Imaxe de cabeceira

     Ser galego/a no século XXI dentro de Galiza é que che guste o cocido os domingos na casa da avoa e os pementos de Padrón na Pascua, fóra dela é o ser morriñento, lembrarse de Galiza cada vez que te vas. Ser galego é que che guste a festa, e tamén as verbenas no verán, aínda que chova na maior parte delas.

Outra das cousas que nos caracteríza de ser galegos/as son os instrumentos, como a pandeireta e a gaita nas feiras, nas que podes pasar todo o día polos postos. Galegos son os que van fóra de Galiza e automaticamente se lles recoñece polo acento. E tamén os que ven os anuncios do Gadis día si e día tamén.

Todos poderemos organizar mellor o noso tempo, as nosas tarefas, os nosos exames, …  grazas aos  calendarios elaborados polo Equipo de Normalización que están á vosa disposición na aula virtual. Neles mulleres de diferentes ámbitos moi importantes na nosa sociedade teñen un lugar especial. Valorémolas!

Moitas grazas a todos os que colaborastes!

novembrodecembro

AxendaAula_A4_nov20-B

AxendaAula_A4_dec20-B-1