Imaxe de cabeceira

A liberdade endexamáis se acada
e nós, os homes, nunca tivemos azas.
As nosas almas sempre están coutadas
e de xionllos rendidas. Hai espadas.
Hai mulleres e fillos. Tamén patrias.
Tamén economía. Tamén fábricas.
(Ouh, qué gozo morrer nas guerras santas
por mitos, por bandeiras, por palabras
-baixo palabra de honor- palabras sacras.)
Europa ten trescentos millóns de almas,
en cada ialma un mundo, en cada corpo un mandria.
Fusiles, bombas, cañóns, tanques, escadras
-de mar e vento- policías, gardas,
sociedades anónimas, comanditas, limitadas,
xuzgados, xefaturas, alfándegas.
As nosas maus sempre estarán atadas.
Meu corazón, ¿ónde se foi a esperanza
dos verdes anos, i aquelas brancas,
fondas, tenras, outas inquedanzas?

 

O libro de Sechu Sende, Made in Galiza, pertence ao ámbito literario e dentro deste ao xénero narrativo. É un libro que contén 42 relatos breves, neles cóntanos historias relacionadas coa lingua galega, coa súa situación.

Nuns relatos o narrador é interno, a historia é contada por un dos protagonistas (por exemplo: Falar, Na oficina de obxetos perdidos, A fábrica de palabras…), noutros o narrador é externo, a historia non está contada por ningún protagonista (por exemplo: A muller que vivia no futuro, Uf, O ladrón de palabras…). Polo tanto, uns relatos están en 1ª persoa e outros en terceira. Nalgúns relatos o narrador é o propia lingua galega.

 

Noite de voraces sombras, novela de Agustín Fernández Paz pertence ao ámbito literario e dentro deste ao xénero narrativo, nela cóntasenos a historia de Sara, unha moza, que durante unhas vacacións na casa da súa avoa atopa unha serie de cartas e fotos que lle cambia a vida. A historia está contada por un narrador interno, xa que é a propia protagonista quen a narra e está, polo tanto, en primeira persoa.

2277 Artigos |   | 1  |   | 160  | 161  | 162  | 163  | 164  | 165  | 166  | 167  | 168  | 169  | 170  |   | 285  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.