Imaxe de cabeceira

 

 

Os alumnos de Gondomar fixeron unha presentación , donde nos ensinaron un video protagonizado por eles.

 

Xosé Lois o historiador explicounos como localizar unha sitio no mar sen ter que utilizar ningunha das novas tecnoloxías.

O libro MAKINARIA escrito por Carlos Negro, trata sobre temas adolescentes actuais, e as consecuencias que estes poden ter.
O autor en ningún momento di se está ben ou está mal, simplemente plasma o que pode acontecer.

Son poemas que, pola forma na que están escritos, percibimos que o autor intenta trasmitir a sensación do que está contando e especialmente da velocidade.
É un libro moi fácil de ler e moi entretido.

Asistimos a un obadoiro que ten un nome moi interesante: OPS! que quere dicir: O portugués simples. Ao noso IES acudiu a darnos a charla Henrique Martíns. Primeiro esinounos as diferenzas gráficas entre o galego e o portugués con exemplos moi claros, actuais e sinxelos. Tamén nos ensinou a capacidade dos galegos para aprendermos o portugués ante outras persoas que non falan galego,  polo tanto os galegos temos capacidade competitiva respecto doutras linguas románicas. Despois ensinounos as diferenzas fonéticas entre as dúas linguas da Península Ibérica.

Esta presentación fala da revolución dos caraveis en Portugal, un dos feitos máis importantes no país, e que fixo cambiar radicalmente a forma de goberno en Portugal.

   
Con motivo da celebración das Letras Galegas, un ano máis o EDLG, organiza unha Semana cultural na que se pretende homenaxear ao persoeiro escollido pero na que tamén entran outras actividades dinamizadoras da lingua.
O programa deste ano é o seguinte:
Luns 9, ás 12,30: Ateliê de portugués, impartido por Valentim Fagim no que vai amosar as posibilidades que temos co galego para comunicarnos fóra das nosas fronteiras a través do portugués. (4º ESO)
Martes 10, ás 10,30: Charla con Carlos Negro sobre a súa obra Makinaria (4º ESO).
Mércores 11, ás 12,30 e ás 13,20, vanse desenvolver dous obradoiros consecutivos para o alumnado de 1º de bacharelato para traballar prexuízos lingüísticos. (1º BAC)
Xoves, 12, ás 11,20 e ás 12,30, o actor noiés, Serafín Marcos, representará o seu espectáculo sobre a vida e a obra de Lois Pereiro (1º, 2º e 3º ESO)

Durante toda a semana realizaranse actividades nos recreos, no curruncho das Letras galegas, situado no corredor central do edificio, que van desde o visionado de vídeos sobre o autor, á lectura de poemas por parte do profesorado e mais do persoal non docente.
Toda a comunidade educativa participará nunha actividade que pretende unha reflexión sobre o significado Día das Letras Galegas a través dun cuestionario que está situado no punto das letras galegas e que contén as seguintes preguntas:
•      Por que cres que hai un Día das Letras Galegas?
•     Que opinarías se se cambiase o Día das Letras Galegas por outro día?
•     Que pensas que se consegue cos actos organizados arredor da figura homenajeada o 17 de maio?
•     Que razóns pode haber para escribir poesía en galego e non facelo en castelán que ten máis público?

Estas cuestións pode respondelas calquera no noso blog (www.blogoteca.com/ocastelodalua) e na nosa revista (www.bicodaria.com). Coas respostas elaboraranse as oportunas conclusións que serán difundidas na revista Bico da Ría e no blog O Castelo da Lúa.

 

Comezamos hoxe coa primerira actividade da Semana Cultural das Letras galegas cun obradoiro sobre o portugués impartido por Valentim Fagim Os destinatarios foron os/as alumnos/as de 4º da ESO, que comprobaron que co galego teñen moitas posibilidades de entenderse no mundo lusófono.

 

 

 

Entre hoxe e mañá un grupo de alumnos/as de 1º Bacharelato van  facer unha exposición de Lois Pereiro por tódalas aulas de secundaria e lerán unha escena da obra de teatro que escribiu Marcos Calveiro sobre o autor na que se representa a súa época moza e o seu gusto pola literatura, sobre todo pola poesía francesa.

2281 Artigos |   | 1  |   | 225  | 226  | 227  | 228  | 229  | 230  | 231  | 232  | 233  | 234  | 235  |   | 286  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.