Imaxe de cabeceira

Cando a ditadura de Francisco Franco chegaba á súa fin por causas biolóxicas, no noso país irmán vivían, hoxe hai 46 anos, a coñecida como a “Revoluçao dos Cravos”, que provocou a caída do goberno e a restauración da democracia en Portugal case 50 anos despois.

Portugal celebra hoxe 46 anos de liberade, unha liberdade que chegou grazas á Revoluçao dos Cravos, que tiña que ocorrer para que no país puidese chegar a primavera e a felicidade do pobo libre. A ditadura comezara no ano 1926, pois anos antes, o pobo estivo a vivir un forte período de inestabilidade nacional. Nese momento, Antonio Óscar de Fragoso Carmona, que instaurou unha ditadura nacional e forte, chamada: Estado Novo, un estado que o nomearía presidente no ano 1928, momento no que Antonio de Oliveira Salazar convertíase no Ministro de Facenda. Por aquel entón, os movementos fascistas estaban en auxe en Europa, e Salazar, xa Presidente do Consello de Ministros, establecerá o seu propio modelo en Portugal, no ano 1932, con todas as consecuencias que isto leva consigo, pois suprimiranse dereitos e liberades do pobo e impoñeranse medidas propias dun estado autoritario.

O Día do Libro é un acontecemento anual que se celebra cada 23 de abril. Esta celebración foi conmemorada por primeira vez co apoio da UNESCO hai xa 25 anos, no ano 1995. Os principais obxectivos desta celebración son o interese de fomentar a lectura entre todas as persoas, independentemente da súa idade, así como promover a edición , as publicacións de carácter impreso e os dereitos de autor .

As orixes da festa do libro están ligadas a Cataluña e á celebración do Sant Jordi .Nesta celebración existía unha tradición consistente que os homes agasallasen as mulleres cunha rosa e elas a cambio agasallábannos cun libro. O 15 de novembro de 1995, a UNESCO acordou proclamar este día como o Día internacional do libro e dos dereitos de autor. A Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura buscaba resaltar a gran importancia do libro ao longo da historia, que foi un medio esencial de difusión do coñecemento e dos diversos ámbitos do saber así como unha ferramenta clave para enriquecer a cultura e o coñecemento do conxunto da cidadanía .Por este motivo,esta xornada ten como fin promover o libro e fornecer a través do acceso á cultura do maior número de persoas posible.

Dentro do panorama internacional, a UNESCO decidiu celebrar dunha forma conxunta o Día do Libro e dos Dereitos de Autor atendendo á casualidade de que a morte de Cervantes o 23 de abril de 1616 dentro do calendario gregoriano se correspondía coa data do aniversario do nacemento e morte de William Shakespeare dentro do calendario xuliano, que aínda utilizaba Inglaterra naquel entón e que marcaba unha diferenza de dez días co calendario gregoriano que se empregaba no conxunto da Península Ibérica. Shakespeare, polo tanto, morreu 10 días despois de Cervantes.

No Reino Unido e Irlanda o Día do Libro vénse celebrando desde o ano 2002 durante o primeiro xoves de marzo. Ese día as escolas reparten un vale de 1 libra e 1 euro con 50 céntimos, respectivamente, aos nenos e nenas para que poidan mercar os libros, ebooks ou audiolibros que desexen, sobre todo os que se publican especialmente para esta conmemoración. Ese día moitas escolas celebran maratóns de lectura, contacontos, mostras e mercados de libros, entre outras moitas actividades.

En definitiva, o Día do Libro é unha das celebracións para preservar a acción literaria en todos os sentidos, sen entender diferenzas de idade ou xeración. Con todo, este 2020, será a primeira ocasión en moito tempo na que o territorio español non poida celebrar a data ao igual que o Reino Unido, a pesar de que sexa en días distintos por mor da crise do COVID-19, mais ante todo a lectura debe estar presente sempre e, polo tanto, a mellor forma de homenaxear este día durante esta situación é valorando o traballo e esforzo dos escritores e das escritoras que día a día preparan obras literarias coa finalidade de entreter o público que as le, independentemente do rango social ou da idade que teñan.

Eduardo Blanco Amor foi unha figura relevante da literatura galega, pertencente ao grupo de autores individualizados que desenvolveron a súa narrativa entre 1936 e 1976. A súa literatura etiquétase dentro do realismo social, é dicir, xira en torno á problemática social galega da época. A súa cidade natal vai ser o lugar escollido para a ambientación das súas obras, como no caso de A Esmorga. Blanco Amor vai ser, xunto cos seus contemporáneos Fole, Cunqueiro e Neira Vilas, un dos renovadores da prosa deste período.

A súa obra literaria A Esmorga, revoluciona o panorama narrativo galego a través dos seus tres personaxes protagonistas. Presenta 5 capítulos e emprega unha fórmula narrativa única denominada técnica telefónica, é dicir, existe un diálogo mudo entre o Cibrán e o xuíz, dando así máis verosimilitude, focalizando a atención do lector no Cibrán e evitando unha novela bilingüe . Nesta obra amósase a relevancia dos personaxes populares e tamén a presenza da homosexualidade. Existe un rexistro coloquial que vai creando a sensación de oralidade.

