Hoxe, 24 de xaneiro de 2009, vimos de presentar a segunda parte do noso proxecto No meu mar, na miña lingua, que -igual có ano pasado- conseguiu un dos premios de innovación en normalización lingüística.
A xornada desenvolveuse no IES As Fontiñas de Santiago onde, nunha primeira parte, os premiados expuxemos en 10 minutos en que consistían os nosos proxectos. Alí estivemos en compañía do IES Rodeira de Cangas, CEIP Figueiroa da Estrada, EOI de Ferrol, IES As Bizocas do Grove, IES O Perdouro de Burela, CEIP Aguiño de Ribeira e o IES A Sangriña da Guarda. Logo Jorge Fente instruíunos sobre a dinámica de grupos.
A A.C.O Xeito é unha asociación con sede social na vila de Esteiro (concello de Muros- A Coruña), que ten como gran obxectivo é recuperar e divulgar o numeroso e rico
patrimonio marítimo desta Vila.
É moi recomendable unha visita ao seu blog, denominado a Singradura da Relinga, neste dominio http://singraduradarelinga.blogspot.com
Os visitantes deste blog poden mergullarse nunha extensa galería fotográfica sobre o mundo do mar, ou comprobar a extensa nómina de
bitácoras amigas. Porén, é fundamental as novas sobre as actividades e amor da A.C.O Xeito polo mar e o seu patrimonio.
Parabéns para a A.C.O Xeito pola súa iniciativa e magnífico traballo que está realizando.
As mariscadoras do noso concello teñen problemas!
O E.N.D.L do I.E.S Félix Muriel, segue traballando no proxecto comezado no curso 2007/08.
Os vocabularios estrutúranse tematicamente como segue:
Tamén engadimos un documento coa xustificación das nosas propostas terminolóxicas.