Imaxe de cabeceira
Sen categoría
Artigos nesta sección:

  Na última reunión do ENDL acordouse que o vídeo que acabaramos hai uns meses, e no que estivemos traballando desde o curso pasado, o iamos presentar ao concurso Ouff Escola. Trátase dunha reflexión sobre a situación sociolingüística no noso concello a través da voz das nosas avoas. Mudámoslle os créditos incluíndo as nosas fotos […]

Aldara Muíños e Aida Saco fixeron unha presentación dunha pequena parte do proxecto Rianxo Fala que realizamos o curso pasado e que vén de levar o 1º Premio ás boas prácticas na mellora da aprendizaxe e uso do galego.

O curso pasado estivemos traballando no proxecto do ENDL arredor do noso patrimonio, do material e do inmaterial, querendo destacar a lingua. En Rianxo temos un patrimonio propio que a poboación admira e  non quere que se perda. Mais non toda a poboación ten a mesma querencia pola lingua de seu, de feito, vemos que […]

Dentro do Proxecto Rianxo Fala que estamos a desenvolver este curso o grupo de 3º PDC traballamos arredor do ecolingüismo e da relación entre especies en perigo de extinción e linguas minorizadas. Pero tamén incidimos na importancia cultural de especies singulares como a herba de namorar, que no caso de que non se perda, tamén se destruiría unha lenda ben bonita. Se o galego desaparece, van morrer moitas cousas canda el. Para sensibilizar ao resto dos nosos compañeiros e compañeiras co tema, fixemos esta curtametraxe. Esperemos que vos guste.

Magdalena Duszczyk, Milena Górnicka e Zuza Anczewska

Alumnas de Galego da Universidade de Varsovia traduciron hai un par de anos unha lenda polaca ao galego e publicárona na revista da facultade de filoloxía de Varsovia, onde hai un lectorado de galego, e que nos fixeron chegar ao noso equipo.

Darémosvos información puntual e diaria sobre as lecturas de profes, alumnos e alumnas, persoal non docente… todo na biblioteca. Comezamos por deixarvos un resumo da actividade e animámosvos a todos e todas a participar.

O noso EDLG vai dedicar este primeiro trimestre do curso e último trimestre do ano 2011 a homenaxear o autor mindoniense cunha serie de actividades. Polo momento estivemos, e aínda estamos, lendo textos en todas as aulas.

Aqui vos deixamos un artigo e mais o vídeo coa entrevista que lle fixemos aos irmáns Carlos e Manuel que foron a Sevilla e alí competiron no campionato de España en piragüismo, quedando en moi boa posición.

72 Artigos |   | 1  | 2  | 3  | 4  | 5  | 6  | 7  | 8  | 9  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.