Imaxe de cabeceira
Axenda cultural
Artigos nesta sección:

O venres 4 de outubro celebráronse en Rianxo dous actos: unha homenaxe ás mulleres republicanas solidarias e a obra de teatro “Unha primavera para Aldara”.

No primeiro, explicáronnos que as mulleres se opoñían ao Estado dunha maneira particular, sendo solidarias cos homes que estaban presos no campo de concentración. Normalmente, elas non eran as arrestadas, pero nese lugar había moitas persoas encerradas en moi malas condicións. Polo tanto, ían a darlles comida e coidalos, isto axudábaos, ademais de a sobrevivir, a saber que aínda había xente que se preocupaba por eles. Debido a isto, elas tamén foron maltratadas (rapábanlles a cabeza, etc) algo que non nos adoitan contar. Ademais, este ano a homenaxe centrouse nunha persoa en particular, Chelo.

Un slam é unha batalla entre poetas que loitan por ser o mellor ou a mellor da velada; os poetas teñen que seguir certas normas, o texto ten que ser propio, non poden ir acompañados de música nin accesorios, e non poden superar os tres minutos. Nun slam non hai un xurado propiamente dito, o xurado está composto pola primeira persoa que diga a resposta correcta ás preguntas realizadas pola presentadora.

O 21 de marzo celebrouse un slam na Coruña, foi un acto conxunto coa consellería de cultura de Santiago de Compostela, quen acollería aos mesmo poetas ao día seguinte no teatro principal durante o II Festival de Poesía “Alguén que respira!”.

Neste evento a presentadora, e encargada de escoller o xurado, foi Esther F. Carrodeguas, quen recitou algúns poemas da súa autoría, mais ela tomouse as súas liberdades e rompeu todas as regras do slam, unha delas foi recitar acompañada pola música de Juanma Lodo. As preguntas realizadas para escoller o xurado na Coruña foron insatisfactorias, ninguén acertou ningunha, polo cal Esther tivo que tirarlle pelotas ao público, para que reaccionaran.

Os poetas participantes foron Vanessa Glemssel, Iolanda Zúñiga, Silvia Casal, Luix Kaf, Duke Sam, Clara Cayo, Carmen Conde e Celia Parra. Os sete poetas recitaron un poema de propia autoría cunha duración menor aos tres minutos, sendo cronometrados. O xurado despois de escoitalos recitar tiña que escoller os tres mellores para unha ronda de finalistas, mais produciuse unha pequena sorpresa, un empate, polo cal tiveron que ser catro as finalistas.

Silvia Casal, Iolanda Zúñiga, Carmen Conde e Celia Parra foron as afortunadas en poder recitar de novo. As catro recitaron outro poema propio para volver ser puntuadas. Despois do reconto final a afortunada gañadora foi Iolanda Zúñiga, unha escritora viguesa, autora de Vidas post-it, Periferia, Amor Amén

Un ano máis Rafa Saco levou o alumnado de 1ºBacharelato a unha viaxe pola Historia, desta volta foi acompañado por Alfonso, Paz e Amparo. Ao parecer o alumnado tivo un compartamento magnífico. Que cunda o exemplo!

Caderno Viaxe Monfragüe 2019

Dúas alumnas do noso instituto, Helena Figueira Tembra de 1ºESO e Sabela Loureiro Coto de 2ºESO,  participaron no certame de recitado Rosalía sempre viva, que cada ano organiza a Fundación Manuel María en Outeiro de Rei. Elas foron as finalistas escollidas polo ENL, despois de superar varios recitados previos: na clase, no muro de Rosalía e no paseo de Rianxo, no marco dos actos de celebración do 24 de Febreiro, Día de Rosalía. A pesar de non resultar gañadoras, sentímonos orgullosas do labor que realizaron.

O alumnado do noso Club de Debate participou o venres 5 de abril na Liga de Debate celebrada en Negreira. Volvemos sen ningún premio, pero gañamos! Gañamos en resitencia, dignidade e coherencia. Gañamos o que aprendemos polo camiño. Medramos!

Grazas polo traballo, polo esforzo, pola entrega e a dignidade, Irene Creo, Paula Tubío, Xoel López, Sergio Fernández, Iván López, Mario Viñas, Andrea Sobradelo, Uxía Moares, Iria Vidal e, moi especialmente ao traballador incansale, Laure Figueira! Tamén á nosa acompañante Noelia Fernández! Grazas!