Respecto á película, dende o primeiro momento pretende amosar o concepto de esmorga, o cal vai máis aló dunha simple definición de dicionario e da súa mala tradución ao castelán como “juerga” ou “parranda”. Considero que é algo que a película amosa bastante ben, pero sen deixar de ensinarnos tamén a realidade social de cada un dos protagonistas e os seus momentos de reflexión.

Como xa mencionamos, Blanco Amor na súa obra emprega unha técnica telefónica. Na película, dun xeito semellante a como acontece no libro, no cal non hai a intervención do xuíz para evitar o bilingüismo ( o cal si vemos en Socorrito), ocorre o mesmo. En ningún momento vemos unha imaxe do xuíz, nin o escoitamos falar. Temos a perspectiva posta xa dende o primeiro momento no Cibrán, na casa da Rachada, o cal nos vai presentando ao resto de personaxes ao longo da película. En certo modo, no filme vese como o Cibrán é unha persoa que intenta endereitar o seu camiño pero vese moi influenciado polo seus dous compañeiros (o Bocas e o Milhomes), sobre todo polo Milhomes, que é quen leva as rendas dos tres e sempre os acaba convencendo para facer algunha argallada polas aldeas.

O día 31 de marzo celébrase o “Día da visibilidade trans”, recordando a loita diaria da comunidade transexual polos seus dereitos. Estas, son persoas que teñen que aguantar a negación da súa identidade por parte da maioría da sociedade durante toda a súa vida e mesmo son tratadas como enfermas.

Para comezar, só hai aproximadamente dous anos que a Organización Mundial da Saúde, eliminaba a transexualidade da súa lista de trastornos mentais. Isto é, até o 2018, as persoas transexuais eran tratadas, cientificamente, como enfermas. Non o é, a nosa bioloxía e xenitais non nos definen como homes ou mulleres, somos nós mesmas as que debemos facer iso. O certo é que, pese a que a OMS o descartase como enfermidade, elas teñen que seguir aguantando que as traten como tal. Un exemplo disto é un home canario, cuxo médico escribiu “enfermidade: transexualismo”, cando el só acudía alí porque se atopaba mal. Cal é a razón pola que á xente lle molesta que os demais se expresen tal e como son?

O 25 de marzo de 2019 íamos durmir ca nova dun novo incendio en Dodro. Á mañá seguinte espertamos con que ese lume voraz que comezara en Dodro estendérase a algunhas parroquias de Rianxo. Os rapaces ese día tiñamos que ir ao instituto, como un día calquera, pero cun medo no corpo que non era característico dun día calquera. Todo era normal ata que nas últimas horas da mañá comezamos a ver como todo o ceo se cubría dun fume gris, case negro. Xa non víamos o ceo azul dese día cando chegaron os bombeiros e a garda civil de Rianxo para desaloxarnos. O lume estaba xusto detrás do instituto. Como chegou tan rápido?! Era unha situación totalmente desconcertante.

Este incendio levou consigo máis de 1.200 hectáreas dende Rianxo ata O Barco de Valdeorras. Os veciños de Rianxo desaloxados e o nivel 2 de alerta establecido nun incendio que mobilizou medios aéreos, militares e servizos de emerxencia aos que se uniron os habitantes da zona. Moitos rianxeiros e de arredores perderon parte da súas terras de cultivo, invernadoiros e mesmo os seus fogares. Pero…que ou quen provocou isto? A hipótese que a propia Xunta manexou foi a dunha chispa procedente dunha torre de alta tensión como primeira fonte do incendio. O tempo meteorolóxico tampouco axudou nos labores de extinción xa que as escasas precipitacións, as elevadas temperaturas deses días e o vento levaron a que o lume se estendera con tanta rapidez.

Algunha das ferramentas matemáticas que se utilizan nas epidemias sería por exemplo a curva da que falan os medios. Isto non deixa de ser unha función na que representamos os infectados con respecto ao tempo. A derivada dinos como de rápido e de lento cambia esa función, se non cambia a derivada é 0. Os sistemas, se interveñen as ecuacións e as derivadas, serían ecuacións diferenciais. Mídese a xente susceptible a ser infectada, a infectada e a xente que se deixa fóra (tamén se poden engadir os expostos).

A cantidade de contaxiados que produce un só infectado é un parámetro que, se é maior que un, significa que pode infectar a varias persoas. Se é así, estamos nunha epidemia e hai que reducilo a un ou a menor que un. Depende de moitas cousas, como as nosas costumes, con canta xente esteamos, a bioloxía da enfermidade, etc. Na nosa man está, tentar xerar unha vacina ou intentar evitar o contacto.

Algúns sistemas biolóxicos compórtanse de forma exponencial. Ao principio ninguén ten virus, logo vai habendo enfermos e por último, vai quedando menos xente con posibilidade de ser infectada. Entón, temos que mirar canta xente queda dispoñible para contaxiar, e cando non haxa, acabaríase a curva e a epidemia.

2281 Artigos |   | 1  |   | 12  | 13  | 14  | 15  | 16  | 17  | 18  | 19  | 20  | 21  | 22  |   | 286  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.