa tese de doutoramento na Universidade de Santiago. En Angola é profesor da Universidade Agostiño Neto. Profesor de lingua portuguesa e de literatura. Como é o mais novo dos tres é o que ten aínda unha carreira universitaria mais incipiente.

 

Presentamos uns fragmentos da interesante actuación deste xaponés que nos deu a coñecer o seu país e mais que nos cantou a rianxeira cun instrumento xaponés. Se queredes saber máis sobre a actuación lede as crónicas de Lucía Triñanes e Elísabet Lajos.

A charla que tivemos sobre o integracionismo, é dicir, unha vertente lingüística que apoia que o galego e o portugués son a mesma lingua, foi moi amena debido á abundante participación, pero non se puido chegar a ningún acordo debido ás diversas opinións.

Eu non estou nada dacordo coa persoa que nos deu a charla xa que, a pesar do pasado en común do galego e o portugués agora xa non son a mesma lingua. Ademais, afirmouse que a normativa que temos na escrita non é correcta, pero polo menos temos xa unha escrita, a que tanto necesitamos e que tan tardía tivemos. Tamén se dixo, que os profesores non dicían todo o que tiñan que dicir da historia de Galicia pero, na miña opinión, si que o din xa que, por exemplo, o da orixe dos suevos (que ela puxo de exemplo) aprendémolo na escola.

2159 Artigos |   | 1  |   | 226  | 227  | 228  | 229  | 230  | 231  | 232  | 233  | 234  | 235  | 236  |   | 270  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.