Imaxe de cabeceira

Vivimos nun multiperspectivismo tan extenso que a idea dunha única verdade representa a máis vaidosa ignorancia. Obviamente, isto é aplicable tanto a ideas etéreas coma ao tanxible mundo científico pois, incluso a ciencia está en constante renovación e perfeccionamento, sempre hai un chisco máis onde afondar, uns matices que perfeccionar ou enormes erros que corrixir tras de centos de anos cometéndoos. Todas as realidades teñen multitude de enfoques e, de igual maneira, a lingua tamén ofrece multitude de perspectivas.

Os enfoques que ofrece a lingua, poderían estudarse dende multitude de puntos de vista. Persoalmente, eu analizarei o multiperspectivismo lingüístico dende a realidade da súa sociedade. Cada lingua nace nun territorio cun contexto histórico concreto o cal, evidentemente, condicionará a nacente lingua en todos os seus aspectos. Deste xeito, comparar dúas linguas cuxo marco histórico difire notablemente é un enorme erro.

Fai cerca de 30 anos os rapaces pegábanse e arrincábanse pelos, insultábanse e tirábanse pedras uns aos outros. Considerábanse simples xogos de rapaces, o normal. Hoxe en día non se pode pensar nin por asomo algo parecido a iso. Realmente é bullying?

 Os novos pais deberían darse conta de que, aínda que ao seu fillo, sobriño, neto lle pase algo directa ou indirectamente malo debido aos compañeiros de clase ou amigos, non teñen por que consideralo auténtico bullying. Por casos de simple sobreprotección outros casos moito máis graves non son atendidos a tempo e rematan moi mal, no peor dos casos sábese de moitos rapaces que se suicidaron por continuos tormentos en colexios ou por redes sociais.

 A sobreprotección pode tamén acabar sendo algo moi perigoso, pois darlle a razón ao afectado en todo momento pode crear un falso estado de invencibilidade. Iso provoca exceso de confianza en todo, co que acabará facendo algo peor e seguirá encerrado na súa propia bola de neve ata que non sexa capaz de parala caendo en algo moito peor. Nese punto de non retorno poden darse dous casos. O primeiro, onde o afectado sobreprotexido pensa que pode escapar de todos os problemas que lle suceden polo simple feito de ser a vítima ou o segundo, onde a loucura pode tomar papel no asunto e tomar decisións demasiado equivocadas, como no caso dos rapaces antes mencionados.

 Que opción queda ante un caso onde o suxeito supostamente afectado trata aos supostos acosadores como se fosen inferiores, como se non fosen tan sequera persoas só por ter a suposta invulnerabilidade que lle conceden os pais? Quen é o que sofre bullying? O neno chorón sobreproxetido ou o rapaz que non quería ser o seu amigo?

 As xeracións e as épocas cambian, a mentalidade da xente tamén. Se fai 30 anos non había tantos casos de bullying, por que agora si? Tal vez sexa a influencia dos pais, que dándolle ese poder da razón aos fillos, provocan o desastre. É necesario parar as pelexas, pero non se debe sobreprotexer a ninguén nunca. Que sería do xove león pelexando pola supervivencia se a nai non lle deixara pelexar contra as presas? Si, é certo, morrería.

Fíxose eco a prensa española hai unhas semanas do comentario machista do presidente do Iberojet Palma, que criticaba a falta de aptitude das árbitras e comentaba que era a primeira vez que tiña un trío arbitral femenino, e que el prefería como máximo unha muller. A reacción por parte da Federación non tardou e tomou medidas contra o presidente, que pediu perdón e se mostrou arrepentido e comprometido coa igualdade no deporte

Na miña opinión, este é un tema no que xa se avanzou bastante, tendo en conta a creación da Liga Dia, equivalente da ACB, e un comité de igualdade apoiando a Jorge Garbajosa, presidente da Federación de Baloncesto, en todas as medidas relacionadas con isto. A situación tornou favorable como tamén demostra que Tenerife fose a sede do mundial femenino deste ano, e onde #AFamilia (nome da selección absoluta en ambas categorías) acadou unha medalla de bronce, sumándose así ás medallas olímpicas e europeas conseguidas nos últimos anos. Os éxitos aportan a visibilidade tan necesaria.

