Imaxe de cabeceira

Cando comezamos este proxecto, que se desenvolveu da man do Proxecto Comenius no que tamén participamos os membros do EDLG, queriamos cubrir catro obxectivos principais: 1) Presentarnos ao mundo en galego, 2) Demostrar dentro da nosa comunidade que o galego SERVE para estar en Europa; 3) Promocionar o noso e elevar a autoestima do alumnado; 4) Erguer pontes nunha Europa plural.

Algo conseguimos.

Dentro do proxecto desenvolvemos varias actividades: un glosario nas linguas europeas do proxecto no que tamén estaba o galego, un vídeo en inglés subtitulado en galego…

E por último temos esta acción dos vídeos e das videoconferencias co alumnado dos cursos de galego nas universidades de Alemaña e Polonia, países cos que desenvolvemos o proxecto Comenius.

A CGENDL xuntou todo o material de todos os equipos que quixeron participar, logo clasificouno e envioullo a tres persoas que se encargaron de montar os vídeos, unha por nivel. Unha delas foi a nosa ex-compañeira, a profe de galego, Begoña González, que estivo connosco o curso pasado. Grazas Bego!!

E tamén grazas a Belén Escariz e a Manuel Rosales que se ocuparon dos outros dous

Podedes ver os vídeos e as fotos do acto na páxina da CGENDL.

www.coordinadoraendl.org/vinteanos/index.php

Deixámosvos aquí algúns enlaces:

 

Introdución da excursión a París.

Aquí tendes outro poema máis do poeta, Los Pereiro. A min pareceme ben bonito.

Está moi ben, recomendamos a súa lectura…

Estremadura e Ribatejo son dúas rexións situadas no litoral oeste de Portugal,dentro destas rexións iclúense varios distritos, dos que vos mostro algunhas paisaxes, cultura e lugares máis importante.

2281 Artigos |   | 1  |   | 217  | 218  | 219  | 220  | 221  | 222  | 223  | 224  | 225  | 226  | 227  |   | 286  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.