Imaxe de cabeceira

Aquí presentamos aos catro rapaces gañadores dos premios do concurso de lectura, un deles ten o premio de recitado e os outros tres os premios de lectura en alto.

Dentro das conferencias da Semana Cultural "Abrindo portas en galego" nas que poidemos comprobar que tamén no ámbito científico é moi natural utilizar o galego, Socorro Castro da Universidade da Coruña mostrounos as vantaxes dos motores de hidróxeno, xa que non contaminan e usan un combustible barato, e tamén os problemas cos que se atopan os científicos que están a investigar cos prototipos de automóbiles, como é o grande espazo que ocupan, a maneira de distribuilo…

Os alumnos do I.E.S Félix Muriel tivemos o privilexio de asistir e gozar dunha charla do prestixioso físico Carlos Salgado. O estimado conferenciante iniciounos no tema da física de partículas. A charla durou dúas horas, nas cales Carlos Salgado ademais de aportarnos información moi interesante, (axudado por unas imaxes e uns vídeos),tamén nos dou a oportinidade de debater sobre o tema. Aprendemos moitos conceptos novos sobre as moléculas, pero tamén aprendemos una lección máis: o galego é válido para as ciencias. Carlos Salgado, dou toda a conferencia nun galego espontáneo a pesares de estar vivindo en Xinebra. Demostrounos así que os prexuízos sobre o galego son tan só iso, prexuízos. O noso idioma pode ser utilizado en todos os contextos e rexistros, quedando demostrado isto, cortando todo tipo de controversia. Quedan, para nós, atrás os prexuízos de que o galego é unicamente para falar na casa e coa familia. Parece deste xeito que o galego progresa, a paso lento, pero progresa cara á normalización. Grazas a xente como Carlos Salgado isto vaise facendo posible.

O primeiro que fixemos foi ir á praia que está detrás do IES:

Cando tivemos que facer grupos para coñecer Cangas:

 

 

Estivemos coñecendo Cangas e había unha capela moi interesante:

 

Coñecendo o porto de Cangas:

Este é o Cruceiro Hio, que nos deixou o bus antes de comer para contemplalo:

O día 20 de Maio, ás once horas, no instituto CPI EUEBIO LORENZO BALEIRÓN de DODRO Xurxo Souto recibiu o décimo primeiro premio LEIXAPRÉN.

Que é o Premio Leixaprén?: Desde o ano 1999, a Coordinadora Leixaprén, formada por un conxunto de Equipos de Normalización Lingüística de centros educativos públicos de Educación Secundaria situados nos concellos de Dodro, Lousame, Muros, Noia, Porto do Son, Rianxo e Rois, vén cncedendo anualmente un galardón que pretende recoñecer o traballos de persoas, colectivos ou institucións que se distinguen pola defensa e promoción da lingua galega.
O Premio Leixaprén simbolízase na entrega á persoa ou entidade premiadas dunha copa realizada polo oleiro Manuel Caamaño, acompañada dun pergamino acreditativo da concesión do mesmo; o acto de entrega constitúe, cada ano, unha festa que celebra o compromiso colectivo con noso idioma.

Quen é o premiado deste ano?
Xurxo Souto é un artista galego, polifacético e multidisciplinar: cantante, acordeonista, escritor, locutor, ocasionalmente actor, e con formación académica no ámbito da filoloxía clásica.
O curso pasado tivemos a honra de que viñese ao noso centro, acordádesvos? Mirade a crónica da súa actuación na revista Bico da ría!

Xurxo fíxose moi popular como líder e vocalista da banda de rock “Os Diplomáticos de Monte-Alto”, entre os anos 1990 e 2001; destaca tamén por se un gran difusor da música galega contemporánea, desde unha perspectiva integradora de diversas tendencias e estilos. Tempouco debe esquecerse o seu oficio como escritor, nunha narrativa arroutada de cerna popular e tabernaria. Ademais de ter cinco libros publicados, colabora con artigos en diferentes publicacións, como a revista Bravú.

Dentro do proxecto Abrindo portas en galego, desenvolto polo Equipo de Normalización e Dinamización da Lingua Galega (ENDL), organizamos múltiples actividades, e unha delas afecta aos empresarios da hostalerí­a de Rianxo.

Desde o ENDL ofrecémoslle a tradución ao galego, castelán, inglés, francés e portugués dun determinado número de produtos elaborados nas súas cociñas.

O pasado 7 de maio estivo no noso IES  Serafín Marcos cun espectáculo para darnos a coñecer a Uxío Novoneira, ao que se lle adican as letras galegas deste ano, mediante unha interpretación de poesía na que montou no escenario unha mesa cunha vela e un cadro pechado.
Tróuxonos moitas cousas para a actuación, como por exemplo: unha tanza amarela que representaba un fío de sol que cruzou polo salón de actos polo medio dos alumnos, unha garrafa de auga que puxo aberta enrriba da mesa para que a auga se vertera cun recipiente do chan e fixera ruído mentres nos recitaba poesía, representou estacións cambiando de roupa, explicounos unha poesia sobre un río e de onde viña . Sacou dous voluntarios, un deles leu un verso e outro, o cal tiña os ollos vendados, ensinoullelos. Deleitounos con moitos mais obxectos e linguaxes corporais interpretando os poemas.

Esta edición do Correlingua estivo ameazada pola chuvia motivo polo que os rapaces de primaria non asistiron ó evento. Primeiro saímos do instituto cara á vila, portando unhas pancartas en defensa do galego. Ó chegar á praza, comezou a chover enerxicamente. Afortunadamente escampou e a carreira puido iniciarse sen demasiados problemas ainda que se mudo o programa orixinal. Houbo alumnos que foron por atallos, e moitos dos que probaban algún novo atopábanse cun camiño sen saída. Ao final de cada carreira repartíronse chapas entre os participantes, xunto cuns pósters co manifesto que foi lido a continuación que era igual ao que se lía nas diferentes cidades e localidades. Lérono de forma case improvisada 3 alumnos do noso IES, porque estaba preparado para que o leran rapaces de primaria, que non puideron vir.

2159 Artigos |   | 1  |   | 224  | 225  | 226  | 227  | 228  | 229  | 230  | 231  | 232  | 233  | 234  |   | 270  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.