Imaxe de cabeceira

Tarefa realizada para o Día da lingua nai.


CaminhandoEntreMulleres-2021Nerea Vázquez
- “Mamá… xa sei o que quero estudar… un ciclo medio”
- “Ah vale… vas estudar perruquería, non?”
Pois non… non era Perruquería; o que ela quería estudar era Soldadura, e soñaba con ir traballar a un asteleiro e facer barcos.
Hoxe coñecimos a Nerea Vázquez, “a diva do metal”, como lle din na súa terra. Unha historia moi valente de loita e superación para acadar as metas propias nun mundo tradicionalmente de homes. Estudante no CIFP Politécnico de Santiago, rematou o curso pasado o CM de Soldadura, e cursa neste o CS de Construcións Metálicas.

CaminhandoEntreMulleres-2021MariaXLamaDentro do Ciclo de Charlas “Camiñando entre mulleres” organizado polo ENL en colaboración co Concello de Rianxo, tivemos o pracer de contar con María Xesús Lama, profesora da Universidade de Barcelona. Esta, na súa conferencia Rosalía no caleidoscopio. Lecturas da súa obra,  falounos da vida e da obra da autora.

IMG-20210309-WA0012

IMG-20210309-WA0017

Alumnado de toda Gali20210226_140943za prepárase para conmemorar a ‘semana da prensa’ na escola. Desde a Consellaría de Educación convidan os centros escolares a escoller un día da semana vindeira, entre o 8 e o 12 de marzo, para traballar nas aulas con xornais. ‘Nós Diario’ súmase a esta celebración co lanzamento do especial InFormarNos.

Para celebrar este 8 de marzo, un grupo de alumnos e alumnas de 1ºESO do IES Félix Muriel preparaou a versión de Sés do tema de El Diluvi E ti, só ti en linguaxe de signos.

       No IES Félix Muriel o 25 de novembro de 2020 por mor do día contra a violencia de xénero levamos adiante unha acción colectiva, organizada polo equipo de normalización lingüística, coa colaboración de alumnado e profesorado, que chamamos As máscaras non calarán o noso berro na que as alumnas e os alumnos do instituto dende as ventás dicían a viva voz os nomes daquelas mulleres vítimas mortais de violencia machista nese ato até a data, convertendo todo o edificio en altofalante reivindicativo, de denuncia desta tara social e manifestación da vontade firme de procurar a xustiza e seguridade para as mulleres mediante unha solidariedade activa.

O concello de Rianxo, na súa canle de youtube, pon a disposición de quen queira dinamizar poesía e música galegas esta listaxe de vídeos con músicas que reinterpretan e reviven a Rosalía.

2280 Artigos |   | 1  |   | 8  | 9  | 10  | 11  | 12  | 13  | 14  | 15  | 16  | 17  | 18  |   | 285  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.