Luz, a profesora de ciclo, leu un poema de Cunqueiro titulado “No niño novo do vento”, que vos deixo aquí abaixo.
No niño novo do vento
hai unha pomba dourada,
meu amigo!
Quén poidera namorala!
Canta ao luar e ao mencer
en frauta de verde olivo.
Quén poidera namorala,
meu amigo!
Ten áers de frol recente,
cousas de recén casada,
meu amigo!
Quén poidera namorala!
Tamén ten sombra de sombra
e andar primeiro de río.
quén poidera namorala,
meu amigo!
Aproveitando que é o ano de Cunqueiro, imos dedicar este trimestre a facer os tradicionais concursos de lectura en voz alta e recitado coa obra de Cunqueiro. Ademais engadimos unha sección nova: concurso de contacontos. Animádevos a participar! Xa vos podedes anotar no local do EDLG.