Imaxe de cabeceira
Varia
Artigos nesta sección:

OLA ¡!¡!  

Que tal??

Esperamos que por aí estea todo ben.

Somos Uxía e Carmen temos 15 anos. Estamos en 3º de ESO aínda que teriamos que ir en 4º, somos pouco estudosas sobre todo Carmen.

Somos un grupo formado por alumnado, profesorado e persoal de servizos do IES Félix Muriel de Rianxo, que temos como obxectivo traballar en prol da lingua galega: a nosa lingua. Queremos que sexa unha lingua "normal", e para iso empregámola para facer esta revista dixital, e mais o blog O castelo da lúa. Queremos ter a mesma soltura para lela cá que temos en castelán e por iso montamos o Club de lectura Ex-libris. Grazas a este club xa levamos dous anos lendo e comentando obras en lingua galega, tanto de autores galegos como estranxeiros.
Tamén nos interesa o noso contorno polo que primeiro estudamos a toponimia, logo fixemos campañas para a galeguización do comercio e agora deunos por axudar na normativización do léxico do mundo do mar. Deportes náuticos (vela, remo de banco fixo e piragüismo), carpintería de ribeira, o cultivo do mexillón en bateas… son os temas nos que nos mergullamos para estudar o seu léxico e tentar buscar o termo exacto en galego e logo difundilo a través de vocabularios e láminas. Tentamos recuperar termos dos mariñeiros referidos ás embarcacións e como ademais van quedando poucos carpinteiros de ribeira, queremos facer unhas curtametraxes onde se recolla o seu traballo
E non só iso, porque tamén organizamos actividades para todos: charlas para os nosos compañeiros/as e para nais e pais, contacontos, elaboración de materiais (trípticos, calendarios, camisetas…). Ah, e temos a todos ben informadiños do persoeiro a quen se lle dedican as letras galegas, desde outubro a maio. Información tamén damos continuamente no taboleiro da lingua; organizamos os concursos de cartas de amor e mais de lectura en alto; participamos nas actividades das coordinadoras de ENDL Leixaprén e mais da do Barbanza… Non paramos! E como nos gusta o movemento, deixamos para o final a actividade coa que máis gozamos: o intercambio co ENDL doutro centro de ensino.
Profesorado:
Valentina Formoso-Lingua galega (Coord. ENDL)
Noemí Álvarez – Lingua galega
Dolores Bretal – Música
Josefa Gamarra- Física
María González- Francés
José Manuel Lobato – Matemáticas
Emilio Losada – Educación Física
Alfonso Martínez – Plástica
Paz Plaza – Lingua galega
Rodolfo Piñeiro- Música
Ana Mª Rivas – Grego
María Rodríguez- Lingua castelá
Rosa Mª Suárez – Inglés
Xabier Vázquez- Lingua castelá
Persoal non docente:
Rosa Mª Iglesias Muíños (Conserxe)

Damos comezo a un novo ano, un novo curso no IES Félix Muriel e voltamos ao traballo nas oficinas do Equipo de Normalización Lingüística, con moitas ganas de comezar a facer artigos e entrevistas do voso interese, para que vos poidades informar sobre as novas do centro e do mundo do estudante, así como outros temas da nosa cultura e da nosa lingua. Tamén levar a cabo os proxectos que levamos maquinando dende fai un tempo para a revista Bico da ría e para o blog O castelo da lúa, onde esperamos recibir as vosas propostas. Encargarémonos tamén de laborar a campaña do Día das Letras Galegas do 17 de maio de 2009, así como moitos outros traballos co fin de atraer a máis compañeiros (tanto alumnos/as como profesores/as) ao noso Equipo e sobretodo, co mesmo propósito de sempre: normalizar a nosa lingua.

Quero rematar cun parágrafo extraído da revista Retranca:


A disipación dionisíaca do verán deixa paso ao recollemento, á meditación, á nostalxia. Tempo de lembrar aos mortos e de facer o viño para os vivos. Tempo de botar contas, de recuperar a rutina do traballo dignificante e de varrer as follas vellas. Tempo de espiritualidade, tempo de cultura. Pasou o verán e a cultura vén de camiño (Retranca, outubro 2008).

107 Artigos |   | 1  |   | 9  | 10  | 11  | 12  | 13  | 14
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.