Imaxe de cabeceira

No tempo aquil
cando os animales falaban,
decir libertá non era triste,
decir verdá era coma un río,
decir amor,
decir amigo,
era igoal que nomear a primavera.
Ninguén sabía dos aldraxes.
Cando os animales falaban
os homes cantaban nos solpores
pombas de luz e xílgaros de soños.
Decir teu e meu non se entendía,
decir espada estaba prohibido,
decir prisión somente era unha verba
sin senso, un aire que mancaba
o corazón da xente.
¿Cando,
cando se perdéu,
iste gran Reino?

       Autor de grandes novelas:

La sonrisa etrusca.

Octubre, octubre.

La vieja sirena.

Al río que nos lleva…

      Autor de libros de economía:

El mercado y nosotros.

El mercado y la globalización.

La inflación (al alcance de los ministros)

Economía humanista. Algo más que cifras.

Conversaciones sobre la política, mercado y convivencia…

Autro do prólogo da edición española de ¡Indignaos!

Un vídeo moi interesante realizado por Jordi Évole, onde José Luis Sampedro analiza a situación actual dunha maneira clara e extremadamente lúcida.

 

Nós queríamos libremente
comer o pan de cada día. Libremente
mordelo, masticalo, dixerilo sin medo,
libremente falando, cantando nas orelas
dos ríos que camiñan pra o mar libre.
Libremente, libremente,
nós queríamos somente
ser libremente homes, ser estrelas,
ser faíscas da grande fogueira do mundo,
ser formigas, paxarosminiños,
nesta arca de Noé na que bogamos.
Nós queríamos libremente surrir,
falarlle a Dios no vento que pasa
-no longo vento das chairas e dos bosquessin
temor, sin negruras, sin cadeas,
sin pecado, libremente, libremente,
coma o aire do mencer e das escumas.
Coma o vento.
Mais iste noso amor difícil rompéuse
-vidro de soño fráxilnun
rochedo de berros
e agora non somos máis que sombras

O pasado mércores 10 de abril visitou o noso IES o poeta e profesor Carlos Negro do que aproveito e recomendo ler moitos dos seus poemas, onde mestura humor con denuncia sobre varios temas de actualidade.

Este poeta visitounos para falarnos dos atractivos que pode ter a poesía en xeral exemplificando sobre todo coa poesía actual.

A Petete, todo lle sae mal. Despois de saír do cárcere, e antes de voltar ao seu fogar, decide cometer un delito, que lle permitirá chegar á casa con cartos no peto. Mais o atraco á gasolineira que planeara e efectuara xunto co seu compañeiro O Pequeno, complicarase tras a morte do empregado do establecemento.

O pasado sábado 13 de abril o Salón do Cómic de Barcelona galardonou o  traballo  de Miguelaxo Prado, como o mellor do 2012 para un autor  nacional. Anteriormente tamén acadou este premio coas obras “A mansión dos Pampín” e “Trazo de xiz”.

Ardalén segundoPrado é “unha historia en torno á memoria persoal. A memoria como esencia da nosa existencia, da percepción da nosa propia vida. Pode soar filosófico pero, ao final, trátase dun puñado de seres humanos que se axudan e se fan dano uns a outros, algúns chegan a quererse e todos aférranse aos seus recordos para intentar evitar o naufraxio”

O equipo ven de crear esta páxina para recoller nela as producións que en torno á figura de Vidal Bolaño realizarán ao longo do vindeiro mes os alumnos/as do centro.

Empezamos pola primeira creación (un Vuvox) e engadimos un enlace á páxina da que se servirán para obter toda a información que precisen nas súas pesquisas.

O venres 15 de febreiro, tivemos connosco a Séchu Sende, autor de obras como Made in Galiza ou Orixe. Antes de dar a charla aos nosos compañeiros-as, foi entrevistado por un grupo de alumnos –as de 4º A. Neste encontro, Séchu falou sobre a súa obra e vida e dounos a súa opinión sobre temas actuais como as reformas no sistema educativo que el coñece de primeira man xa que é mestre de Lingua e Literatura Galega.
A pesar de ser castelán-falante, aos 16 anos, decidiu comezar a falar galego por unha razón afectiva, porque é a lingua de súa nai e porque era unha lingua minorizada, que moita xente escondía, e el non quería ser unha desas persoas. Ademais era a lingua que falaban os debuxos que máis lle gustaban de cativo e os profesores-as que máis lle marcaron. A escritora que máis influiu na súa obra el foi Rosalía de Castro xa que é de Padrón e a presenza desta intelectual sempre foi moi significativa dentro da súa familia.
Non sempre quixo ser escritor pois houbo varias etapas na súa vida nas que se quixo adicar ao xornalismo e a pintura (o seu pai pintaba). Aos 17 anos recibiu un premio por un poema que enviou a un concurso, e desde aquela decidiu ser escritor. O primeiro libro que publicou foi aos 20 anos e desde aquela non deixou de escribir, sempre en galego.
Decidiu ser profesor de galego xa que quería transmitir á xente nova os valores e habilidades que el aprendera para intentar cambiar as cousas en relación a situación da lingua galega. Tamén nos dixo como sería a súa clase ideal, viaxando polo mundo en busca de diferentes culturas.
Logo preguntámoslle que opinaba da nova reforma no ensino, ao que respondeu que lle parecía unha reforma absolutamente destrutiva e elaborada desde o punto de vista nacionalista español, que provoca os distintos conflitos lingüísticos que se dan aquí.
Estes conflitos así como os prexuízos lingüísticos foron os motivos polos que escribiu Made in Galiza. Tamén nos comentou que tardara toda a súa vida en escribir este libro e púxolle este título porque representaba unha marca de identidade. Nel foi recollendo distintas anécdotas , nun total de 200 relatos, se ben só incluíu 40 nesta obra.

2281 Artigos |   | 1  |   | 165  | 166  | 167  | 168  | 169  | 170  | 171  | 172  | 173  | 174  | 175  |   | 286  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.