Imaxe de cabeceira
Varia
Artigos nesta sección:

Ola!
Eu chámome Diego Bravo González e teño 12 anos. Estudo 1º curso da ESO, e son membro do ENDL desde principio de curso. As miñas afeccións son o piragüismo e o fútbol. Gústame o deporte; non me gusta estudar. Son canoeiro destro no club de Catoira As Torres Romaría Vikinga.

Ola a todos!!!!

Chámome Clara e teño 15 anos e estou cursando 4ºde ESO. A miña cor favorita é a rosa, pero iso non ten nada que ver coa miña personalidade nin co meu carácter. Eu son unha persoa moi aberta, creo que simpática, divertida e son das que lle colle cariño á xente con moita facilidade.
De físico son bastante normaliña: alta, delgada, pelo moreno e rizado e ollos marróns. As miñas afeccións son o baile, a música e o ordenador, sobre todo o MSN.
Tamén me gusta moito ir de festa coas miñas amigas e ver a tele, as miñas series favoritas son: Los Hombres de Paco, El Internado, FoQ e Sin Tetas No HayParaiso.
Á parte eu toco a gaita e a pandeireta nunha banda de aquí.
Ben, pois isto è todo o que vos podo dicir de min.

Un bico aos que leades isto!!!!

Boas!

Eu son Alejandra e estou en 1ºESO. Teño 12 anos. Son membro do ENDL desde este ano. Apunteime porque me falaron do equipo e interesoume bastante. As miñas afeccións son variadas: gústame xogar ao fútbol, ler, escribir, debuxar, coleccionar selos, cunchas e minerais. Tamén me gusta o atletismo.

Non me gusta estar demasiado tempo de vacacións: resulta abafante.

Chámome Iván Ferro Herbón, teño 12 anos, estudo en 1º da ESO. Son membro do ENDL dende principio de curso.
As miñas afeccións é o piragüismo, xa que son canoeiro do Club de piragüismo “As Torres Romaria Vikinga de Catoira”.
Gústame o deporte. Non me gusta estudar.

 

Ola!!!

 
 
 

Chámome Adrián Somoza Carou.

 

Teño 15 anos e curso en 2º da E.S.O.

 

Son membro doENDL desde este ano.

 

As miñas afeccións son: escoitar música, o basket.

 

Non me gusta: a patinaxe

 

OLA!!!!!!

BOAS!!!!!!

Chámome Adrián Sobradelo Suárez. Teño 13 anos e vou en 2º de E.S.O.

Son membro do ENDL desde este curso.
As miñas afeccións son: o tenis e a patinaxe. Dos estudos gústanme as matemáticas.
Non me gusta o fútbol.

Ola!

Chámome Adrián Gómez Roo. Teño 14 anos e estou en 2ºESO B. Son membro do ENDL desde o ano pasado. As miñas afeccións son o fútbol sala, piragüismo e xogar nun equipo de fútbol. Non me gusta que se apague a luz cando xogo ó ordenador ou a outra cousa, e tamén odio facer os deberes.

Chámome Adrián, teño catorce anos.
Vou en 3º da ESO (a ver se acabo dunha vez jejeje)
As cousas que máis me gustan son: a música, o meu grupo favorito é Nightwish.
Tamén me gusta ler, nestes momentos estou acabando o 3º libro da saga Crepúsculo. Son un gran fan do manga, tanto lelo como debuxalo, aínda que isto último se me dá de pena.
Ala pois xa está.

110 Artigos |   | 1  |   | 7  | 8  | 9  | 10  | 11  | 12  | 13  | 14  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.