O pasado día 10 de xuño estes moz@s de 1º de Bac. participaron na videoconferencia cos estudantes de galego de Oxford. Durante unha hora falaron dos intereses duns e doutros.
Os nosos estudantes preguntáronlle pola educación alá, as materias que imparten, as razóns polas que estudan galego,etc.
Foi unha experiencia moi enriquecedora tanto para uns coma para os outros.
Nesta nova entrega Manuel N. Singala, director do SNL da Universidade de Santiago, explícanos o que é un “prexuízo lingüístico”; a educadora e pedagoga Tania Merelas dános unha serie de pautas para afrontar o verán coas crianzas en familia; Lines Salgado tamén lle tira proveito ao termo “Vacacións” na sección “Palabras do ensino”; e Gracia Santorum agasállanos novamente coas súas deliciosas propostas lectoras… e non esquecemos meter na maleta do verán a nosa lingua, para que ande descalza e libre pola area…
Nova aproximación aos Cantares
Seguimos visitando os Cantares de Rosalía.
Durante a videoconferencia preguntámonos uns aos outros polos nosos intereses e plans para o futuro.