Imaxe de cabeceira
PROXECTOS DO EQUIPO / Proxectos feitos / ...
Abrindo portas en galego
Artigos nesta sección:

POLONIA




Polonia ( nome oficial : Rzeczpospolita Polska, República de Polonia) é un país situado en Europa Central. Limita ó norte co mar Báltico e Rusia, ó leste con Lituania, Bielorrusia e Ucrania, ó sur coa República Checa e Eslovaquia e ó oeste con Alemania. O país ten 312.684 km² de superficie

A súa capital é Varsovia. Outras cidades importantes son: Åódź, Cracovia WrocÅ‚aw, PoznaÅ„, GdaÅ„sk, Szczecin, Bydgoszcz, Katowice e Lublin.
A súa moeda é o zloty.
Dende o ano 2004 pertence á Unión Europea.

TERRITORIO

Aínda que nos mapas Polonia aparece como una chaira ininterrompida, o país ten una diversidade fisiográfica considerable. A altitude do país ten un promedio de 175 m que podemos considerar baixo si o comparamos co continente europeo, que é de 290 m; sen embargo, alcánzanse alturas de 2.499 m na cima dos montes Rysy e de 2.655 m nos montes Tatra e tan baixas como 1,8 m por debaixo do nivel do mar no delta do Vístula, no norte. Existe un marcado contraste entre as dúas terceiras partes do norte do país e a zona meridional restante.
A zona norte é una vasta rexión de chairas e colinas de pouca altura, dividida nas terras baixas do centro de Polonia, as colinas do Báltico e a chaira costeira. Una serie de vales alongados e pouco profundos atravesan as terras baixas centrais; ó norte encontrase a rexión das colinas do Báltico, salpicada de pequenas elevacións e lagos. Unha zona costeira de terras baixas, entre 40 e 100 km de anchura, discorre case pola totalidade da costa do mar Báltico, que con 491 km de lonxitude, é moi suave e regular, a excepción da baía de Pomerania no oeste e o golfo de Danzig (GdaÅ„sk) no leste. O tercio sur de Polonia está formado por varias zonas elevadas adxacentes. Ó sur, o sistema dos Cárpatos occidentais, que comprende os montes Tatra e Beskides, conten as maiores elevacións do país; no suroeste, os Sudetes, que Polonia comparte coa veciña República Checa, alcanzan unha altura máxima de 1.603 m.
As concas dos ríos Vístula e Oder drenan case todo o territorio septentrional polaco ata o mar Báltico; os restantes ríos do país tamén desembocan no Báltico. Polonia ten uns 9.300 lagos cunha superficie media superior a unha hectárea nas rexións das colinas do Báltico e na chaira costeira. Dous lagos, Sniardwy (Spirding) e Mamry (Mauer), superan os 100 km2 de superficie. Polonia ten 120 embalses, que se sitúan principalmente nas colinas do Báltico e nas montañas do sur, aínda que moitos están moi contaminados. Os ríos Vístula, Bobr, Nida, Wislok e Bug Occidental, así como o mar Báltico, están entre os principais sistemas que sofren dende fai anos os efectos dos vertidos industriais e desperdicios domésticos sen tratar; os esforzos que se levan a cabo intentan mellorar a filtración e o tratamento dos vertidos, pero a metade das fábricas de Polonia e un 40% das cidades non dispoñen de sistemas de depuración e filtración.

O galego ábrenos portas, non nolas pecha! Non temos porque renunciar ao galego, á nosa lingua propia para ir a Europa, onde nos entendemos cos nosos socios (polacos, alemáns e gregos) en inglés.

10 Artigos |   | 1  | 2
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.