Cando o coello tirou un reloxo do peto do chaleque, decatouse de que chegaba tarde a unha cita que tiña cunha fermosa lebre chamada Martina. O coello Pepe comezou a correr o máis a présa que podía.

Na metade do camiño atopou unha meniña duns catro anos chorando, e parou a preguntarlle que lle pasaba. Ela díxolle que non sabía onde estaba a súa nai, entón Pepe decidiu que non podía deixar aí soa á rapaza, por iso se dispuxo a buscar á súa nai. Percorreu medio pobo, preguntoulle a toda a xente que vía e non descansou ata que a atopou, despois de media hora na súa procura. Cando por fin chegou ao restaurante onde quedara con Martina, descubriu que xa non estaba alí, pois, cansa de esperar, marchara había dez minutos. É por isto que Pepe foi á súa casa a pedirlle desculpas polo seu retraso e explicoulle o acontecido, pero ela non aceptou as súas desculpas.

Todo apenado, Pepe voltou para o seu fogar, pero pronto caeu na conta de que, se Martina non podía entender que a rapaza precisaba a súa axuda, non pagaba a pena estar con ela.

As eleccións andaluzas confirmáronnos o que viñamos temendo nos últimos anos en España, un auxe da extrema dereita, que conseguiu por primeira vez representación política. Ademais, todo parece indicar que Vox vai ser clave na formación de goberno.

Os defensores de Vox e os partidos que non descartan pactar con eles din que hai que respectar o votado e, penso eu, os alemáns tamén votaron a Hitler. Polo tanto, ser votado non implica que se trate dunha opción respectable dende un punto de vista democrático. É evidente que se aproveitan do clima de crispación que leva a moita xente a acudir ás urnas sen facer unha reflexión previa e tan só deixándose levar por un odio infundado. Isto púidose ver nunha recente entrevista levada a cabo no municipio onde Vox foi o partido máis votado, no que moitos entrevistados manifestaron descoñecer e incluso rexeitar bastantes puntos do seu programa.

De verdade son imprescindibles nun futuro as tecnoloxías na educación ou só seráan unha distracción para o ensino e sería mellor seguir co que sabemos que funciona correctamente?

As novas xeracións deberían aprender usando as novas tecnoloxías para complementar o traballo nas aulas. Se potenciamos o uso destas tecnoloxías nos rapaces desde pequenos, cando sexan maiores o seu uso seralle moito máis sinxelo, e ademais na actualidade estes aparellos fan que as clases sexan máis levadeiras e que se aprenda dunha forma máis entretida.

Nos colexios deberíase aumentar o número de ordenadores, pantallas dixitais… xa que os alumnos adoitan prestar máis atención e entender mellor os contidos cando estes se expoñen coa axuda de tecnoloxías que cando só se utiliza un libro de texto tradicional. Aínda que en moitos colexios xa hai bastantes ordenadores, deberían ser máis, xa que polo menos cada alumno tería que ter un para uso propio. Así avanzaríamos cara un mundo onde todos soubesemos usar as tecnoloxías, un mundo máis dixital, onde a substitución dos libros por formatos dixitais axudaría a reducir o gasto de papel.

Cando o coello tirou un reloxo do peto do chaleque, viu que non funcionaba, polo que se encamiñou pola cidade en busca de unha reloxería na que estiveran dispostos a arraxalo para que volvera a funcionar correctamente.

Polo camiño, perdeu a carteira, onde levaba cartos para pagar o arranxo. O tempo voou mentres buscaba a carteira desaparecida, non deixou pedra sen levantar ata que a atopou, o problema foi que estaba enriba dun tellado, estívose preguntando para si como chegara alí durante uns minutos, pero veu que estaba escurecendo e as tendas(entre elas a reloxería), cerrarían dentro de pouco. De forma que trepou como un mono, colleu a carteira e marchou a toda présa dando brincos.

Cando chegou, viu que seguía aberta a reloxería, e en menos do que canta un galo, foi, encargou e pagou o arranxo, e marchou felizmente á súa casa.

2085 Artigos |   | 1  |   | 12  | 13  | 14  | 15  | 16  | 17  | 18  | 19  | 20  | 21  | 22  |   | 261  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.