Imaxe de cabeceira
Sen categoría
Artigos nesta sección:

Mereceravos a pena lelo, este e o resto de poemas que vaiamos subindo.

O día que o meu sangue teña forza
pra murchar e arrincar a edra do amor
virá con paso firme
a inercia do costume
a tecerme en desastres noutro estilo
con fíos de emoción e agullas torpes
curando a nova insania
co antídoto de lóxica
deixando novas redes no meu sexo
pra manter a edra viva
-o seu veleño-

 

Ao longo de toda a semana do 23 ao 31 de maio celebrouse na Biblioteca do IES Félix Muriel de Rianxo o xa tradicional CONCURSO DE RECITADO E LECTURA DE POESÍA EN VOZ ALTA. Esta actividade inscríbese dentro da serie de actos conmemorativos do Día das Letras Galegas, dedicado, como sabemos, este ano 2011 ao poeta monfortino Lois Pereiro.
Desta vez, ademais dos alumnos de ESO e Bacharelato participaron diferentes membros da comunidade educativa, tanto profesores coma persoal laboral e administrativo, que prestaron a súa voz e lembraron en común a obra deste escritor finado cando só contaba 38 anos.
O concurso contou cunha ampla participación e debemos salientar a boa acollida por parte da toda a comundade educativa. Resultaron gañadores…

LECTURA: SARA OTERO MOSQUERA (3º ESO A)

RECITADO: CAROLINA OUBIÑA VÁZQUEZ(1º BAC. C)

Debido á alta cualidade dos participantes o xurado e o EDLG acordou entregarlles un ACCÉSIT aos seguintes alumnos e alumnas que quedaron como finalistas:

Aldara Muíños (1º ESO C)
Marcos Iglesias (1º ESO C)
María López Mosquera (3º ESO B)
Pablo Caamaño (4º ESO B)

Deixovos un poema máis de Lois Pereiro o cal me chamou a atención nada máis lelo.

Déixovos cun poema de Lois Pereiro que me gustou moito ( Tamara)

71 Artigos |   | 1  | 2  | 3  | 4  | 5  | 6  | 7  | 8  | 9  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.