Imaxe de cabeceira
Varia
Artigos nesta sección:

Ola!
Chámome Lucía e teño 16 anos. Vou en primeiro de bacharelato por letras puras.
Encántame todo o relacionado co mundo da música e do cine.
Entre as miñas paixóns destacan escribir e cantar.
Considérome unha rapaza alegre, moi tímida, con bastante mal humor e moi infantil por veces.Á parte, odio a falsidade e a intolerancia.
Pois nada máis, espero coñecervos moi pronto!

Ola!

O meu nome é Lorena, teño casi 17 anos e curso primeiro de bacharelato polo itinerario de ciencias puras.
As miñas grandes paixóns son o baile e o debuxo. Gústame estar coas miñas amigas, a fotografía e a festa!
Non soporto a falsidade. Considérome unha rapaza extrovertida, bastante simpática e moi perfeccionista.
Iso é todo. Espero coñecervos a todos moi pronto!

OLA!!!!!!

 

   BOAS!!!!!!

 

Chámome Adrián Sobradelo Suárez. Teño 13 anos e vou en 2º de E.S.O.

 

Son membro do ENDL desde este curso.

As miñas afeccións son: o tenis e a  patinaxe. Dos estudos gústanme as matemáticas.

Ola!

 

Chámome Isabel, teño 15 anos.

Estou cursando 4º da ESO e na miña clase están os meus mellores amigos e amigas. Son membro do ENDL dende o ano pasado.

 

Ola!! Que tal?
 
Chámome Eva
 

Teño 15 anos, 16 para o 27 de Xaneiro, e curso 4º de ESO

 
Son membro do ENDL dende o ano pasado
 

As miñas afeccións son tocar a guitarra (aínda estou aprendendo) e practicar badminton e baloncesto

 

 Gústame música de moitos tipos, pero o que máis escoito:Jonas Brothers, Simple Plan, e moita dance como Gabry Ponte, Cascada, Scooter…

Ola a todos!!!!

 

 

Chámome Clara e teño 15 anos. Estou cursando 4ºde ESO. A miña cor favorita é o rosa, pero eso non ten nada que ver coa miña personalidade nin co meu caracter. Eu son unha persoa moi aberta, creo que simpàtica, divertida e son das que lle colle cariño a xente con moita facilidade.

De fìsico son bastante normaliña: alta, delgada, pelo moreno e rizado e ollos marróns.(Se queredes ver fotos miñas ide a:www.fotolog.com/mi_peluxito12) As miñas afecciòns son o baile, a mùsica e o ordenador, sobre todo o MSN.

Tamén me gusta moito ir de festa coas miñas amigas e ver a tele, as miña series favoritas son: Los Hombres de Paco, El Internado, FoQ e Sin Tetas No HayParaiso.

Aparte eu toco a gaita e a pandereta nunha banda de aquí.

Pois isto è todo o que vos podo dicir de min. Espero que me agreguedes moitos de vos o MSN!!

 

 

Un bico aos que leades isto!!!!

OLA!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

 

 

Chámome Lara. Teño 15 anos, uff case 16(quédanme 2 meses para cumprilos).Vou en 4º da E.S.O.

  

Encántame escoitar música. O meu grupo favorito é “El canto del Loco”.

 

Outra das miñas afeccións é ler.Os meus libros favoritos son os da saga de Crepúsculo. Xa lin os libros unhas cantas veces e vin a peliula outras tantas jeje.

 

Ben, cambiando de tema imos falar un pouco de Rianxo. É un lugar moi bonito para pasear xa que ten oito priaias e un  paseo maritimo.

Cerca da miña casa hai unha praia e está cerca do paseo.

Polas tardes gústame quedar coas miñas amig@s para dar unha volta.

 

 

Espero vervos pronto

 

Bikos

 

 

 

 

 

LARA^^

< ![endif]-->

Ola!!!!

 

 

Chámome Goretti.

 

Teño 15 anos e levo no equipo de normalización e dinamización dende hai dous anos.

As miñas afeccións son tocar o saxofón na “BANDA DA ESCOLA DE MÚSICA DE RIANXO”, oír música, xogar ao xadrez, e xogar ao fútbol. Gústame estar coas miñas amigas e pasar as tardes sen facer nada…….divertíndome con meu irmán ……pelexando con el, e xogando ……… Gústame a choiva, só que non me gusta mollarme polas mañás cando teño que ir para a parada.

110 Artigos |   | 1  |   | 8  | 9  | 10  | 11  | 12  | 13  | 14  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.