Imaxe de cabeceira

Para moitos ser galego é nacer en Galiza, unha comunidade autónoma de España, que está considerada nación histórica.

Galiza ten unha lingua propia que é oficial xunto co castelán. A pesar de ser unha lingua como outra calquera, esta lingua posúe unha gran cantidade de prexuízos. Algúns que veñen dende fai séculos como que o galego ten un léxico pobre, ou outros prexuízos como que o galego é unha lingua de paletos. Estou case segura de que se lle preguntas a un madrileño que opina dos galegos, os da capital asociarano ao monte, ao rural, ás vivendas afastadas, a unha persoa paleta…

Eu son galegae a moita honra! Falo galego, que é unha lingua que ademais de servir para comunicarse, como todas as linguas representa unha cultura, unha historia e un pobo, dos cales me sinto orgullosa. Os galegos sempre fomos uns loitadores e resilientes. Un galego que non fale galego non é un galego completo, pois, esta lingua ensínache palabras tan bonitas como bico, aperta, maniotas, quérote, choiva, demo, lucecú… entre moitas outras que ocupan un anaco do meu corazón. Según moita xente parte de ser galego é responder con outra pregunta, non sei se eu o fago, pero o que si teño claro é a resposta a esta pregunta.

Na actualidade están presentes diversos prexuízos sobre a lingua galega, que fan que esta se vexa desvalorizada e incluso substituída por outra máis prestixiosa, como é o caso do castelán. Isto non é responsabilidade de ninguén máis que das persoas ignorantes e sen pensamento crítico, que pretenden con estes pensamentos anular a unha lingua e ao mesmo tempo a todo o que se atopa detrás dela.

Os nosos parabéns aos gañador@s do Concurso de Conxuros deste ano.

1º Premio:

  • IMG-20201118-WA0000Iker Tubío Vñazquez

2º Premio:IMG_20201119_101214

  • Ález Vilas A.
  • Violeta Torres
  • Xiana Alcalde

 

 

 

 

Como mostra dos seus traballos, deixámosvos o vídeo creado por Iker:

descartesmatrixA identidade galega é realmente antiga. Con arredor de mil anos de historia, a nosa lingua e cultura foise artellando e configurando co paso do tempo até o que hoxe coñecemos como Galiza (ou Galicia, ou Nación galega, ou como diaños se lle queira chamar). Porén, boa parte da opinión pública nacionalista española leva décadas negando a relevancia e mesmo a existencia do Reino de Galiza. Ou non exactamente?

Unha parte da historiografía galega argumenta, por exemplo, que o Reino de Asturias nunca existiu tendo en conta os documentos escritos legados polos historiadores árabes, que denominan ao reino Galisiya ou Yilliqiya. Outra proba de peso á hora de demostrar a relevancia do Reino de Galiza é revisando os antigos documentos cartográficos ingleses, franceses ou italianos. Nestes mapas aparecía este reino, mentres que dentro do territorio español sempre se clasificou como un territorio vasalo de León, a pesar de que, efectivamente, contaba cunha nobreza propia. De feito, e como curiosidade, Filipe VI ten o título de rei de Galiza.

Se imos a unha aldea do País Vasco e a unha galega decatarémonos de que en ambas se fala o idioma propio de cada unha pero se imos ás cidades, no caso de Euskadi veremos unha escalada no seu uso. En Galiza iso non ocorre tan facilmente.

O éuscaro e o galego teñen o mesmo status oficial xa que son consideradas linguas cooficiais co castelán nos seus respectivos territorios. Pero as cifras do Goberno Vasco afirman que nos últimos vinte cinco anos o euskera gañou 223.000 falantes e continua día a día. Pola contra, o Instituto Galego de Estatística revela que se perderon máis dun 8% de galegofalantes en tan só cinco anos.

Isto é, moi probablemente, debido aos diferentes prexuízos establecidos, dende hai séculos en Galiza, sobre o galego que fan que deixe de usarse e non se transmita de xeración en xeración. Non ocorre así en Euskadi, alí a poboación en xeral ten unha conciencia lingüística positiva sobre o seu idioma e ben estruturada.

     Ser galego/a no século XXI dentro de Galiza é que che guste o cocido os domingos na casa da avoa e os pementos de Padrón na Pascua, fóra dela é o ser morriñento, lembrarse de Galiza cada vez que te vas. Ser galego é que che guste a festa, e tamén as verbenas no verán, aínda que chova na maior parte delas.

Outra das cousas que nos caracteríza de ser galegos/as son os instrumentos, como a pandeireta e a gaita nas feiras, nas que podes pasar todo o día polos postos. Galegos son os que van fóra de Galiza e automaticamente se lles recoñece polo acento. E tamén os que ven os anuncios do Gadis día si e día tamén.

2281 Artigos |   | 1  |   | 10  | 11  | 12  | 13  | 14  | 15  | 16  | 17  | 18  | 19  | 20  |   | 286  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.