Imaxe de cabeceira
Varia
Artigos nesta sección:

Segundo a Galipedia, a Real Academia Galega (RAG) é unha institución científica, creada en 1906, que ten como obxectivo o estudo da cultura galega e, en especial, da lingua galega. Elabora as súas normas ortográficas, gramaticais e léxica; deféndea e promociónaa. Ademais, decide a personalidade literaria á que se lle dedica o Día das Letras Galegas. Os seus membros son personalidades influentes do mundo da cultura galega, relacionados maioritariamente coa lingua.

O presidente da Real Academia Galega é, actualmente, o profesor Xesús Alonso Montero, nado en Vigo o 28 de novembro de 1928.  Licenciouse en Filosofía e Letras na universidade de Madrid e doutorouse na Universidade de Salamanca. Considérase un ensaísta, poeta e conferenciante en galego cunha gran variedade de publicacións. Xesús Alonso Montero é militante do Partido Comunista dende 1962. Este partido defende o centralismo democrático, que ven do marxismo-leninismo.

Moitos aspectos son tratados no último número de Ollos de aula, pero non perdades de ler o resumo dun estudo sobre o uso dos móbiles entre os estudantes, o significado das “reválidas” e mais unha reflexión sobre a revista Oink.

A semana pasada celebrouse  a primeira Festa da Patela en Rianxo. Tratouse dun evento dedicado á gastronomía relacionada coa pesca artesanal e o marisqueo no que tamén tivo cabida a cultura a través dunha homenaxe a Castelao. O venres 6 de decembro a banda da Escola de Música de Rianxo tivo o pracer de ser […]

Aquela canción de Zeca Afonso que dera comezo a “Revolução dos Cravos” semella ter tanto sentido hoxe coma fai case catro décadas. Daquela o ditador chamábase Salazar e a guerra disputábase en Angola, agora o “Estado Novo” e a Europa de kaiserina Merkel que cambiou o "Deus, Pátria e Família" por “Schnitte, Strenge und Defizit”, recorte austeridade e déficit, e no canto de angolanos agora somos españois, gregos e italianos. Vulgares pobos colonizados co único interese do beneficio da banca alemá, disposta a actuar cos seus destacamentos, lease Troika, FMI ou BCE, para liquidar todas aquelas partidas de presuposto improdutivas como a sanidade a educación ou a dependencia, dispendios económicos de “novos ricos” que só serven para retrasar o pago da sacrosanta débeda pública.

Os contidos que centran esta nova entrega de Ollos de aula, a revista que edita a CGENDL para as familias do alumnado, son: a importancia da lectura na formación do alumnado (Agustín Fernández Paz), os Programas de Cualificación Profesional Inicial (Lines Salgado), a comunicación entre pais e fillos (Alberto Casqueiro), as propostas de ocio de Gracia Santorum e a aprendizaxe de linguas no ensino. Seguro que vos vai resultar de interese.

O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza determinou en varias sentenzas que os principais piares sobre os que se asenta o mal chamado “decreto do plurilingüismo†son ilegais. Ademais, indicoulle tamén ao Goberno galego que debe realizar unha política de promoción do idioma propio do país de acordo co estipulado pola Lei de normalización lingüística.

91 Artigos |   | 1  | 2  | 3  | 4  | 5  | 6  | 7  | 8  | 9  |   | 12  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.